Luiz Inácio Lula da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luiz Inácio Lula da Silva
Lula - foto oficial05012007 edit.jpg
Luiz Inácio Lula da Silva
Presidente do Brasil
Período: 1º de xaneiro de 2003
1 de xaneiro de 2011
Antecesor: Fernando Henrique Cardoso
Sucesor: Dilma Rousseff
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 27 de outubro de 1945
Lugar: Vargem Grande (agora Caetés),
Garanhuns, Pernambuco, Brasil
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Partido dos Trabalhadores - PT
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Marisa Letícia Lula da Silva
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Metalúrxico, sindicalista e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
Signature of Luiz Inácio Lula da Silva.svg
{{{web}}}

Luiz Inácio Lula da Silva, nado en Caetés (daquela Vargem Grande, en Pernambuco) o 27 de outubro de 1945, é un político brasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa do Brasil en 2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os ex-presidentes brasileiros. El só perde, no mundo, co xeneral indonesio Susilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos), George W. Bush (58,4 millóns de votos), John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres en eleccións realizadas en 2004, e o ex-presidente estadounidense Ronald Reagan, que tivo, en 1984, 54,4 millóns de votos. Mais ultrapasou a votación do presidente Bill Clinton, que tivo 47,4 millóns de votos.

Foi candidato a presidente en 1989 (derrotado por Fernando Collor de Mello), en 1994 (derrotado por Fernando Henrique Cardoso) e en 1998 (novamente derrotado por Fernando Henrique Cardoso), gañando por fin as eleccións de 2002 (o segundo colocado foi José Serra).

Lula é co-fundador, presidente de honra e afiliado ao Partido dos Trabalhadores (PT), un dos máis importantes partidos brasileiros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 7 anos a súa familia realizou unha viaxe común para moitos nordestinos do Brasil: en condicións precarias, dirixiuse para o estado de São Paulo, coa esperanza de oportunidades mellores de vida. Pasaron a residir en Guarujá, cidade do litoral do estado.

Da Silva foi alfabetizado no Grupo Escolar Marcílio Dias. En 1956 pasou a morar en São Paulo. Con 12 anos foi empregado nunha tinturaría, tendo despois exercido as profesións de auxiliar de secretaría.

Operario e sindicalista[editar | editar a fonte]

Seguindo para a industria, Lula conseguiu unha praza no curso de torneiro mecánico no SENAI, organización brasileira de ensino industrial, formándose metalúrxico. Algúns anos despois, mudouse para São Bernardo do Campo, onde tivo os primeiros contactos co movemento sindical en 1968, por influencia do Irmao José Ferreira de Melo, apelidado de Frei Chico, quen lle presentou o seu primeiro libro titulado: O Que é a Constituição.

En 1969 Lula foi elixido para dirixir o sindicato dos metalúrxicos de São Bernardo do Campo. En 1975 foi elixido presidente do mesmo sindicato. Reelixido en 1978, foi un dos líderes sindicais que retomaron a práctica de manifestacións públicas de grande escala, que deixaran de ocorrer desde o endurecimento represivo da ditadura militar nos 10 anos anteriores. Durante o movemento das manifestacións, a idea de fundar un partido representante dos traballadores foi madurecendo, e, en 1980 fundou o Partido dos Trabalhadores, (PT).

Política[editar | editar a fonte]

Luiz Inácio Lula da Silva.jpg

Na idea de participar nos procesos electorais, cambiou xudicialmente o seu nome de Luís Inácio da Silva para Luís Inácio Lula da Silva (a lexislación vixente prohibía o uso de alcumes polos candidatos).

En 1982, Lula participou nas eleccións do goberno de San Paulo, que perdeu. En 1984, participou na campaña Diretas Já ao lado do Dr. Ulysses Guimarães, que clamaba por eleccións presidenciais directas despois de anos de ditadura militar e presidentes nomeados. A campaña non tivo éxito e as eleccións presidenciais de 1984 foron feitas polo Colexio Electoral (indirectas). En 1986, foi elixido deputado federal con récord de votos tendo unha actuación discreta.

En 1989, realizáronse as eleccións directas. Lula era candidato a presidente, liderando todas as pesquisas até semanas antes da elección. O gañador foi Fernando Collor de Mello, candidato conservador do PRN, que recibiu entusiasmado apoio de considerábel parte da poboación que se sentía intimidada ante a perspectiva de que o ex-sindicalista fora radical e abertamente aliñado coas teses de esquerda.

Os medios de comunicación de liña progresista e a oposición afirman que o resultado das eleccións de 1989 tería sido decisivamente manipulado por sectores dos medios de comunicación da liña conservadora. É un feito que Collor empeñouse nunha campaña de difamación de Lula, presentando no seu horario electoral gratuíto unha antiga noiva de Lula, coa cal este tiña unha filla, e que o acusaba de terlle proposto un aborto e de ser "racista". Algúns aínda afirmaron que, alén deste feito obxectivo, houbo manipulacións dalgúns dos principais órganos dos medios de comunicación brasileiros, que cubrirían as eleccións de forma a favorecer a candidatura de Collor. A pedra de toque desas alegacións foi nun resumo do último debate televisivo entre os dous candidatos, que foi levado ao ar polo telexornal máis seguido do país a poucos días da elección -por tanto, nun momento crítico do proceso electoral- que concedía mais tempo a Fernando Collor que a Lula. Falouse tamén na época da interrupción deliberada do servizo de ómnibus urbano en áreas de baixa renda, dificultando o traslado de electores até as seccións electorais, así como do secuestro do empresario Abílio Diniz, nas vésperas das eleccións, por un grupo de supostos terroristas estranxeiros, e que se mostrou na televisión o mesmo empresario, libertado de seu cativeiro, portando unha camisa co emblema do PT, que lle tería sido colocada polos mesmos secuestradores.

En 1991, o presidente Collor, oriúndo dunha tradicional familia alagoana de políticos e empresarios do sector de comunicacións, foi denunciado por corrupción activa e pasiva polas súas ligazóns co empresario e caixa da campaña de Collor, Paulo César Farias. O escándalo decorrente desas acusacións provocou ampla mobilización social no que ficou coñecido como Movemento Cara Pintada. No seu ápice a serie de protestas pacíficas reuniu máis de cincuenta millóns de cidadáns, xamais visto no mundo en tamaña proporción, esixindo a censura do presidente. O movimento foi vitorioso grazas á presión social exercida sobre as bases parlamentarias.

En 1994, Luis Inácio Lula da Silva volveu a presentarse á presidencia e foi novamente derrotado, desa vez polo candidato do PSDB, o sociólogo Fernando Henrique Cardoso. Ex-senador, Cardoso tiña un histórico político ligado á centro-esquerda, tendo sido exiliado durante a ditadura militar, e é un dos intelectuais máis respectados do mundo.

Á fronte do Ministério da Fazenda no goberno de Itamar Franco, Cardoso foi un dos mentores do Plano Real, que tivo éxito en frear a hiperinflación e estabilizar a moeda brasileira. En 1998 converteurse no primeiro presidente brasileiro en ser reelexido, derrotando a Lula no primeiro turno.

O 27 de outubro de 2002 Lula foi electo presidente do Brasil, derrotando ó candidato de FHC, José Serra do PSDB. No seu discurso de investidura, Lula afirmou: "E eu, que durante tantas vezes fui acusado de não ter um diploma superior, ganho o meu primeiro diploma, o diploma de presidente da República do meu país". A declaración foi unha resposta contra os innúmeros ataques que sofreu en virtude da súa baixa educación formal, que moitos consideran incompatíbel co cargo mais importante da República. Moitos opositores din que tal afirmación non é verídica, pois Lula xa tiña o certificado de torneiro mecánico emitido polo SENAI, así como un diploma similar como deputado federal. As causas deste desabafo foran os ataques sofridos na campaña que desmerecían a súa educación.

Presidente do Brasil

Segue a:
Fernando Henrique Cardoso
Luiz Inácio Lula da Silva
Precede a:
Dilma Rousseff
Partido dos Trabalhadores - PT

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía=[editar | editar a fonte]

Libro

Filme

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Luiz Inácio Lula da Silva
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luiz Inácio Lula da Silva