Renault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renault
Renault 2009 logo.svg
Drive the change
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1898
Matriz PSA Peugeot Citroën
Localización Boulogne-Billancourt, Flag of France.svg Francia
Fundador Fernand e Marcel Renault
Persoas clave Louis Renault
Industria Automóbil
Produtos Automóbil
Número de empregados 122.615 (2010)
Páxina web renault.com


Renault (IPA: /rə'no/, pronunciado: De-Renault-pronunciation.ogg /rə'no/ ) é un fabricante francés de automóbiles, vehículos comerciais e automóbiles de carreira.

Non se debe confundir con Renault Trucks, unha empresa dedicada á fabricación de vehículos industriais, lixeiros e pesados e autobuses.

Historia[editar | editar a fonte]

Renault foi fundada en 1898 por Louis Renault (1877–1944), pioneiro da industria automobilista e do taylorismo en Francia, xunto cos seus irmáns Marcel e Fernand, baixo o nome de Renault Frères. A morte de Marcel Renault en 1903 na carreira París-Madrid, e a de Fernand Renault en 1907, deixou a sociedade en mans de Louis Renault, e o seu nome cambiou a "Société des Automobiles Renault".

Entre as dúas guerras mundiais, Louis Renault mantivo a flote a empresa diversificando a produción. Ademais de automóbiles, producía camións, maquinaria agrícola e industrial, e motores de aviación. A fábrica de Billancourt, que crecera ata abranguer 67 hectáreas (invadindo terreos en Boulogne-Billancourt, e a totalidade da Illa Séguin) chegou a contar 30000 empregados antes da crise do 29.

Renault foi un escenario primordial nas revoltas obreiras de 1936, nas que, ademais dun aumento salarial, chegouse ó recoñecemento das organizacións sindicais, o dereito ás vacacións pagadas, a sinatura dun convenio colectivo e a redución da xornada laboral como forma de loitar contra o paro.

Durante a II Guerra Mundial, as factorías de Renault produciron material para o exército nazi alemán, polo que, posteriormente, Louis foi detido trala liberación de Francia en 1944 e morreu en prisión antes de preparar a súa defensa. Toda a empresa pasou a ser propiedade do goberno francés, polo que Renault converteuse nunha empresa pública denominada Régie Nationale des Usines Renault.

Os seus taxis tiveron moito éxito e, durante a I Guerra Mundial, Renault fabricou tamén munición, avións e vehículos militares como o carro de combate Renault FT-17. Os taxis Renault de París xogaron un papel importante no transporte de tropas durante a guerra, particularmente na batalla do Marne.

De 1979 a 1987, Renault posuíu a maior parte de American Motors Corporation (AMC), que posteriormente foi vendida a Chrysler Corporation en marzal de 1987.

En 1986 o goberno francés plantexouse a súa privatización, e en 1996 Renault xa estaba parcialmente privatizada.

En xaneiro de 2001, Renault vendeu a súa división industrial (Renault Véhicules Industriels) a Volvo, que a renomeou como Renault Trucks (camións Renault) en 2002.

Competicións deportivas[editar | editar a fonte]

Ademais de nos campionatos mundiais de rallyes, Renault competiu como construtor na Fórmula 1 desde 1977 a 1985 (período no que desenvolveu e introduciu os motores equipados con turbo en dita disciplina) e desde 2002 ata a actualidade. Durante os anos en que Renault non competiu como construtor adicouse a subministrar motores a varios equipos, conseguindo notables éxitos con Benetton e Williams F1. Nos anos noventa gañou catro títulos do mundial de construtores con Williams, e en 2005 e 2006 gañou xa como Renault F1 Team.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Actualmente o goberno francés posúe o 15,7% da empresa. Renault é unha empresa privada que foi dirixida por Louis Schweitzer entre 1992 e 2005, momento en que foi relevado polo brasileiro Carlos Ghosn, anteriormente director de Nissan. Unha pequena porcentaxe (~ 1.2 %) segue pertencendo á familia Pefaure (principalmente radicada en Arxentina).

Renault ten unha participación do 44,4% en Nissan. Nissan posúe á súa vez o 15% das accións de Renault. Renault e Nissan forman actualmente "a Alianza", que se distingue doutras unións entre empresas do sector en que os dous membros teñen o compromiso de manter a súa independencia.

Renault é propietaria ademais de Samsung Motors e Dacia, formando entre as tres o "Grupo Renault".

Renault posúe tamén o 20% do holding Volvo AB, que é á súa vez propietario ó 100% de Renault Trucks. A división de automóbiles de Volvo foi vendida á multinacional americana Ford.

Fábricas[editar | editar a fonte]

Renault ten fábricas:

A estas fábricas habería que engadir as doutras marcas do grupo como a de Pitesti en Romanía, que fabrica vehículos da marca Dacia, ou as de Nissan, xa que algunhas fabrican algúns vehículos de Renault para determinados mercados.

Modelos[editar | editar a fonte]

Anteriores á I Guerra Mundial (1898-1914)[editar | editar a fonte]

Entreguerras (1919-1939)[editar | editar a fonte]

Posteriores á II Guerra Mundial ata 1960 (1945-1960)[editar | editar a fonte]

Modelos numéricos e dos 70-90[editar | editar a fonte]

  • 3 (1961-1962).
  • 4 (1961-1994).
  • 5 (1972-1983).
  • super 5 (1983-1999).
  • 6 (1968-1980).
  • 7 (1974-1982.
  • 8 (1962-1973).
  • 9 e 11 (1982-1988)).
  • 10 (1966-1971).
  • 12 (1969-1990).
  • 14 (1976-1983).
  • 15 (1971-1977).
  • 16 (1965-1979).
  • 17 (1971-1977).
  • 18 (1978-1986).
  • 19 (1988-1995).
  • 20 (1976-1984).
  • 21 (1986-1994).
  • 25 (1984-1992).
  • 30 (1975-1984).
  • Fuego (1980-1992).
  • Torino (1966–1982).

Modelos recentes[editar | editar a fonte]

Alpine-Renault[editar | editar a fonte]

Prototipos de automóbil[editar | editar a fonte]

Vehículos comerciais[editar | editar a fonte]

Autobuses[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Renault

Webs oficiais de Renault[editar | editar a fonte]

Outras ligazóns[editar | editar a fonte]