Comunidade dos Países de Língua Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
Mapa mundial dos integrantes da CPLP (2014)
Tipo: Organismo internacional
Membros
Observadores asociados

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización asinada entre países lusófonos, que promove a alianza e a amizade entre os signatarios. A súa sede está en Lisboa.

O actual Secretario Executivo da CPLP é o embaixador Luís de Matos Monteiro da Fonseca, de Cabo Verde.

Formación e Países Membros[editar | editar a fonte]

A CPLP foi creada o 17 de xullo de 1996 por Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe. No ano 2002, tras conseguir a independencia, Timor-Leste foi acollido como país integrante. A Guinea Ecuatorial entrou na organización no ano 2014.[2][3] Na actualidade son nove os países integrantes da CPLP. A CPLP aínda é unha organización nova, que busca pór en práctica os obxectivos de integración dos territorios lusófonos. En 2005, nunha reunión en Luanda, Angola, a CPLP decidiu que no día 5 de maio sería conmemorado o Día da Cultura Lusófona polo Mundo.

Algúns datos da CPLP[editar | editar a fonte]

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa ten unha poboación superior a 230 millóns de habitantes, e ten unha área total de 10.742.000 km² - maior que o Canadá, segundo maior país do mundo. O PIB de todos os países, sumados, superan os 950 billóns de US$.

A CPLP xa foi decisiva para algúns dos seus países, axudando na estabilización política, sobre todo no caso dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa).

Organización da Comunidade[editar | editar a fonte]

A Comunidade é rexida polo Secretariado Executivo, que estuda, escolle e implementa planos políticos para a organización. Está localizada en Lisboa. O mandato do Secretario Executivo dura dous anos, con posibilidade dunha reelección.

A Conferencia dos Xefes de Estado e de Goberno, bienal, estuda as prioridades e os resultados da CPLP. O plano de acción é tomado polo Consello dos Ministros dos Negocios Extranxeiros e Relacións Exteriores, que acontece anualmente. Tamén hai encontros mensuais do Comité de Concertación Permanente.

A bandeira da CPLP ostenta oito ás en formato de círculo. Cada unha desas ás representa un membro da CPLP. Até antes da filiación oficial de Timor-Leste, había sete ás.

Outros territorios[editar | editar a fonte]

Galicia[editar | editar a fonte]

Existen movementos minoritarios que reclaman que Galicia sexa aceptada como membro de pleno dereito da CPLP, ou polo menos como observadora. Este movemento, impulsado por algúns intelectuais, así como organizacións lingüísticas, que reivindican a unidade da lingua galego-portuguesa (Associaçom Galega da Língua e Movimento Defesa da Língua) defenden que o galego e portugués non son máis que variantes dialectais dun mesmo idioma común.

Guinea Ecuatorial e Mauricio[editar | editar a fonte]

Algúns países africanos teñen idiomas crioulos derivados do portugués, grazas á presenza portuguesa no continente desde o século XV. A Guinea Ecuatorial e Mauricio (sen mencionar Marrocos, que tamén pediu o estatuto de observador), a pesar de falar outros idiomas, os seus gobernos buscaron obter o estatuto de Observador da CPLP. Na VI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno, realizada en Bissau en xullo de 2006, a Guinea Ecuatorial e Mauricio obtiveron o estatuto de Observador Asociado. A Guinea Ecuatorial decidiu en 2007 adoptar o portugués como lingua oficial para ascender plenamente ao estatuto de membro permanente da Comunidade nun futuro próximo.

Macau

Macau foi o último territorio portugués a ser descolonizado, sendo devolvido á China en 1999. Aínda mantén vivos trazos da cultura portuguesa. O portugués é unha das linguas oficiais deste territorio. A petición para obter o estatuto de Obsevador Asociado, aínda non foi efectuado polo Goberno da Rexión Administrativa Especial de Macau, entretanto en 2006 a CPLP fixo unha invitación para a RAEM tornarse membro observador.

Observadores Consultivos[editar | editar a fonte]

Para alén dos países con estatuto de Observador Asociado, a CPLP tamén incorpora á súa estrutura organizacións da sociedade civil dos países membros como Observadores Consultivos.[4]

País Observadores consultivos
Flag of Angola.svg Angola
  • Fundação Agostinho Neto
  • Fundação Eduardo dos Santos
Flag of Brazil.svg Brasil
Cabo Verde Cabo Verde
  • Fundação Amílcar Cabral
Flag of Macau.svg Macau
  • Instituto Internacional de Macau
Portugal Portugal
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
  • Fundação Novo Futuro
CPLP

Notas[editar | editar a fonte]