Deodoro da Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deodoro da Fonseca
Deodoro da Fonseca (gravura).jpg
Manuel Deodoro da Fonseca
Presidente de Brasil
Período: 15 de novembro de 1889
23 de novembro de 1891
Antecesor: ningún (monarquía)
Sucesor: Floriano Peixoto
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 5 de agosto de 1827
Lugar: Santa Maria Madalena da Lagoa do Sul, Alagoas, Brasil
Falecemento: 23 de agosto de 1892
Lugar: Río de Xaneiro, Brasil
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Mariana da Fonseca
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: militar (mariscal)
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Manuel Deodoro da Fonseca (Alagoas, 1827 - Río de Xaneiro, 1892) foi o primeiro Presidente da República do Brasil.

Participou de varios eventos, destacouse na represión á Revolución Praieira, no cerco a Montevideo e en moitas batallas na Guerra do Paraguai, progresando rapidamente na carreira militar grazas ás promocións como combatente. Foi Presidente da entón Provincia do Rio Grande do Sul.

Deodoro desagradou ao Imperio Brasileiro debido ás súas actitudes durante a chamada Cuestión Militar. Como punición, foi enviado á entón Provincia de Mato Groso, onde ficou subordinado ao coronel Cunha Matos.

Retornou para o Río de Xaneiro o 13 de setembro de 1889. Tive un importante papel na revolución que derribou a monarquía o 15 de novembro daquel ano.

Asumiu o cargo provisoriamente no mesmo día 15 de novembro de 1889. O novo goberno comezou traballando freneticamente emitindo varias leis. Tanto é así que, antes de que rematase 1889 todo o sistema politico e administrativo da República xa estaba montado.

O Brasil tornouse unha república federal provisoria onde todos os homes brasileiros e alfabetizados pasaron a ter dereito ao sufraxio universal, o voto. Surxiron tamén os actuais himno e a bandeira do Brasil, coa frase Ordem e Progresso ("orde e progreso"), de inspiración positivista.

Deodoro foi elixido presidente o 25 de febreiro de 1891 polo Congreso Nacional brasileiro, con 129 votos. Prudente de Morais obtivo 97 votos. O seu mandato conseguiuno en gran parte grazas á presión de sectores militares (especialmente do exército), e contra a vontade do sector civil e de parcelas dos militares.

Deodoro da Fonseca, o 3 de novembro de 1891, coa aprovación dunha lei que permitia o impeachment do Presidente, disolveu o Congreso.

O 23 de novembro de 1891, ocorre o episodio da Revolta da Esquadra, cando o Almirante Custódio de Melo, a bordo do navío de guerra Riachuelo, ameazou bombardear a cidade do Río de Xaneiro, forzando a renuncia de Deodoro, que entregou o poder ó vicepresidente, Floriano Peixoto.

Isolado, doente, Manuel Deodoro da Fonseca morre no Rio de Janeiro, o 23 de agosto de 1892. Pediu que o enterrase con roupas civís, o que non lle foi concedido, o seu enterro tive toda a pompa e honras militares.

Presidente de Brasil

Segue a:
Imperador Pedro II
(monarquía)
Deodoro da Fonseca
Precede a:
Floriano Peixoto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wikipedia en portugués e en castelán
  • Término da Monarquía e proclamación da República - páxina do Exército Brasileiro
  • A Invenção Republicana, Renato Lessa (Editora Vértice)
  • Os Militares e a República, Celso Castro
  • Deodoro: A Espada Contra o Império, Roberto Magalhães Júnior (Companhia Editora Nacional, 1957)