Fernando de Noronha
| Fernando de Noronha | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Brasil |
| Localización | |
| Arquipélago | |
| Linguas | portugués |
| Poboación (2007) | 2.801 hab. |
| Superficie | 17 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 3°54′S 32°25′W / 3.9°S 32.417°W |
| Maior Altura | 321 m. Morro do Pico |
| Localización | |
Fernando de Noronha é un arquipélago brasileiro formado por 21 illas e sito no Océano Atlántico, ao leste do Estado do Río Grande do Norte. A illa principal, chamada Illa de Fernando de Noronha, ten uns 17 km² e fica a 545 km de Recife e a 360 km de Natal, capital do Río Grande do Norte. Só a illa principal está poboada, e só por uns 2500 habitantes. Gobérnaa un administrador designado pola administración do Pernambuco, á que pertence.
O arquipélago sitúase na coordenada 3°54′S - 32°25′W, ou sexa, próximo á liña do Ecuador. Como non ten grandes montañas que sirvan como barreiras ás nubes, cae pouca chuvia e, así, o seu clima é semiárido. O punto máis alto do arquipélago, o Morro do Pico na illa principal, ten unha altura de 321 m.
As illas espertan o interese de ecoturistas e mergulladores, polas súas praias de augas limpas, poboadas por rica fauna mariña (destacando os golfiños e as tartarugas mariñas que poñen os seus ovos na illa). Pero as visitas están controladas polo goberno: cada turista paga un imposto por acceder ao arquipélago, que medra con cada día adicional de visita. Ese imposto destínase a traballos de pescuda e conservación. Vivir na illa só lles está permitido ás persoas que naceron nela, ou que casaron aló.
Índice |
Historia [editar]
A illa foi descuberta, probablemente, por Gaspar de Lemos en 1500 ou por unha expedición da que Ignacio Leite erroneamente asignou o mando a Fernando de Noronha, en 1501 - 1502. Porén, o primeiro en describila foi Américo Vespúcio, que tomou parte na expedición de Gonçalo Coelho.
A designación do arquipélago provén, con todo, o nome do primeiro propietario da capitania hereditaria, despois da doazón de D. Manuel I o 16 de marzo de 1504 a Fernando de Noronha.
As illas foron invadidas varias veces, principalmente en 1534 polos ingleses, de 1556 ata 1612 polos franceses, en 1628 e 1635 polos holandeses, volvendo ó control portugués en 1700, para ser de novo conquistada polos franceses en 1736 e definitivamente ocupada polos portugueses en 1737.
Goberno [editar]
O territorio de Fernando de Noronha foi creado o 9 de marzo de 1942 desmembrado do estado de Pernambuco. A entidade administrativa durou 46 anos, sendo extinta o 5 de outubro de 1988 e reincorporada ao seu estado de orixe.
Colonia penal [editar]
Antes de tornarse o paraíso turístico e ecolóxico da actualidade, o arquipélago foi lugar de detención de condenados enviados a cumpriren pena no presidio alí existente, que funcionou de 1737 a 1942, de 1938 en diante só para presos políticos do Estado Novo.
Unha reportaxe da revista O Cruceiro, de 2 de agosto de 1930, describe o presidio como pantasma infernal para eses proscritos da sociedade, que vivían completamente alleos ao que pasaba no resto mundo, a pesar de que o Goberno proporcionaba aos presos unha vida saudable de traballo e de confort (Fonte: O Cruceiro, ed. 2 de agosto de 1930).