Belo Horizonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belo Horizonte
Bandeira de Belo Horizonte.png Brasao de Belo Horizonte.png
Estado Minas Xerais
Superficie 332 km²
Poboación
Densidade
2.412.937 (2007)7.290,8 hab./km²
Altitude 858 msnm
Distancia de Brasilia 716 km
Código Postal (CEP) 30000-000
Situación xeográfica 19° 55' lat. sur
43º 56' lonx. oeste
Goberno local Prefectura Municipal de Belo Horizonte - Av. Afonso Pena, 1212, Centro
Sitio www.pbh.gov.br
Contacto scomarh@pbh.gov.br
Mapa da cidade no Brasil
Belo Horizonte in Brazil.png


Belo Horizonte é a capital do estado brasileiro de Minas Xerais. É a cuarta cidade do país en poboación total, despois de São Paulo, Río de Xaneiro e Salvador. A súa área metropolitana ten uns 4,6 millóns de habitantes. Sitúase a 716 km de Brasilia, 586 km da cidade de Sao Paulo, 444 km da cidade do Río de Xaneiro e a 858 m de altitude sobre o nivel do mar.

Belo Horizonte, capital de Minas Xerais.

Índice

Historia [editar]

A cidade orixinouse dun pequeno vilarexo chamado Curral del-Rei, fundado por João Leite da Silva Ortiz, que achou o clima da rexión agradable, e alí estableceuse. No local, lindeiro ás montañas da Serra do Curral, foi creado en 1750 por orde da Coroa Portuguesa o distrito de Nosa Señora da boa Viaxe do Curral del-Rei. O distrito era entón sede da freguesía do mesmo nome, instituída en 1718 en torno á capela alí construída por Francisco Homem del-Rei. A freguesía foi instituída oficialmente en 1748.

A fins do século XIX, a entón capital de Minas Xerais, Ouro Preto, presentaba dificultades de acomodar unha expansión urbana, debido á súa localización. Iso xerou a necesidade da transferencia da capital para outro sitio. Despois de coñecer o parecer da comisión encabezada polo enxeñeiro Aarão Reis, optouse pola rexión da actual Belo Horizonte.

O municipio foi desmembrado de Sabará e no principio foi denominado Cidade de Minas. A capital do estado foi oficialmente transferida en 12 de decembro de 1897 durante o goberno de Crispim Jacques Bias Fortes, xa co nome de Belo Horizonte. Foi a primeira cidade moderna brasileira planeada.

Nos anos 1940 foi creado no barrio de Pampulha, xunto a un lago artificial, un parque que recibiu a construción da capela de San Francisco de Asís, un dos primeiros proxectos do coñecido arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer. O Parque da Pampulha é hoxe unha das máis coñecidas atraccións turísticas de Belo Horizonte.


A súa expansión urbana ultrapasou moito o plano orixinal. Hoxe, ademais de centro comercial, bancario e de servizos, é veciña de importantes cidades industriais, como Betim, onde está a fábrica brasileira da Fiat Automóbiles.

Belo Horizonte é tamén un gran centro cultural, con grandes universidades, museos, bibliotecas, espazos culturais, e unha das máis animadas vidas nocturnas do país. Tamén vén sendo recoñecida como importante centro de biotecnoloxía, informática e medicina, e alberga importantes eventos en diversas áreas.


Economía [editar]

Belo Horizonte ten hoxe o 5º máis grande Produto interno bruto de entre as cidades brasileiras. O sector terciario (comercio e servizos) responde por 80 % de súa economía. O sector industrial responde por case todo o resto.

A súa rexión metropolitana posúe o 5º maior parque industrial da América do Sur, co destaque para a produción de automóbiles e súas pezas, siderurxía, electrónica e construción civil.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: