Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves
Reino Unido de Portugal,
Brasil e o Algarve

 

 

1815–1825
 

Bandeira Escudo
Capital Río de Xaneiro
Lingua Portugués
Goberno Monarquía absoluta
Monarquía constitucional
Monarca
 • 1915–1916 María I
 • 1916–1925 Xoán VI
Historia
 • Establecido 1815
 • Disolución 1825
Moeda Real

Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve foi a designación oficial asumida o 16 de decembro de 1815, a elevación do entón Estado do Brasil (1621-1815), unha colonia portuguesa, a Reino unido co Reino de Portugal, a súa metrópole soberana até entón, e o Algarve, debido ao traslado da familia real e da nobreza portuguesa cara o Brasil por mor da Guerra Peninsular.

Historia[editar | editar a fonte]

A creación do Reino Unido viu da man do entón Príncipe rexente Don Xoán María de Braganza, futuro Rei Don Xoán VI, tralas invasións napoleónicas a Portugal. O Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve tivo só dous reis, Dona Maria I, que era a Raíña de Portugal antes da elevación do Brasil a Reino unido con Portugal, e Don Xoán VI, que antes da morte da súa nai a Raíña Maria I, xa gobernaba como Príncipe Rexente. A capital do reino era a cidade do Río de Xaneiro.

O Brasil desmembrouse coa súa independencia o 7 de setembro de 1822, proclamada polo fillo do Rei Don Xoán VI, D. Pedro de Alcántara de Braganza, futuro emperador D. Pedro I do Brasil e Rei D. Pedro IV de Portugal, que antes da independencia era o herdeiro do trono como Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Tal episodio resultou na fundación do Imperio do Brasil e, por conseguinte, no desmembramento do entón territorio brasileiro do imperio de ultramar portugués.