Tocantins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tocantins
Bandeira do Tocantins Escudo do Tocantins
Bandeira Escudo
Lema: Co yvy ore retama
(Tupí: Esta terra é nosa)
Himno: Hino do estado do Tocantins
 
Tocantins in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
Palmas
242.070 (2012)
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Siqueira Campos (PSDB)
Fundación
1988
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 10º
277.620 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 24º
1.417.694 (2012)
5,1 hab./km²
Xentilicio Tocantinense
Fuso horario
 • en verán
BRT (UTC-3)
BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-TO
Estados do Brasil

Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Marañón ao norte e noreste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao sudoeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.

Historia[editar | editar a fonte]

A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.

Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.

Turismo[editar | editar a fonte]

O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]