Inmigración xaponesa no Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Cartel de propaganda da inmigración de xaponeses para o Brasil.

A inmigración xaponesa no Brasil comezou a comezos do século XX, mediante un acordo entre o goberno xaponés e o brasileiro. Actualmente, o Brasil abriga a maior poboación de xaponeses fora do Xapón con preto de 1,5 millóns de nikkeis (日系), termo usado para denominar os xaponeses e os seus descendentes.

Razóns da inmigración[editar | editar a fonte]

O Xapón estaba superpoboado no século XIX. O país quedara illado do mundo durante os 265 anos do período Edo (Xogunato Tokugawa), sen guerras, epidemias traídas do exterior ou emigración. Coas técnicas agrícolas da época, o Xapón producía só o alimento que consumida, sen practicamente formar estoques para períodos difíciles.

O fin do Xogunato Tokugawa deu espazo para un intenso proxecto de modernización e apertura ao exterior durante a era Meiji. A pesar da reforma agraria, a mecanización da agricultura desempregou miles de campesiños. Outros milleiros de pequenos campesiños quedaron empeñados ou perderon as súas terras por non poder pagar os altos impostos, que, na era Meiji, pasaron a ser cobrados en diñeiro, mentres antes eran cobrados en especie (parte da produción).

Os campesiños sen terra foron para as principais cidades, que quedaron saturadas. As oportunidades de emprego volvéronse cada vez máis raras, formando unha masa de traballadores miserábeis.

A política emigratoria do goberno xaponés tiña como principal obxectivo aliviar as tensións sociais debido á escaseza de terras cultivábeis e ó endebedamento dos traballadores rurais, permitindo así a aplicación de proxectos de modernización[1].

A partir da década de 1880, o Xapón incentivou a emigración dos seus habitantes a través de contratos con outros gobernos. Antes do Brasil, xa había emigración de xaponeses para os Estados Unidos (principalmente Hawai), Perú e México. No inicio do século XX, tamén houbo grandes fluxos de emigración xaponesa para colonizar os territorios recentemente conquistados de Corea e Taiwan. Só en Brasil e Estados Unidos se formaron grandes colonias de descendentes de xaponeses. Practicamente tódolos emigrantes que formaron grandes colonias en Corea e Taiwan volveron ao Xapón despois de que terminou a Segunda Guerra Mundial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IBGE. Razões da Imigração Japonesa (visitado en 22 de agosto de 2008) (en portugués).