Heitor Villa-Lobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heitor Vila-Lobos (c. 1922).jpg

Heitor Villa-Lobos, nado o 5 de marzo de 1887 e finado o 17 de novembro de 1959, foi un compositor brasileiro.

Vida[editar | editar a fonte]

Heitor Villa-Lobos comezou dende moi mozo a súa formación musical, co estudo e interpretación do violoncello e a guitarra. Non obstante, antes de cumprir os vinte anos, decidiu abandonar a formación académica e comezou a traballar en bandas de música que percorrían o Brasil. Nesta viaxes coñeceu e anotou moitos ritmos e músicas populares que posteriormente influirían notablemente as súas composicións. Posteriormente asentouse en Rio de Janeiro onde proseguiu a súa formación co estudo dos grandes clásicos. Do 1923 ó 1930, Villa-Lobos viviu en París. Aquí entrou en contacto con músicos coma o pianista Artur Rubinstein ou o compositor de vangarda Edgar Varèse. Na súa volta ó Brasil, foi encargado de organizar o sistema educativo musical do país. Posteriormente levou a cabo a fundación do conservatorio nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heitor Villa-Lobos é considerado o maior compositor do Brasil no século XX. Considérase con Antonio Carlos Gomes un dos representantes do nacionalismo musical Brasileiro. Escribiu numerosas obras para orquestras e solistas, típico da súa obra é a incorporación da música popular brasileira aínda que tamén utilizou elementos procedentes do impresionismo, expresionismo, clasicismo, música barroca ou técnicas politonais ( por posibles influencias de Puccini ou Milhaud, co cal o autor mantivo unha amizade). Entre estas obras salientan 13 sinfonías. Os títulos considerados máis salientables son as Bachianas Brasileiras ou a Sinfonía nº 10 coñecida co nome de Amerindia Acadou tamén sona, debido as súas excentricidades. Por exemplo compuso obras musicais para piano onde unha man tocaba as teclas brancas e a outra as negras. Tamén creou a "Milimetrización", un método para extraer melodías a partires de debuxos ou fotografías. Villa-Lobos é o compositor de música clásica máis coñecido de América do Sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Villa-Lobos, Sinfonía Nº10. Amerindia. Orquesta Sinfónica de Tenerife. Director de Orquesta: Víctor Pablo Pérez. CD e Libreto editado por Harmonía Mundi Ibérica s.a. (en castelán)