Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
South Georgia and the South Sandwich Islands

Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

Bandeira das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur Escudo das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
Bandeira Escudo
Lema: Leo Terram Propriam Protegat

(Galego: «O león defende o seu territorio»)

Himno nacional: God Save the Queen
 
LocationSouthGeorgiaAndSouthSandwichIslands.png
 
Capital
 • Poboación
King Edward Point
2 (permanentes) (2005)
Cidade máis poboada King Edward Point
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno Territorio de Ultramar. Reclamado por Arxentina
S.M. Isabel II
Nigel Haywood
Dependencia
Ao Reino Unido

17 de xaneiro de 1775

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 176º
3.093 km²
n/d
0 km km
XX km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto Xº
100 (non permanentes);

2 (permanentes) (2003 est.)
XX hab./km²

PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2002)
 • PIB per cápita
Posto xº
US$ XX millóns
US$ XX
IDH n/d
Moeda Libra malvinense (FL£)
Xentilicio de Illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur
Fuso horario
 • en verán
UTC-4
UTC-3
Dominio de Internet .gs
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 239 / SGS / GS
Membro de: Reino Unido

¹ Non oficial.

Tódolos países do mundo

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur (South Georgia and the South Sandwich Islands ou SGSSI, en inglés) constitúen un territorio en disputa (actualmente baixo administración británica, pero activamente reclamado pola Arxentina), situado no Océano Atlántico Sur. Foi creado en 1985; previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. Consiste nas illas Xeorxia do Sur (de maior superficie) e un grupo de pequenas insuas coñecidas como Sandwich do Sur. Non existe poboación nativa e os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point, a capital e outra base na illa Bird na que residen 4 biólogos. O curador do museo de Grytviken e a súa esposa son os únicos habitantes permanentes da rexión, xunto co maxistrado británico e a súa familia.

A soberanía das illas é formalmente disputada pola Arxentina desde 1927 (Xeorxias do Sur) e 1938 (Sandwich do Sur). Estes arquipélagos foron parte do teatro bélico da Guerra das Malvinas. Para a Arxentina, forman parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Xeorxias do Sur[editar | editar a fonte]

James Cook

A illa Xeorxia do Sur (ou San Pedro) foi avistada por primeira vez en 1675 por Anthony de la Roché, a quen versións diferentes atribúen nacionalidade britanica ou española (actuando ás ordes da coroa britanica baixo o nome de Antoine de la Roché, Antonio de la Roché ou Antonio de la Roca). A illa apareceu como "illa Roché" en vellos mapas. Foi redescuberta en 1775 polo capitán James Cook, quen despois rexeitou a súa procura como "non valorado o descubrimento", deulle o nome de "a Illa de Xeorxia" en honra ao rei Xurxo III de Inglaterra. O capitán Cook desembarcou na illa e anexouna para Gran Bretaña o 17 de xaneiro de 1775.

Durante o século XIX foi unha base de caza de focas e no século seguinte, unha base de caza de baleas ata mediados do mesmo. A primeira estación baleeira en terra, Grytviken, foi establecida en 1904 e estivo en operación ata 1965. As sete estacións baleeiras, todas na costa norte cos seus portos protexidos, empezando polo oeste foron:

  • Prince Olav Harbour (desde 1911 como un barco factoría, e como estación en terra desde 1916 a 1934)
  • Leith Harbour (1909 a 1965)
  • Stromness (desde 1907 como barco factoría, estación en terra de 1912 a 1931, reparacón de vergas en 1960 a 1961)
  • Husvik (desde 1907 como barco factoría, estación en terra en 1960, fóra de operacións de 1930 a 1945)
  • Grytviken (1904 a 1965)
  • Godthul (1908 a 1929, só como unha rudimentaria base en terra, as operacións principais nun barco factoría)
  • Ocean Harbour (1909 a 1920)
Igrexa en Grytviken

O 19 de marzo de 1982 unha operación táctica arxentina ocupou as Xeorxias do Sur nunha estación baleeira abandonada en Leith Harbour. O comandante da gornición arxentina, Alfredo Astiz, restaurou o nome español orixinal da illa: San Pedro e proclamou a autoridade arxentina o 3 de abril. A illa foi recapturada polas forzas británicas o 25 de abril (Operación Paraquat) como parte das accións británicas durante a Guerra das Malvinas.

A estación de investigación en King Edward Point, preto da antiga estación baleeira de Grytviken, orixinalmente establecida entre 1949 e 1950 polo British Antarctic Survey, converteuse nunha pequena gornición militar logo da Guerra das Malvinas. Volveu a mans civís no 2001.

Illas Sandwich do Sur[editar | editar a fonte]

Mapa de Xeorxias do Sur (James Cook, 1777)

As illas foron inicialmente chamadas Sandwich "do Sur", para distinguilas das "Illas Sandwich", agora coñecidas como Hawaii. As oito illas meridionais foron descubertas por James Cook en 1775. As tres setentrionais por Fabian Gottlieb von Bellingshausen en 1819. Foron nomeados polo Cuarto Conde de Sandwich, Primeiro Lord do Almirantado Británico.

O Reino Unido unilateralmente declarou a súa soberanía sobre as Sandwich do Sur en 1908, agrupándoas xunto con outros territorios británicos no Atlántico sur baixo a Dependencia das illas Malvinas. Arxentina tamén reclamou as illas en 1938 en disputa co Reino Unido.

Do 25 de xaneiro de 1955 ata o verán de 1956, Arxentina mantivo a estación de verán Tenente Esquivel na Baía Ferguson na costa sueste de Illa Thule. Desde 1976 a 1982 mantivo a base de investigación científica Corveta Uruguai, en Porto Faraday, na costa sueste da mesma illa. A pesar de que os británicos descubriron a presenza da base arxentina e protestaron formalmente en xaneiro de 1977, a remoción da base non se fixo efectiva senón ata logo da Guerra de Malvinas, 20 de xuño de 1982.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Xeorxias do Sur (NASA imaxe)

O poder executivo está representado na raíña Isabel II do Reino Unido, e é exercido polo Comisionado Civil, un posto asistido polo Gobernador das Illas Malvinas. Un Asistente do Comisionado encárgase dos asuntos policiais e é tamén director de Pescaderías SGSSI, responsable das licenzas de pesca. Un Xerente de Operacións encárgase dos asuntos administrativos do territorio. O Secretario de Finanzas e o Fiscal Xeral do estado do territorio son asignados e teñen cargos parecidos ao do Goberno das Illas Malvinas.

Non existe un órgano Lexislativo nin se realizaron eleccións. A Oficina de Exteriores do RU controla as relacións internacionais do territorio.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Non existe unha división oficial, aínda que este territorio divídese nas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur consisten en dous grupos principais de illas:

  • Xeorxias do Sur, que consiste da illa de Xeorxia do Sur, que é a maior illa do territorio, as illas adxacentes a Xeorxia do Sur e algunhas máis remotas e illadas ao oeste e este-sueste de Xeorxia do Sur.
  • Sandwich do Sur.

Xeorxias do Sur[editar | editar a fonte]

As Xeorxias do Sur localízanse no Océano Atlántico Sur, a 1.390 km ao sueste das Illas Malvinas. Posúe unha área de 3.756 km², incluíndo as illas satélites. A illa principal, que quizais sexa a illa pantasma Pepys (en español San Pedro), ten unha área de 3.528 km². É montañosa, con 11 picos de máis de 2.000 m de altura e cuberto por varios glaciares (o Glaciar Fortuna é o maior).

As Xeorxias do Sur e as súas illas asociadas:

Sandwich do Sur[editar | editar a fonte]

Mapa das Sandwich do Sur

Illas Sandwich do Sur (57°45′00″S 026°30′00″W / 57.75000°S 26.50000°W / -57.75000; -26.50000)

Economía[editar | editar a fonte]

Como non hai habitantes nativos, a actividade económica nas illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur é limitada. O territorio ten uns ingresos de 300.000 dólares por uns gastos de preto de 500.000 dólares. As principais fontes de ingresos no territorrio inclúen a pesca, turismo e venda de selos postais.

Pesca[editar | editar a fonte]

A pesca ten lugar ao redor das Xeorxias do Sur e nas augas adxacentes nalgúns meses do ano, coas licenzas de pesca para peixes e krill. Hai unha potencial fonte de ingresos nas piscifactorías de peixe e krill.

Turismo[editar | editar a fonte]

O turismo converteuse na principal fonte de ingresos nos últimos anos, con moitos cruceiros visitando as illas. O territorio obtén os ingresos dos cargos por atracar.

Selos Postais[editar | editar a fonte]

Unha gran fonte de ingresos, tamén externa, procede dos selos postais das illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur que son producidos en Reino Unido.

Demografía[editar | editar a fonte]

Aldeas históricas e modernas na illa Xeorxia do Sur

Non hai poboación nativa nas illas, unha pequena gornición militar na illa de Xeorxia do sur, en King Edward Point marchouse en marzo de 2001 para ser substituída por un grupo de científicos da British Antarctic Survey que teñen outra base na illa de Bird tamén no grupo de illas de Xeorxias do Sur. As illas Sandwich do Sur están deshabitadas.

No pasado cando a illa era unha base para a caza de baleas, a poboación de Xeorxia do Sur chegou a ser maior de 2.000 persoas. Actualmente, a poboación fixa entre científicos e administradores non excede as catro persoas.

Cultura[editar | editar a fonte]

Espazos marítimos[editar | editar a fonte]

O Reino Unido proclamou en 1989 un mar territorial ao redor das illas Xeorxias do Sur, incluíndo as rochas Corvo mariño, Negra e Clerke e as illas Sandwich do Sur (SGSSI Territorial Sea Order 1989 N° 1.995). Inclúe no mar territorial, as augas, leito e subsolo do mar adxacente ás illas ata unha distancia de 12 MN, contadas desde a Liña de base costeira. En 1993, o Comisionado do Territorio proclamou unha zona marítima de 200 MN desde a liña de base. Esta zona marítima inclúe áreas situadas ao sur do paralelo de 60 °S, xa que o Tratado Antártico non inclúe os mares ao sur dese paralelo. Arxentina, que considera as illas como "ocupadas ilegalmente polo Reino Unido", estableceu tamén liñas de base ao redor das illas proclamando a súa soberanía sobre o mar territorial de 12 MN, a zona contigua (ata as 24 MN) e a zona económica exclusiva (ata as 200 MN), así como a plataforma submarina correspondente.