Amazonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa satélite da ecorexión do bosque da Amazonia delimitada polo Fondo Mundial para a Natureza.

A Amazonia (ás veces escrita Amazonía) é unha rexión na América do Sur, definida pola bacía do río Amazonas e coberta en grande parte por foresta tropical (que tamén é chamada Foresta Ecuatorial da Amazonia ou Hilea Amazónica). A foresta esténdese por nove países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Güiana Francesa, Perú, Suriname e Venezuela. No Brasil, para efectos de goberno e economía, a Amazonia é delimitada por unha área chamada Amazonia Legal.

Tamén se chama Amazonia o bioma que, no Brasil, ocupa o 49,29% do territorio, sendo o maior bioma terrestre dese país, onde está constituído polos ecosistemas:

  • foresta ombrófila densa (a chamada Foresta Amazónica)
  • foresta ombrófila aberta
  • foresta estacional decidual e semidecidual
  • campinarana
  • formacións pioneiras
  • refuxios montanos
  • sabanas amazónicas
  • matas de terra firme
  • matas de várcea
  • matas de igapós

Estes ecosistemas están distribuídos en 23 eco-rexións, abranxendo os estados do Acre, Amapá, Amazonas, Pará, Rondonia, Roraima e pequena parte do Marañón, Tocantins e Mato Groso. Inclúe tamén zonas de transición cos biomas veciños, cerrado, caatinga e pantanal.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome Amazonia deriva de amazonas, as lexendarias guerreiras que figuraban xa na mitoloxía grega. Segundo a lenda, as amazonas pertencian a unha tribo (comandada por Hipólita) que non aceptaba homes: os bebés de sexo masculino eran asasinados ao nacer. Amazona significa sen seo, en grego, porque a lenda tamén dicía que esas mulleres cortaban o seo para mellor manexar os arcos. A lenda foi transportada a América do Sur polos conquistadores españois, pioneiros na explorazón do Río Amazonas que, ao atoparse con indias guerreiras (en contraste coa cultura europea, na cal a muller tiña só funcións domésticas), consideraron teren finalmente encontrado as amazonas.

Hai aínda a lenda do El Dorado e do lago Parima, que supostamente estaría ligado á fonte da xuventude. Esa lenda probabelmente ligase á existencia real do Lago Amacu, que tiña unha pequena illa coberta de xisto micáceo, material que produce un forte brillo ao ser iluminado polo Sol e que producía a ilusión de riquezas nos europeos.

Unha área de seis millóns de hectáreas no centro da bacía, incluindo o Parque nacional do Jaú, foi considerada pola UNESCO, en 2000 (con extensión en 2003), Patrimonio da Humanidade.

O río e a bacía hidrográfica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: río Amazonas

Vexa tamén: Bacía do río Amazonas

A selva[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Selva amazónica

A selva ou hilea amazónica é a maior selva tropical pluvial do mundo. Posúe a aparencia, vista de cima, dunha capa continua de copas, situadas a aproximadamente 50 metros do solo.

A dificultade para a entrada de luz pola abundancia de copas fai que a vexetación rastreira sexa moi escasa na Amazonia. Como os animais que habitan o solo e precisan desa vexetación rastreira, a maior parte da fauna amazónica componse de animais que habitan as árbores. Non existen animais de grande porte, como nas sabanas.

O solo amazonico é bastante pobre, contendo apenas unha fina capa de nutrientes. A pesar diso, a flora e fauna mantense, en virtude do estado de equilíbrio (clímax) atinxido polo ecosistema. O aproveitamento de recursos é óptimo, habendo mínimo de perdas. Un exemplo claro diso está na distribución acentuada de micorrizas polo solo, que garanten ás raíces unha absorción rápida dos nutrientes que escorren a partir da foresta, coas chuvias. Tamén se forma no solo unha capa de decomposición de follas, gallos e animais mortos, que rapidamente son convertidos en nutrientes e aproveitados antes da lixiviación.

Abaixo dunha capa inferior a un metro, o solo pasa a ser areoso e con poucos nutrientes. Por iso e por conta da disponibilidade case ilimitada de auga, as raíces das árbores son curtas, e o proceso de sustentación faise tamén co apoio das árbores unhas nas outras.

Experiencias de colonización[editar | editar a fonte]

Casa típica da poboación ribeiriña na Amazonia brasileira

A groso modo, as experiencias de colonización da Amazonia brasileira poden ser divididas en tres fases:

  • durante o período colonial, os xesuítas instalaron misións na rexión, que visaban inicialmente á catequese dos indios, mais tamén á exploración das chamadas drogas do sertán. Tamén foron desenvolvidas algunhas tentativas (desastrosas) de cultivo baseado en padróns europeos, o que promoveu o esgotamento dos solos e colleitas moi irregulares.
  • xa na República, houbo o ciclo da borracha, nos primeiros anos do século XX: co desenvolvimento do sector dos automóbiles e de bens industriais que dependían da borracha, o látex amazónico foi explorado intensamente por empresas nacionais e multinacionais. O ciclo terminou cando a produción no Sudeste Asiático tornouse máis barata que a amazónica.
  • nos últimos 50 anos o goberno brasileiro ven tentando integrar o territorio amazónico cunha serie de iniciativas que reciben moitas críticas dos especialistas e da comunidade internacional; inclusive algunhas experiencias de agricultura en modelo europeo e a instalación da Zona Franca de Manaus, un parque industrial en medio da foresta.

Internacionalización da Amazonia[editar | editar a fonte]

Para o economista Aluício Lins Leal, da Universidade Federal do Pará (UFPA), a Amazonia tamén xa está internacionalizada polo capital. “Hoxe non se internacionaliza como antes, con guerras. Hoxe o capital ten unha plasticidade tan grande que unha guerra é internacionalizada por medio do control das economías dos países en desenvolvemento. E aquí na Amazonia o núcleo estratéxico da economía rexional está todo nas mans do capital multinacional”, dixo nunha entrevista ao Boletín da Asociación dos Docentes da Universidade de Brasilia (ADUnB).

Unidades de Conservación[editar | editar a fonte]

Alén deste, o SNUC contén varias unidades de conservación nos varios estados da Amazonia. Entre as de protección integral existen máis 10 Parques Nacionais (alén do Jaú), e 8 Reservas biolóxicas, e outros tipos de unidades.

Entre as unidades de uso sustentábel, están as Reservas extrativistas. Os programas de uso sustentábel son, en grande número, desenvolvidos por ONGs en parcería co poder público e coas propias poboacións tradicionais, acostumadas ao uso sustentado dos recursos naturais. Surxen iniciativas como a Escola da Foresta, no Acre, para formar técnicos en foresta e agroforesta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]