Estados Confederados de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados Confederados de América
1861–1865
Bandeira Escudo
Lema: Deo Vindice
"Under God, our Vindicator" [1]
Himno: "God Save the South" (non oficial)
"The Bonnie Blue Flag" (popular)
"Dixie" (tradicional)
Os Estados Confederados de América en 1862
Capital Montgomery, Alabama
(ata o 29 de maio de 1861)
Richmond, Virxinia
(desde o 3 de abril de 1865)
Lingua Ingles (de facto)
Goberno República confederada
Presidente
 • 18611865 Jefferson Davis
Vicepresidente
 • 18611865 Alexander Stephens
Período histórico Guerra Civil Estadounidense
 • Formación da Confederación 4 de febreiro de 1861
 • Adopción da Constitución dos Estados Confederados 11 de marzo de 1861
 • Colapso militar da Confederación 9 de abril de 1865
 • Disolución da Confederación 5 de maio de 1865
Superficie
 • 1860 1.995.392 km²
Poboación
 • 1860 est. 9.103.332 
     Densidade 4,6/km²
Moeda Dólar CSA
Precedido por
Sucedido por
Flag of South Carolina.svg República de Carolina do Sur
Mississippi 1861.svg República de Mississippi
Florida Provisional 1861.svg República de Florida
Alabama 1861 Obverse.svg República de Alabama
Flag of Georgia non official.svg República de Xeorxia
Louisiana Feb 11 1861.svg República de Louisiana
Flag of Texas.svg República de Texas
Estados Unidos de América US flag 34 stars.svg

Os Estados Confederados de América, en inglés Confederate States of America (C.S.A.), tamén chamados a Confederación e Estados Confederados, foi un Estado formado polos once estados meridionais dos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Como a súa existencia nunca foi recoñecida no plano internacional, a súa fronteira setentrional é incerta, pero ao leste limitaba co Océano Atlántico e ao sur tiña fronteira con México e o golfo homónimo. O goberno confederado reclamaba un territorio de 1.995.392 km² e unha poboación de 9.103.332 habitantes, dos cales 3.521.110 eran escravos, segundo o censo de 1860.[2]

Sete estados proclamaron a súa secesión dos Estados Unidos antes de que Abraham Lincoln fose investido presidente, catro máis fixeron o mesmo despois de que a Guerra Civil dos Estados Unidos comezase coa Batalla de Fort Sumter. Os Estados Unidos de América ("a Unión") sostivo que a secesión era ilegal e negou o recoñecemento á Confederación. Aínda que os gobernos europeos non recoñeceron oficialmente a creación desta Confederación, o Reino Unido vendeu buques de guerra e abasteceunos de subministracións por intereses comerciais.

Cando Robert E. Lee e outros xenerais confederados rendéronse na primavera de 1865, a Confederación colapsouse, finalizando a guerra sen unha posterior guerra de guerrillas. A continuación, produciuse un proceso, bautizado como a Reconstrución, que durou máis dunha década, e que dotou aos escravos liberados de dereitos civís e dereito ao voto, expulsando aos líderes da derrotada Confederación dos seus cargos, e readmitindo aos estados a súa representación no Congreso de forma permanente.

Historia[editar | editar a fonte]

Causas da secesión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Guerra Civil Estadounidense

Segundo a opinión xeneralizada dos historiadores, dúas foron as causas fundamentais da secesión [3] Por unha banda, a intención dos republicanos de restrinxir, ata eliminar, o escravismo. Doutra banda, as grandes limitacións de poder político que tiñan os estados da Unión, sobre todo no referente á propiedade dos escravos. Estas foron as causas fundamentais que alentaron aos estados sureños a separarse da Unión.

Algúns líderes relixiosos do sur enarboraban nos seus sermóns as causas da secesión. Benjamin M. Palmer (1818-1902), pastor da principal Igrexa Presbiteriana de Nova Orleáns, exclamaba o seu apoio á secesión nun sermón do Día de Acción de Grazas en 1860, argumentando que os sureños brancos tiñan o dereito e a obrigación de manter a escravitude en prol dunha autoprotección económica e social. Tamén, para actuar como "gardiáns" dos "afectuosos e leais" aínda que "desamparados" negros, para salvagardar os seus intereses económicos, e para actuar como defensores da relixión contra o "ateísmo" abolicionista.[4] Este sermón foi amplamente difundido a través dos templos relixiosos.

No que máis tarde veu ser coñecido como o "discurso da pedra angular", o vicepresidente da Confederación Alexander Stephens, declarou que a "pedra angular" do novo goberno, e no que se apoiaba, "era a gran verdade de que o negro non é igual ao home branco, esta escravitude, subordinación a unha raza superior, é a súa natural e normal condición. O noso novo goberno, é o primeiro, na historia do mundo, baseado sobre esta gran verdade física, filosófica e moral".[5] Catro dos estados separados, os estados do Deep South (Sur profundo), Carolina do Sur,[6] Mississippi,[7] Xeorxia,[8] e Texas,[9] fixeron declaracións formais das súas motivacións onde identificaron á ameaza sobre os dereitos dos posuidores de escravos como a causa maior da secesión. Xeorxia, adicionalmente, denunciou unha política federal que favorecía os intereses económicos do norte fronte aos do sur.

En contraste a isto, o Presidente dos Estados Confederados Jefferson Davis non fixo referencia explícita ningunha á escravitude no seu discurso de investidura, no seu lugar acentuou a importancia dos dereitos dos estados para implantaren as súas propias políticas, en detrimento dun goberno federal, como a razón fundamental da secesión.[10]

O Vicepresidente da Confederación, Alexander Stephens, declarou que a nova Constitución eliminaba as tarifas e a cláusula de comercio (Commerce Clause, artigo da Constitución que outorgaba a exclusividade ao Goberno federal de comerciar con Estados estranxeiros), quitando, deste xeito, poder ao Congreso para regular calquera aspecto comercial. Stephens cría que un novo país tería unha clara delimitación entre as responsabilidades federais e estatais, e levou a unha posición similar a esta a Carolina do Sur durante a "Crise da Anulación" (Nullification Crise) onde mantiña que o Goberno federal non debía pagar as construcións e infraestruturas internas dos estados.

Estados secesionados[editar | editar a fonte]

Mapa político dos Estados Confederados de América

Sete estados separáronse antes de febreiro de 1861:

Despois de que Lincoln chamara a tropas, catro estados máis secesionáronse:

  • Virxinia (17 de abril de 1861),[18] esta decisión provocou a división de Virxinia en dous estados, Virxinia e Virxinia Occidental. Esta última permanecería fiel á Unión.

Dous estados máis estaban controlados por gobernos que apoiaban a Unión, pero existiron grupos a favor da Confederación que proclamaron a secesión. A Conferederación admitiunos como estados membros aínda que nunca foron controlados pola mesma. Estes dous estados foron os seguintes:

  • Misuri, un grupo reclamou a escisión o 31 de outubro de 1861, pero esta non se realizou de forma efectiva.[23] [24]
  • Kentucky, tampouco chegou a producirse unha secesión efectiva, aínda que un grupo non electo proclamouna o 20 de novembro de 1861.[25][26]

Ambos os dous estados permitiron a escravitude e tiñan condados onde tiña moita influencia o pensamento unionista e o confederado, ata existían varios escravistas que eran favorables á Unión.

Alzamento e caída da Confederación[editar | editar a fonte]

A Guerra Civil Estadounidense estalou en abril de 1861 coa Batalla de Fort Sumter en Charleston, Carolina do Sur. As tropas federais dos Estados Unidos retiráronse a Fort Sumter pouco despois de que Carolina do Sur declarase a súa secesión. O Presidente en funcións da Unión, James Buchanan, intentara aprovisionar ás forzas de Sumter enviando á Estrela do Oeste, pero as forzas confederadas abriron fogo sobre a nave, afastándoa do seu destino. Cando Abraham Lincoln chegou á presidencia tamén intentou enviarlle subministracións a Sumter. Lincoln notificoulle ao gobernador de Carolina do Sur, Francis W. Pickens, que "se realizará un intento para abastecer Fort Sumter exclusivamente con provisións, e se non hai resistencia, non se fará ningún intento para levar homes, armas, ou munición sen aviso previo, [excepto] no caso dun ataque ao forte". En resposta, o gabinete da Confederación decide nunha reunión en Montgomery abrir fogo contra Fort Sumter nun intento de forzalo a renderse antes de que chegase a frota. O 12 de abril de 1861, as tropas confederadas, seguindo ordes de Davis e a súa Secretaría de Guerra, abriron fogo sobre as tropas federais forzando a entrega do forte para ocupalo.

Logo da Batalla de Fort Sumter, Lincoln insta aos restantes estados da Unión a que enviasen tropas para recuperar Sumter, ademais doutros fortes e establecementos aduaneiros no sur e que os confederados reclamaran, algúns deles pola forza.[27] Esta petición foi realizada antes de que o Congreso tivese competencias acerca desta materia e o requirimento foi realizado polo Departamento de Guerra. Os voluntarios foron chamados unicamente para un período de tres meses.[27] A esixencia de tropas de Lincoln deu lugar a que catro estados máis votasen a súa secesión, preferindo isto antes que achegar tropas á Unión. Virxinia, Arcansas, Tennessee e Carolina do Norte separáronse facendo un total de once estados na Confederación. Unha vez que Virxinia se integrase nos Estados Confederados, a capital foi trasladada desde Montgomery (Alabama) a Richmond (Virxinia). Se exceptuamos unhas poucas batallas, tódalas demais tiveron lugar en territorio confederado. Alexander H. Stephens asegurou que a tentativa de Lincoln de reabastecer Sumter provocara a guerra.[28]

Kentucky foi un estado fronteirizo durante a guerra civil e, durante un tempo, tivo dous gobernos, un que defendía a causa da Confederación e outro que defendía a da Unión. O goberno orixinal permaneceu apoiando á Unión, tras un curto período de tempo na neutralidade, pero unha facción rival ao goberno dese estado proclamou a integración nos Estados Confederados de América. A pesar de todo isto, os confederados non chegaron a controlar o estado de Kentucky de forma efectiva. Unha situación máis complexa é a que acompaña a secesión de Misuri, en calquera caso, a Confederación consideraba a Misuri membro dos Estados Confederados a pesar de non controlar o territorio de devandito estado. Desta forma, o número de estados confederados poderían ser trece se contamos Kentucky e Misuri. Unha versión da bandeira confederada posterior amosaría trece estrelas, reflectindo a reclamación sobre estes dous estados.

Os gobernos das cinco tribos do Territorio Indio, que se convertería en Oklahoma en 1907, apoiaron principalmente ós Confederados, fornecendo tropas e un oficial xeral. Foi representado no Congreso dos Estados Confederados a partir de 1863 por Elias Cornelius Boudinot, por parte dos Cheroqui, e Samuel Benton Callahn por parte dos pobos Seminole e Creek.

Os cidadáns de La Mesilla e Tucson na parte sur do Territorio de Novo México formaron unha convención para a secesión, votaron a integración na Confederación o 16 de marzo de 1861 e designaron a Lewis Owings como novo gobernador territorial. En xullo, Mesilla requiriu ás tropas condeferadas a que se desprazasen a El Paso, Texas. Estas acudiron baixo o mando do tenente coronel John Baylor e o seu obxectivo era axudar a eliminar unha división do exército da Unión que, baixo as ordes do Maior Isaac Lynde, foron emprazados moi preto dese lugar. Os confederados derrotaron a Linde na Batalla de Mesilla o 27 de xullo. Tras a batalla, Baylor estableceu un goberno territorial para o Territorio de Arizona controlado polos confederados e nomeouse a si mesmo gobernador. En 1862, foi lanzada unha campaña sobre Novo México baixo as ordes do xeneral Henry Hopkins Sibley para tomar a metade norte de Novo México. Aínda que os confederados ocuparon brevemente a capital territorial de Santa Fe, foron derrotados no paso de Glorietta en marzo. As tropas retiráronse e non volveron tomar Santa Fe.

Os estados escravistas situados no norte da Confederación (Misuri, Kentucky, Maryland, Delaware e Virxinia Occidental) eran territorio en disputa, pero a Unión gañou o seu control antes de 1862. En 1861, a lei marcial foi declarada en Maryland (estado que limita coa capital de Estados Unidos, Washington, DC, na maioría do seu perímetro) para bloquear calquera tentativa de secesión. Delaware, tamén un estado escravista, nunca considerou a secesión, tampouco Washington, DC. En 1861, o poder lexislativo unionista de Wheeling, escindido de Virxinia, reivindicou 48 condados deste estado, e integrouse nos Estados Unidos en 1863 como o estado de Virxinia Occidental e cunha constitución que suprimiu de forma gradual a escravitude.

As tentativas de separación dos Estados Confederados de América dalgúns condados no leste de Tennessee foron abortados de forma inmediata cando a Confederación declarou a lei marcial.[29][30] A rendición do exército do norte de Virxinia polo xeneral Robert E. Lee no Palacio de Xustiza de Appomattox o 9 de abril de 1865, está considerada, de forma xeral, o final dos Estados Confederados. O presidente Davis foi capturado en Irwinville, Xeorxia, o 10 de maio, e o resto de forzas confederadas rendéronse en xuño de 1865. A última bandeira da Confederación foi arriada de Shenandoah o 6 de novembro de 1865.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Constitución[editar | editar a fonte]

Jefferson Davis, presidente da Confederación.

A análise da Constitución dos Estados Confederados revela moito sobre as motivacións para a escisión da Unión. Aínda que gran parte da mesma foi copiada exactamente da Constitución dos Estados Unidos, contiña varias proteccións que de forma explícita garantían a permanencia da escravitude, aínda que o comercio internacional de escravos foi prohibido. Tamén reflectiu unha forte filosofía sobre a preservación dos dereitos dos estados a autogobernarse, acoutando o poder do Goberno central. Prohibiuse que o Goberno confederado establecese tarifas proteccionistas internas e que usasen os impostos recadados para financiar as melloras propias doutro estado. En contraposición da linguaxe secular da Constitución dos Estados Unidos, a constitución confederada pedía abertamente a bendición de Deus, nela pódese ler "Invoking the favor of Almighty God" (invocando o favor de Deus todopoderoso).

A Constitución dos Estados Confederados non incluíu de forma específica unha disposición que permitise aos estados a separarse. Aínda que o preámbulo di que cada estado "actúa co seu carácter soberano e independente", tamén fala da formación dun "goberno federal permanente".

Os líderes sureños reuníronse en Montgomery, Alabama, para redactaren a súa constitución, que foi aprobada o 11 de marzo de 1861 e permaneceu en vigor ata 1865. Estableceron que o Presidente dos Estados Confederados de América debía ser elixido para un mandato de seis anos, pero non podía presentarse a unha reelección (aínda que o único presidente foi Jefferson Davis xa que a Confederación foi derrotada antes de que terminase o seu mandato). Ao presidente outorgábaselle un único poder, a capacidade de exercer o veto a leis; esta posibilidade tamén era compartida por algúns gobernadores nos seus estados. O Congreso Confederado podía derrubar o veto, que podía ser a unha lei en xeral ou a algúns dos seus artigos, cunha maioría de polo menos dous terzos e a semellanza do Congreso dos Estados Unidos. Doutra banda, as aprobacións de leis non solicitadas de forma específica polo poder executivo requirían para ser aprobadas dous terzos de votos de ambas as cámaras do Congreso (Senado e Cámara de Representantes).

A impresión de papel moeda e selos foi autorizada e posta en circulación, aínda que foi realizada polos estados de forma individual en nome da Confederación. O Goberno considerou realizar unha emisión de moedas, pero a carencia de lingotes frustrou os plans respecto diso.

Liberdades civís[editar | editar a fonte]

A Confederación utilizou de forma activa ao exército para arrestar ás persoas sospeitosas de ser leais aos Estados Unidos. O historiador Mark Neely nas súas investigacións atopou ata 2.700 nomes de persoas que foron arrestados e estimou que a lista completa era moito máis longa. A proporción de arrestados é similar ao dos arrestados en territorio federal por ser sospeitosos de colaborar cos confederados. Neely conclúe:

"Os cidadáns confederados non foron de xeito ningún máis libres que os cidadáns da Unión, e quizais, non tiñan menos probabilidades de ser arrestados polas autoridades militares. De feito, o cidadán confederado puido ser nalgúns asuntos menos libre que as súas contrapartes norteñas. Por exemplo, a liberdade de viaxar dentro dos propios Estados Confederados estaba seriamente limitada polo un sistema de pasaporte interno." (Neely 11, 16)

Capital[editar | editar a fonte]

Capitolio do estado de Virxinia, que serviu como edificio do Capitolio Confederado

A capital dos Estados Confederados de América era Montgomey (Alabama), a partir do 4 de febreiro de 1861, e ata o 29 de maio de 1861. Richmond (Virxinia), foi nomeada a nova capital o 6 de maio de 1861. Pouco antes do final da guerra, o goberno confederado evacuou Richmond, coa intención de volver localizar a capital máis cara ao sur. Pero estes plans non se levaron a cabo, xa que Lee se rendía no Palacio de Xustiza de Appomattox. Danville (Virxinia) servía como efémera capital dos últimos días da Confederación, entre o 3 e o 10 de abril de 1865.

Diplomacia internacional[editar | editar a fonte]

Unha vez comezada a guerra cos Estados Unidos, as posibilidades de supervivencia da Confederación pasaban polo apoio e intervención militar de Francia e o Reino Unido.

Os Estados Unidos tiveron esta posibilidade bastante clara, e manifestaron que o recoñecemento da Confederación significaría entrar en guerra con eles tamén. Tamén ameazaron respecto ao abastecemento do Reino Unido de alimentos á Confederación. Os confederados pensaban que o Reino Unido os apoiaría para obter algodón, e ata utilizaban unha frase feita que pregoaban cuxa tradución é "o algodón é o rei". Máis tarde demostraríase que estaban equivocados, os británicos en realidade, en 1861, tiñan grandes almacéns de algodón e dependían moito máis do gran dos Estados Unidos.

Durante a súa existencia, o goberno confederado enviou repetidas delegacións a Europa, pero os historiadores non conceden a estes representantes de que conseguisen moitos logros diplomáticos. James M. Mason foi enviado a Londres como ministro confederado da raíña Vitoria, e John Slidell a París como ministro de Napoleón III. Ambos podían ter reunións privadas cos altos funcionarios británicos e franceses, pero non conseguiron un recoñecemento oficial para a Confederación.

Gran Bretaña e os Estados Unidos estiveron a piques de entrar en guerra durante o asunto de Trent a finais de 1861. Un buque de guerra estadounidense apresou de forma ilegal a Mason e Slidell que se atopaban nunha nave británica. O príncipe Alberte, marido da raíña Vitoria, axudou a acougar a situación, e Lincoln liberou a Mason e Slidell. Así que finalmente este suceso non foi de moita axuda para os intereses confederados.

Durante uns cantos anos e mentres transcorría a Guerra de Secesión, o Secretario de Asuntos Exteriores Británico Lord Russel e Napoleón III, e en menor medida o Primeiro Ministro Británico Lord Palmerston, barallaron a posibilidade de outorgar o recoñecemento oficial da Confederación, ou cando menos ofrecer a posibilidade de ser mediadores no conflito. Pero decatáronse que este recoñecemento significaría moitas consecuencias graves e poucas vantaxes. Suporía entrar en hostilidades cos Estados Unidos, perder toda posibilidade de comprar o gran que este exportaba, a perda dos beneficios derivados das exportacións facían aos Estados Unidos, a perda dos enormes fondos de seguridade que tiñan nos Estados Unidos, entrar nunha posible guerra en Canadá e outras colonias en Norteamérica, perderíanse moitas vidas, suporía unha ameaza constante para a mariña mercante británica, ademais de ter que subir os impostos aos seus cidadáns para manter estes posibles conflitos. Todo isto a cambio da posibilidade de obter maior cantidade de algodón. Moitos líderes de partidos políticos británicos e a poboación en xeral non desexaban unha guerra con tan altos custos e tan escasos beneficios.

As maiores posibilidades de que se producise o recoñecemento oficial da Confederación por parte do Reino Unido déronse tras a Segunda Batalla de Manassas, cando o goberno británico se preparou para mediar no conflito, pero a vitoria dos federais na Batalla de Antietam e a proclamación de emancipación de Lincoln, xunto coa oposición interna, causou que o goberno se mantivese apartado do conflito.

En novembro de 1863, o diplomático confederado A. Dudley Mann reuniuse co Papa Pío IX, tras a cal a Confederación recibiu unha carta co tratamento "ao ilustre e honorable Jefferson Davis, presidente dos Estados Confederados de América". Mann, quixo interpretar neste encabezamento da misiva un "recoñecemento positivo do noso goberno", e asemellalo a un recoñecemento de facto dos Estados Confederados de América. O Secretario de Estado dos confederados, Judah P. Benjamín, con todo, interpreta esta carta como "un mero recoñecemento referencial, non relacionado coa cuestión política, nin co establecemento regular de relacións diplomáticas" e así non se lle atribuíu a importancia dun recoñecemento formal.[31] Polo tempo que quedaba de guerra, os comisionarios confederados continuaron reuníndose co cardeal Antonelli, Secretario de Estado do Vaticano. En 1864, antes da creación da Santa Sé, o bispo católico Patrick N. Lynch viaxou ao Vaticano coa autorización de Jefferson Davis para representar á Confederación.

Ningún país designou oficialmente a diplomáticos na Confederación, pero varios mantiveron os seus cónsules no sur que foran designados antes de que comezasen as escisións e a posterior guerra. En 1861, Ernst Raven solicitou a súa aprobación como cónsul nos Estados Confederados de América polo ducado de Saxonia-Coburgo-Gotha, pero el era cidadán de Texas e non había evidencias de que os dirixentes de Saxonia soubesen da existencia desta solicitude. En 1863, a Confederación expulsou a todos os cónsules estranxeiros (todos eran británicos e franceses) por negarse a promocionar o combate contra os Estados Unidos. A maioría das potencias europeas adoptaron unha política de neutralidade, reuníndose de xeito informal cos diplomáticos confederados pero negando calquera recoñecemento formal. Ningún país enviou nunca un embaixador ou unha delegación de funcionariado a Richmond. Con todo, aplicaron os principios de dereito internacional para recoñecer á Unión e a Confederación como bandos belixerantes na guerra. Canadá permitiu que representantes da Confederación e da Unión traballarán libremente dentro das súas fronteiras, e algúns Gobernos de estados do norte de México negociaron acordos locais para cubrir as necesidades de comercio coa fronteira de Texas.

O fracaso dos dereitos dos estados para o seu autogoberno[editar | editar a fonte]

Bandeira da armada confederada. Debido á súa popularidade durante o século XX asóciase como a bandeira dos Estados Confederados.

O historiador Frank Lawrence Owsley argumentou que a Confederación "morreu pola ambición de poderes políticos de autogoberno dos diferentes estados".[32][33] De acordo con Owsley, os poderes lexislativos dos estados do Sur e os seus gobernadores, de fortes conviccións, rexeitaron ceder ao goberno confederal os soldados e recursos necesarios para a guerra por que temían que Richmond usurpase poderes estatais.

O gobernador de Xeorxia, Joseph Brown sospeitaba que Jefferson Davis era un conspirador coa intención de eliminar poder e liberdade de autonomía aos estados que formaban a Confederación. Brown declarou: "case cada acto que se fai para desposuírnos de poder, está concibido, de mala fe, elaborado e afianzado nunha sesión secreta".[34]

En 1863 o gobernador de Texas, Pendleton Murrah, insistía en que as tropas de Texas eran necesarias para a súa autodefensa, para protexerse de ataques de indios ou dun posible intento de invasión por parte da Unión. Rexeitou, xa que logo, envialas ao Leste como lles pediu o goberno confederado.[35]

Zebulon Vance, gobernador de Carolina do Norte era notoriamente hostil a Davis e ás súas esixencias. A oposición ao recrutamento en Carolina do Norte foi moi intensa e o resultado de tropas recrutadas foi desastroso. A forte crenza de Vance nos dereitos políticos de autogoberno dos estados conduciuno a exercer unha obstinada oposición ao goberno confederado.[36]

O vicepresidente Stephens opúxose publicamente ao presidente Davis, declarando que calquera forma de satisfacer as esixencias deste, soamente debilitaría á Confederación, e el xa que logo non tiña outra opción senón enfrontarse publicamente coa administración confederada e co seu presidente. Stephens acusou a Davis de permitir realizar "detencións arbitrarias" e de eliminar a estrutura estatal, e que isto lle conferiu máis poder que o parlamento inglés outorgara ao seu rei". Tamén agregou que Davis interveu para eliminar as reunións de paz en Carolina do Norte e "colocou un bozo a algúns xornalistas", especialmente ao xornal contrario á guerra Raleigh Standard, coa intención de controlar as eleccións dese estado.

Facéndose eco de Patrick Henry cando dixo "dáme liberdade ou dáme morte", Stephens alertou aos sureños que nunca deben ver a liberdade como un dereito "subordinado á independencia" porque o berro de "independencia primeiro e liberdade despois" terminaría finalmente nunha "desilusión fatal". O historiador George Rable conclúe que "para Stephens, a esencia do patriotismo, o corazón da causa confederada, sostíñase sobre un compromiso inflexible á dereita tradicional. Na súa visión idealista da política, as necesidades militares, o pragmatismo, e o compromiso non significaron nada".[34]

A supervivencia da Confederación dependía en gran medida de ter unha forte base de civís comprometidos e soldados empeñados na vitoria. Os soldados desenvolvéronse ben, aínda que se produciu un notable aumento de desertores no último ano da guerra. Os civís, aínda que se mostraron moi entusiastas nos anos 1861 e 1862, parecían perder a esperanza no futuro da nación antes de 1864, e a cambio dedicáronse a protexer os seus propios fogares e comunidades. Como Rable explica, "como a confederación contraeuse, os cidadáns sensibilizados coa causa limitáronse fundamentalmente aos seus propios estados e comunidades. Esta contracción da visión civil representou un retroceso na liberdade dos estados e unha desilusión cada vez máis extensa cara ao experimento confederado".[34]

Relacións cos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Durante os catro anos de existencia, os Estados Confederados de América quixeron demostrar a súa independencia designando decenas de representantes diplomáticos no exterior. O Goberno dos Estados Unidos, pola contra, afirmaba que os estados do Sur eran soamente rexións que se declararon en rebeldía e negáballe calquera recoñecemento formal como país. Desta forma, o Secretario de Estado dos Estado Unidos, William H. Seward enviou instrucións formais a Charles Francis Adams, novo Ministro Plenipotenciario na Gran Bretaña:

"Non permita ningunha expresión severa ou irrespectuosa, ou ata preocupada, referente aos estados escindidos, os seus representantes, ou a súa xente. Pola contra, recorde constantemente que eses estados son agora, pois foron sempre ata agora e, a pesar do seu temporal autoengano, deberán continuar sendo sempre, iguais e honrados membros da Unión Federal, e que os seus cidadáns a través de tódolos malentendidos e alleamentos políticos, seguen sendo e sempre seguirán sendo os nosos parentes e compatriotas." [37]

Con todo, se os británicos parecesen inclinados a recoñecer a Confederación, ou dubidar neste respecto, debían ser advertidos de forma directa e explícita:

"(Gran Bretaña) tolerando o recoñecemento dos estados escindidos, ou se tivese indicios de dúbida, non deixará que supoñan nin por un momento que poden realizar este recoñecemento e seguir sendo aliados dos Estados Unidos. Pode ata asegurarlles de forma inmediata, nese caso, se se determinan a realizar o recoñecemento, que se poden preparar, da mesma forma, a entrar en alianza cos inimigos da nosa república." [37]

O Congreso Confederado respondeu ás hostilidades declarando formalmente a guerra aos Estados Unidos en maio de 1861, chamándoa "A Guerra entre os Estados Confederados de América e os Estados Unidos de América". O goberno da Unión nunca declarou formalmente a guerra pero xustificou a súa entrada nas batallas como actos de bloqueo e contención de accións de rebelión. As negociacións que se produciron a mediados da guerra establecéronse sen recoñecemento político formal, aínda que si se recoñeceron relacións militares.

Catro anos logo da guerra, en 1869, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou inconstitucional, e legalmente nulo, o decreto de secesión de Texas. A opinión do tribunal foi autorizada polo presidente do tribunal Salmon P. Chase. Jefferson Davis, presidente da xa extinta Confederación, e Alexander Stephens, vicepresidente, apuntaron argumentos a favor da legalidade da secesión, de forma notable na obra de Davis "The Rise and Fall of the Confederate Goverment" (O Ascenso e Caída do Goberno Confederado).

Bandeiras Confederadas[editar | editar a fonte]

A bandeira oficial dos Estados Confederados de América, e a denominada "Barras e estrelas", ten sete estrelas, unha por cada un dos sete estados que inicialmente formaron a Confederación. Esta bandeira era difícil de diferenciar en condicións de pouca visibilidade e durante as batallas, da bandeira da Unión, así que a bandeira de batalla confederada, a "Cruz do Sur", converteuse na usada comunmente nas operacións militares. A "Cruz sureña" ten trece estrelas, engadindo catro polos estados que se engadiron á Confederación logo da Batalla de Fort Sumter e outras dúas polos estados en disputa de Kentucky e Misuri.

Como resultado da súa difusión popular ao longo do século XX, a "Cruz sureña" é na actualidade a bandeira comunmente asociada coa Confederación. A "Cruz sureña" actual é unha bandeira con forma cadrada, pero a mais frecuentemente vista foi a bandeira rectangular do Exército de Tennessee, tamén era coñecida como bandeira naval porque foi a primeira usada na Armada Confederada.

Líderes políticos[editar | editar a fonte]

Executivo[editar | editar a fonte]

Cargo Nome Período
Presidente Jefferson Davis 1861-1865
Vicepresidente Alexander Stephens 1861-1865
Secretario de Estado Robert Toombs 1861
Robert M.T. Hunter 1861-1862
Judah P. Benjamin 1862-1865
Secretario do Tesouro Christopher Memminger 1861-1864
George Trenholm 1864-1865
John H. Reagan 1865
Secretario de Guerra Leroy Pope Walker 1861
Judah P. Benjamin 1861-1862
George W. Randolph 1862
James Seddon 1862-1865
John C. Breckinridge 1865
Secretario da Armada Stephen Mallory 1861-1865
Presidente postal John H. Reagan 1861-1865
Presidente do
Poder Xudicial
Judah P. Benjamin 1861
Thomas Bragg 1861-1862
Thomas H. Watts 1862-1863
George Davis 1864-1865

Lexislativo[editar | editar a fonte]

O poder lexislativo dos Estados Confederados de América estaba centralizado no Congreso. Do mesmo xeito que o Congreso dos Estados Unidos, o Congreso Confederado constaba de dúas cámaras: o Senado, que se compuña pola elección directa de cada lexislativo estatal de dous senadores, e a Cámara de Representantes, que se compuña pola elección por sufraxio polos residentes de cada un dos estados.

Para afrontar o seu primeiro ano de vida, o Congreso confederado estableceuse provisionalmente cun formato unicameral. A presidencia da cámara recaeu sobre Howell Cobb Sr., do estado de Xeorxia, entre o 4 de febreiro de 1861 e o 17 de febreiro de 1862.

O Congreso Confederado tivo a seguinte representación das tribos indíxenas da rexión:

Xudicial[editar | editar a fonte]

O poder xudicial da Confederación foi esbozado na Constitución, pero como consecuencia da guerra o Tribunal Supremo dos Estados Confederados nunca foi instituído. De forma xeral, os tribunais estatais e locais seguían funcionando como o fixeron ata o momento, simplemente realizaban un recoñecemento dos Estados Confederados de América como goberno nacional, en lugar de recoñecer aos Estados Unidos de América.[38] Algúns tribunais de distrito na zona confederada, con todo, facían recoñecementos aos estados individuais. Isto ocorreu en tribunais nos estados de Carolina do Sur, Arcansas, Alabama, Florida, Xeorxia, Luisiana, Carolina do Norte, Tennessee, Texas e Virxinia, e posiblemente nalgún máis. Ao final da guerra, os tribunais de distrito recuperaron a xurisprudencia dos Estados Unidos.[39]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os Estados Confederados de América tiñan un total de 4.698 km de costa. Os estados que a conformaban na súa gran maioría tiñan saída ao mar e posuían costas con areais. No interior existían rexións montañosas e no seu extremo occidental desertos. A zona baixa do río Mississippi dividía á Confederación en dous, á metade occidental frecuentemente chamábaselle Trans-Mississippi. O punto máis alto (excluíndo os Territorios de Arizona e de Novo México) era o Pico Guadalupe en Texas con 2.667 metros.

Clima[editar | editar a fonte]

Gran parte dos Estados Confederados de América tiñan un clima subtropical húmido con invernos suaves e longos, con veráns húmidos e calorosos. O clima varía de estepa semiárida a clima desértico árido ao oeste na lonxitude de 96 graos.

Os invernos suaves xunto aos veráns calorosos, propios do clima subtropical, provocaron que aflorasen enfermidades infecciosas que acabaron con gran cantidade de soldados confederados.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Os ríos da Confederación eran, de forma xeral, navegables. Isto permitía un transporte fácil e barato dos produtos agrícolas en tempos de paz. Tendo en conta a proximidade das grandes plantacións aos ríos e aos portos marítimos, o sistema ferroviario foi construído como un medio de locomoción complementaria.

Durante a guerra, a vasta xeografía da rexión resultou ser un problema para a loxística das tropas federais. Os soldados da Unión usaban os cuarteis inimigos capturados para protexerse e as liñas de ferrocarril dos territorios recuperados para o transporte. No entanto, a armada da Unión aproveitaba os ríos navegables, os cales empezaron a usar desde 1862, facendo os seus labores loxísticos máis fáciles e complicando de paso os das tropas confederadas. Logo da caída de Vicksburg en xullo de 1863, fíxose imposible para as unidades Confederadas cruzar o Mississippi por estar constantemente patrullada por barcos federais armados con canóns. O Sur, xa que logo, perdeu o control que exercía sobre as rexións occidentais.

Áreas rurais[editar | editar a fonte]

Os Estados Confederados de América comprendían unha zona maioritariamente rural. As poboacións maiores de 1.000 habitantes eran escasas e habitualmente os condados tiñan unha poboación menor de 500 persoas. As cidades en territorio confederado eran moi escasas. Nova Orleáns era a única gran cidade no sur que se atopaba entre as dez máis grandes dos Estados Unidos no censo de 1860, e a Unión recuperou pronto o seu control, en 1862. Tan só 13 das cidades confederadas atopábanse entre as 100 principais dos Estados Unidos no mencionado censo de 1860.[2] A maioría destas cidades sufriron o bloqueo da Unión nos seus portos e resentíronse as súas actividades económicas.

A poboación de Richmond, aumentou moi significativamente a súa poboación tras converterse en capital confederada, chegando a unha poboación estimada de 128.000 habitantes en 1864.[40] As cidades máis destacadas en poboación do sur non estiveron nunca baixo o control efectivo do goberno confederado. As maiores cidades encadradas nesta área eran Baltimore (Maryland), San Luís (Misuri), Louisville (Kentucky) e Washington, DC, ningunha delas baixo control confederado. Tampouco eran controladas de forma efectiva outras cidades importantes como Wheeling (Virxinia Occidental), e Alexandría (Virxinia).

Pos. Cidade Estado Poboación en 1860 Posto no
censo de 1860
Regreso ó control
dos Estados Unidos
1 Nova Orleáns Luisiana 168.675 6 1862
2 Charleston Carolina do Sur 40.522 22 1865
3 Richmond Virxinia 37.910 25 1865
4 Mobile Alabama 29.258 27 1865
5 Menphis Tennessee 22.623 38 1862
6 Savannah Xeorxia 22.292 41 1864
7 Petersburg Virxinia 18.266 50 1865
8 Nashville Tennessee 16.988 54 1862
9 Norfolk Virxinia 14.620 61 1862
10 Augusta Xeorxia 12.493 77 1865
11 Columbus Xeorxia 9.621 97 1865
12 Atlanta Xeorxia 9.554 99 1864
13 Wilmington Carolina do Norte 9.553 100 1865

Economía[editar | editar a fonte]

A Confederación tiña unha economía agraria que exportaba ao mercado internacional, era un gran produtor de algodón e, en menor medida, tabaco e cana de azucre. A produción de alimentos era maioritariamente de gran, porcos, gando e hortalizas. Os once estados producían 155 millóns de dólares en bens manufacturados en 1860, principalmente derivados da moída de gran en muíños locais, madeira, tabaco procesado, bens realizados con algodón e produtos destinados ao sector naval como a trementina.

A Confederación adoptou unha baixa tarifa proteccionista do 15%, pero impúxoa a tódalas importacións, incluíndo aos Estados Unidos.[41] Esta tarifa na práctica tivo moi pouca relevancia, os portos confederados foron bloqueados ao tráfico comercial pola Unión, e moi poucas persoas pagaban dita taxa tendo en conta o contrabando desde os Estados Unidos. O goberno recadou ao redor de 3,5 millóns de dólares en ingresos aduaneiros desde o comezo da guerra ata 1864. A falta de ingresos provocou que a Confederación financiase os recursos para manter a guerra mediante a emisión de diñeiro, isto deu a lugar a unha elevada inflación.

Forzas armadas[editar | editar a fonte]

Robert E. Lee, o rostro do exército confederado.

Entre os dirixentes militares da Confederación atopábanse moitos veteranos do exército e da mariña dos Estados Unidos que renunciaran aos seus cargos federais para ocupar cargos dirixentes nas forzas armadas da Confederación. Moitos deles participaran na Guerra México-Americana (entre os que se atopaban Robert E. Lee e Jefferson Davis), mentres que outros tiñan pouca ou ningunha experiencia militar (como Leonidas Polk, que asistira á academia militar estadounidense de West Point, aínda que non se chegou a graduar). O corpo de oficiais confederado estaba composto na súa maioría por homes que non eran propietarios de escravos, aínda que existía unha parte destes oficiais que eran novos enviados por familias que si eran propietarias de escravos. Os Confederados eran nomeados ao grao de oficiais de campo e auxiliares a través de eleccións dos alistados a filas. Aínda que non se estableceu ningunha academia confederada en servizo, moitos colexios do Sur (como o de Citadel e o Instituto Militar de Virxinia) adestraba aos cadetes e considerábanse como campos de adestramento e academias de instrución de líderes militares. Unha academia naval logrou establecerse en 1863, aínda que non chegou a graduar ningún mando naval antes da derrota confederada.

O groso das filas, e os rangos militares, da forzas armadas da Confederación estaba composto por homes brancos cunha media de idade entre os 16 e 28 anos. Miles de escravos servían como obreiros, cociñeiros, exploradores e outras funcións non relacionadas directamente co combate. A confederación adoptou o servizo militar obrigatorio en 1862, aínda así as forzas armadas confederadas estaban moi minguadas polas baixas; deste xeito os militares sufriron escaseza crónica de efectivos.

Tras producirse inquietude e malestar no exército, seguido de certo grao de axitación, o xeneral Lee reclamaba máis efectivos, e os escravos foron alistados en novas unidades na primavera de 1865 coa promesa da emancipación. En realidade, cando terminou a guerra, atopábanse aínda na súa fase de formación, e non chegaron a entrar en batalla de forma efectiva.[42]

Líderes militares[editar | editar a fonte]

A continuación móstrase unha táboa que mostra os militares da Confederación, xunto ao seu estado de nacemento e co rango máis alto que alcanzaron.

Nome Estado
de nacemento
Rango
Robert E. Lee Virxinia Xeneral e xeneral en xefe
Albert Sidney Johnston Kentucky Xeneral
Joseph E. Johnston Virxinia Xeneral
Braxton Bragg Carolina do Norte Xeneral
P.G.T. Beauregard Luisiana Xeneral
Richard Stoddert Ewell Virxinia Tenente xeneral
Samuel Cooper Nova York Xeneral, non entrou en combate
James Longstreet Carolina do Sur Tenente xeneral
Thomas J. Jackson
(alcume "Muro de pedra")
Virxinia Tenente xeneral
John Hunt Morgan Kentucky Xeneral de brigada
A. P. Hill Virxinia Tenente xeneral
John Bell Hood Texas Tenente xeneral
Wade Hampton III Texas Tenente xeneral
Nathan Bedford Forrest Tennessee Tenente xeneral
John Singleton Mosby
(alcume "A pantasma gris da Confederación")
Virxinia Coronel
J.E.B. Stuart Virxinia Xeneral de división
Edward Porter Alexander Xeorxia Xeneral de brigada
Franklin Buchanan Maryland Almirante
Raphael Semmes Maryland Almirante
Josiah Tattnall Xeorxia Comodoro
Stand Watie Territorio Indio, na actualidade Oklahoma Xeneral de brigada
(foi o último en rendirse)
Leonidas Polk Carolina do Norte Tenente xeneral
Sterling Price Virxinia Xeneral de división
Jubal Anderson Early Virxinia Tenente xeneral
Richard Taylor
(Fillo do presidente dos EUA Zachary Taylor)
Kentucky Tenente xeneral
Lloyd J. Beall Carolina do Sur Coronel e comandante de mariña
Stephen Ramseur Dodson Carolina do Norte Xeneral de división
Camille Armand Marie Jules
O Príncipe de Polignac
Francia Xeneral de división
John Austin Wharton Tennessee Xeneral de división
Thomas L. Rosser Virxinia Xeneral de división
Patrick Cleburne Irlanda Xeneral de división

Datas significativas[editar | editar a fonte]

Estado Bandeira Ordenanza de secesión Integración na Confederación Baixo control da Unión Reintegración na Unión
Carolina do Sur
Flag of South Carolina.svg
20 de decembro de 1860 8 de febreiro de 1861 1865 9 de xullo de 1868
Mississippi
Flag of Mississippi.svg
9 de xaneiro de 1861 8 de febreiro de 1861 1863 23 de febreiro de 1870
Florida
Flag of Florida.svg
10 de xaneiro de 1861 8 de febreiro de 1861 1865 25 de xuño de 1868
Alabama
Flag of Alabama.svg
11 de xaneiro de 1861 8 de febreiro de 1861 1865 13 de xullo de 1868
Xeorxia
Flag of Georgia (U.S. state).svg
19 de xaneiro de 1861 8 de febreiro de 1861 1865 1ª integración, 21 de xullo de 1868; 2ª integración, 15 de xullo de 1870
Luisiana
Flag of Louisiana.svg
26 de xaneiro de 1861 8 de febreiro de 1861 1863 9 de xullo de 1868
Texas
Flag of Texas.svg
1 de febreiro de 1861 2 de marzo de 1861 1865 30 de marzo de 1870
Virxinia
Flag of Virginia.svg
17 de abril de 1861 7 de maio de 1861 1865 (Virxinia Occidental en 1861) 26 de xaneiro de 1870
Arcansas
Flag of Arkansas.svg
6 de maio de 1861 18 de maio de 1861 1864 22 de xuño de 1868
Carolina do Norte
Flag of North Carolina.svg
20 de maio de 1861 21 de maio de 1861 1865 4 de xullo de 1868
Tennessee
Flag of Tennessee.svg
8 de xuño de 1861 2 de xullo de 1861 1863 24 de xullo de 1866
Misuri
Flag of Missouri.svg
31 de outubro de 1861 28 de novembro de 1861 1861 Gobierno Pro-Unión non electo desde 1861
Kentucky (Convención de Russellville)
Flag of Kentucky.svg
20 de novembro de 1861 10 de decembro de 1861 1861 Goberno Pro-Unión desde 1861
Territorio de Arizona (Goberno de Mesilla (Novo México))
Flag of Arizona.svg
6 de marzo de 1861 14 de febreiro de 1862 1862 Convértese en estado en 1912

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Deo" is not nominative case. See http://littleurbanity.blogspot.com/2004/12/deo-vindice.html http://www.civilwarhome.com/confederateseal.htm http://en.wiktionary.org/wiki/Deo_vindice http://www.soundsandlyrics.com/Meaning_of_Vindicated http://www.fireeater.org/Pages/Vol_I_2010/deoVindice.html
  2. 2,0 2,1 "Censo de 1860 (inglés)". http://www.civil-war.net/pages/1860_census.html. Consultado o 2007-11-13. 
  3. William Seward to Charles Francis Adams, April 10, 1861 in Marion Mills Miller, (ed.) Life And Works Of Abraham Lincoln (1907) Vol 6.
  4. ""Sermón do Día de acción de grazas" de Benjamin Palmer (inglés)". http://members.aol.com/jfepperson/palmer.htm. Consultado o 2007-11-12. 
  5. "Discurso da "Pedra Angular" de Alexander Stephens (inglés)". http://teachingamericanhistory.org/library/index.asp?documentprint=76. Consultado o 2007-11-13. 
  6. "A Declaración das causas directas que inducen e xustifican a secesión de Carolina do Sur da Unión Federal (inglés)". http://www.yale.edu/lawweb/avalon/csa/scarsec.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  7. "Unha Declaración das causas directas que inducen e xustifican a secesión de Mississippi da Unión Federal (inglés)". http://www.yale.edu/lawweb/avalon/csa/missec.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  8. "Declaración de secesión de Xeorxia (inglés)". http://www.yale.edu/lawweb/avalon/csa/geosec.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  9. "Declaración das causas que obrigan ao estado de Texas a secesionarse da Unión Federal (inglés)". http://www.yale.edu/lawweb/avalon/csa/texsec.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  10. Discurso de envestidura de Jefferson Davis (inglés).
  11. "Ordenanza de secesión de Carolina do Sur (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/scord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  12. "Ordenanza de secesión de Mississippi (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/msord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  13. "Ordenanza de secesión de Florida (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/flord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  14. "Ordenanza de secesión de Alabama (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/alord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  15. "Ordenanza de secesión de Xeorxia (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/gaord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  16. "Ordenanza de secesión de Luisiana (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/laord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  17. "Ordenanza de secesión de Texas (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/txordnan.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  18. "Ordenanza de secesión de Virxinia (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/vaord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  19. "Ordenanza de secesión de Arcansas (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/arord.htm. Consultado o 2007-11-12. 
  20. "Ordenanza de secesión de Carolina do Norte (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/ncord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  21. "Ordenanza de secesión de Tennessee (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/tnord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  22. O poder lexislativo de Tennessee ratificou o acordo de entrada no exército dos Estados Confederados o 7 de maio de 1861. Os votantes de Tennessee aprobaron dito acordo o 8 de xuño de 1861.
  23. "Ordenanza de secesión de Misuri (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/misouord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  24. Os políticos prol Confederación trataron de reunirse en Neosho, Misuri, e entón sacar fóra da Unión ao estado de forma íntegra.
  25. "Ordenanza de secesión de Kentucky (inglés)". http://gen.1starnet.com/civilwar/kyord.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  26. Convención de Russellville (inglés).
  27. 27,0 27,1 "Chamamento de Lincoln (inglés)". http://www.civilwarhome.com/lincolntroops.htm. Consultado o 2007-11-13.  Proclamación de Lincoln instando ás tropas aos restantes estados da Unión (ao final da páxina) e detalles do Departamento de Guerra aos Estados Unidos (ao principio da páxina).
  28. Alexander H. Stephens (1870). A Constitutional View of the Late War Between the States.  Vol. 2, páx. 36. "Libro dispoñible na web". http://ia300043.us.archive.org/1/items/constitutionalview02steprich/constitutionalview02steprich.pdf. Consultado o 2007-11-13.  Arquivo en formato PDF (75 Mb, en inglés)
  29. ""Marx e Engels na Guerra Civil Americana", páxina sobre George H. Thomas e o exército de Cumberland (inglés)". http://www.aotc.net/Marxen.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  30. ""Trasfondo da Constitución dos Estados Confederados", páxina sobre a Guerra Civil Estadounidense. (inglés)". http://www.civilwarhome.com/csaconstitutionbackground.htm. Consultado o 2007-11-13. 
  31. "Rexistros oficiais das naves unionistas e confederadas na Guerra da Rebelión (inglés)". http://cdl.library.cornell.edu/cgi-bin/moa/pageviewer?root=%2Fmoa%2Fofre%2Fofre2003%2F&tif=01043.TIF&cite=http%3A%2F%2Fcdl.library.cornell.edu%2Fcgi-bin%2Fmoa%2Fsgml%2Fmoa-idx%3Fnotisid%3DANU4547-2003&coll=moa&frames=1&view=50. Consultado o 2007-11-13.  Páxina 1.015
  32. Os poderes políticos dos estados, ou dereitos dos estados, na locución orixinal en inglés State's Rights, é o conxunto de competencias que conservan os estados para autogobernarse de forma individual. É unha reclamación dos estados sureños para autoxestionarse e non subordinarse a un Estado Federal que lles dirixa.
  33. Owsley, Frank L. (1925). State Rights in the Confederacy. 
  34. 34,0 34,1 34,2 Rable, George (1994). Peculiar Democracy: Southern Democrats in Peace and Civil War. 
  35. Moretta, John (1999). Pendleton Murrah and States Rights in Civil War. 
  36. Moore, Albert Burton (1924). Conscription and Conflict in the Confederacy. , páxina 295.
  37. 37,0 37,1 Marion Mills Miller. William Seward to Charles Francis Adams, April 10, 1861. 
  38. Albany Law School (Escola legal de Albany). ""Materiais legais dos Estados Confederados de América na Biblioteca legal de Schaffer" (inglés)". http://www.albanylaw.edu/sub.php?navigation_id=821. Consultado o 2007-11-13. 
  39. Arquivos nacionais dos Estados Unidos. "Arquivos das Cortes de distrito dos Estados Unidos (inglés)". http://www.archives.gov/research/guide-fed-records/groups/021.html. Consultado o 2007-11-13. 
  40. Dabney 1990:182
  41. "Tarifas aduaneiras dos Estados Confederados de América, a 21 de maio de 1861". http://docsouth.unc.edu/imls/tariff/tariff.html. Consultado o 2007-10-19. 
  42. Jordan Jr., Ervin L. (1995). Black Confederates and Afro-Yankees in Civil War Virginia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estados Confederados de América

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Xeral[editar | editar a fonte]

  • Current, Richard N. (1993). Encyclopedia of the Confederacy. 
  • Eicher, John H., & Eicher, David J. (2001). Civil War High Commands. ISBN 0-8047-3641-3. 
  • Faust, Patricia L. (198). Historical Times Illustrated Encyclopedia of the Civil War. 
  • Heidler, David S. (2002). Encyclopedia of the American Civil War : A Political, Social, and Military History. ISBN 0-393-04758-X. 
  • Wilentz, Sean. The Rise of American Democracy. ISBN 0-393-32921-6. 
  • Woodworth, Steven E. (1996). The American Civil War: A Handbook of Literature and Research. 

Historia económica e social[editar | editar a fonte]

  • Black, Robert C., III (1988). The Railroads of the Confederacy. 
  • Catherine, Clinton and Silber, Nina (1992). Divided Houses: Gender and the Civil War. 
  • Dabney, Virginius (1990). Richmond: The Story of a City. ISBN 0-8139-1274-1. 
  • Faust, Drew Gilpin (1996). Mothers of Invention: Women of the Slaveholding South in the American Civil War. 
  • Faust, Drew Gilpin (1988). The Creation of Confederate Nationalism: Ideology and Identity in the Civil War South. 
  • Grimsley, Mark (1995). The Hard Hand of War: Union Military Policy toward Southern Civilians, 1861-1865. 
  • Lentz, Perry Carlton (1970). Our Missing Epic: A Study in the Novels about the American Civil War. 
  • Massey, Mary Elizabeth (1966). Bonnet Brigades: American Women and the Civil War. 
  • Massey, Mary Elizabeth (1964). Refugee Life in the Confederacy. 
  • Rable, George C. (1989). Civil Wars: Women and the Crisis of Southern Nationalism. 
  • Ramsdell, Charles (1994). Behind the Lines in the Southern Confederacy. 
  • Roark, James L. (1977). Masters without Slaves: Southern Planters in the Civil War and Reconstruction. 
  • Rubin, Anne Sarah (2005). A Shattered Nation: The Rise and Fall of the Confederacy, 1861-1868. A cultural study of Confederates' self images. 
  • Thomas, Emory M. (1992). The Confederacy as a Revolutionary Experience. 
  • Wiley, Bell Irwin (1975). Confederate Women. 
  • Wiley, Bell Irwin (1944). The Plain People of the Confederacy. 
  • Woodward, C. Vann (1981). Mary Chesnut's Civil War. 

Historia política[editar | editar a fonte]

  • Alexander, Alexander, Thomas B. and Beringer, Richard E. (1972). The Anatomy of the Confederate Congress: A Study of the Influences of Member Characteristics on Legislative Voting Behavior, 1861-1865. 
  • Boritt, Gabor S. (1992). Why the Confederacy Lost. 
  • Cooper, William J. (2000). Jefferson Davis, American.  (biografía)
  • Coulter, E. Merton (1950). The Confederate States of America, 1861-1865. 
  • Davis, William C. (2003). Look Away! A History of the Confederate States of America. ISBN 0-684-86585-8. 
  • Eaton, Clement (1954). A History of the Southern Confederacy. 
  • Eckenrode, H. J. (1923). Jefferson Davis: President of the South. 
  • Gallgher, Gary W. (1999). The Confederate War. 
  • Neely, Mark E. Jr. (1993). Confederate Bastille: Jefferson Davis and Civil Liberties. 
  • Rembert, W. Patrick (1944). Jefferson Davis and His Cabinet. 
  • Rable, George C. (1994). The Confederate Republic: A Revolution against Politics. 
  • Roland, Charles P. (1960). The Confederacy. 
  • Thomas, Emory M.. Confederate Nation: 1861-1865.  (Historia política, económica y social)
  • Wakelyn, Jon L.. Biographical Dictionary of the Confederacy. ISBN 0-8371-6124-X. 
  • Williams, William M. (1941). Justice in Grey: A History of the Judicial System of the Confederate States of America. 
  • Yearns, Wilfred Buck (1960). The Confederate Congress. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]