Hemisferio sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Hemisferio sur, en ocre (non inclúe a Antártida).

O hemisferio sur, hemisferio austral ou hemisferio meridional é a metade da Terra ao sur do ecuador.

A meirande parte do Hemisferio corresponde a océanos, que inclúe a maior parte do Pacífico e do Índico, a totalidade o Océano Glacial Antártico e a metade meridional do Atlántico. As masas terrestres concéntranse principalmente no continente antártico, en Sudamérica, a parte austral de África, Australia e algunhas illas de Oceanía.

As estacións sucédense de forma inversa ó Hemisferio norte. O verán exténdese entre decembro e marzo, mentres o inverno faino entre xuño e setembro. Preto do 10% da poboación mundial habita neste hemisferio . O portugués é a lingua máis falada no hemisferio sur, coa Angola, Mozambique, Timor Leste e destacando coa maior poboación do Brasil.