Teresina
|
|||
| Estado | |||
| Superficie | 1 755,7 km² | ||
| Poboación Densidade |
893 246 (2007) 456,8 hab/km² |
||
| Altitude | 72 m sobre o nivel do mar | ||
| Latitude | 05º 05' 12" S | ||
| Lonxitude | 42º 48' 42" O | ||
| Distancia de Brasilia | 1.789 Km (por estradas) | ||
| Código postal (CEP) | 64000-000 | ||
| Administración local: | Prefeitura Municipal de Teresina- Pç. Mal. Deodoro, 860 | ||
| Internet: | http://www.teresina.pi.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Elmano Ferrer | ||
| Mapa de localización | |||
|---|---|---|---|
Teresina é a capital do estado brasileiro do Piauí. Sitúase xunto ás marxes dos ríos Parnaíba e Poti, sendo a única capital de estado do Nordeste brasileiro que non está no litoral. É veciña, na outra marxe do Parnaíba, da cidade de Timon, no Maranhão.
A temperatura media anual é de 28 °C, con máximas anuais que poden pasar dos 38 °C.
A cidade ten unha das mellores redes hospitalares do Nordeste do Brasil [Cómpre referencia], e recibe pacientes doutras cidades e ata dos estados veciños (Ceará e Maranhão) que alí buscan tratamentos de saúde. Segundo as estatísticas da Prefeitura da cidade, hai 634 empresas de saúde na cidade, sendo 8 hospitais, empregando no total 15 mil persoas.
Outras actividades económicas importantes son a industria (medicamentos, produtos de hixiene, cerámica, téxtiles, construción civil, o comercio e os servizos, e o turismo. Esta última actividade medrou grazas ó turismo de negocios e á descoberta polos visitantes do Sudeste e do Sur do Brasil dos atractivos turísticos do estado do Piauí, como o Parque Nacional de Sete Cidades e as dunas de area do delta do río Parnaíba. Como Teresina ten mellor infraestrutura hoteleira, funciona como escala nestas visitas.
Pero a pesar da importancia de Teresina, a cidade aínda é a capital de un dos estados máis pobres da federación brasileira, e as principais estradas que ligan a cidade co Sur do Brasil, co Recife e co Brasilia están en precaria conservación.
|
||||||||||||||||||||
