Florianópolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florianópolis
Bandeira florianopolis.png Brasao florianopolis.gif
Estado Santa Catarina
Superficie 436,5km2
Poboación 341.781 (Censo 2000)
Altitude media
-Maxima
4,5m
532 m (Morro da Ilha)
Distancia de Brasilia 1687 km
Código Postal (CEP): 88000-000
Latitude
Lonxitude
27º50' S
48º25' O
Goberno local Prefectura Municipal de Florianópolis
Rua Tenente Silveira, 60 - 5º andar,

Centro. Cep: 88010-300

Sitio Internet www.florianopolis.sc.gov.br
Alcalde (Prefeito): Dário Berger
Localización de Florianópolis no Brasil
Florianopolis in Brazil.png

Florianópolis é a capital do estado de Santa Catarina, no sur do Brasil. Ocupa toda a illa de Santa Catarina e tamén unha pequena parte do continente. A área do municipio, comprendendo a parte continental e a illa, ocupa 436,5km2 , e tiña unha poboación de 341.781 habitantes segundo o Censo 2000. Ao contrario que noutros estados brasileiros, Florianópolis non é a cidade con maior poboación do estado, pero si a segunda maior.

O concello divídese nos distritos de: Sede, Barra da Lagoa, Cachoeira do Bom Jesus, Campeche, Canasvieiras, Ingleses do Rio Vermelho, Lagoa da Conceição, Pântano do Sul, Ratones, Ribeirão da Ilha, Santo Antônio de Lisboa e São João do Rio Vermelho.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os indios tupis-guaranís. Praticaban a agricultura, mais tiñan na pesca e collleita de moluscos as actividades básicas para a súa subsistencia. Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4.800 A.C. Xa no inicio do século XVI, había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En 1675 Francisco Dias Velho, dá inicio ó pobación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (actual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que facía parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión. A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan varios outros puntos do litoral. O 23 de marzo de 1726, dáselle a categoria de vila, logo do seu desmembramento de Laguna.

A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasa a ser ocupada militarmente a partir de 1737, acando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa. Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de algodón e liño, permanecendo, aínda hoxe, resquicios dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de mandioca e das rendas de bilro (pequena peza de madeira). Nesta época, mediados do século XVIII, verifícase a implantación de frotas para a pesca da balea, en Armação da Piedade (Governador Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando o aceite a Coroa fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.

No século XIX, Desterro foi elevada á categoria de cidade; Capital da Provincia de Santa Catarina en 1823, inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador Don Pedro II (1845).

Vista da Ponte Hercilio Luz, inaugurada no comezo do século XX, que ligou Florianópolis ao continente. Hoxe é un marco historico da cidade.

Coa chegada da República (1889), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminuición dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal Floriano Peixoto determinaron en 1894 o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial. A cidade, ó entrar no século XX, pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.

Economía[editar | editar a fonte]

Lagoa da Conceição, grande laguna natural de Florianópolis.

Florianópolis ten a súa base económica no comercio, servizos públicos, industria de transformación e turismo. Recentemente a industria téxtil e a informática tamén colleron pulo. En canto ao turismo, nas súas praias e nas localidades que conservan o seu sabor antigo, como o Ribeirão da Ilha, a Lagoa da Conceição, Santo Antônio de Lisboa e o propio centro histórico da cidade de Florianópolis.