Manuel de Castro González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Castro González»)
Manuel de Castro González
AlcumeHandicap
Nacemento9 de agosto de 1885
Lugar de nacementoVigo
Falecemento27 de agosto de 1944
Lugar de falecementoVigo
Causaatropelamento
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

Manuel de Castro González, máis coñecido como Handicap, nado en Vigo o 9 de agosto[1] de 1885 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1944, foi un deportista e xornalista deportivo galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de Sprint e Faro de Vigo. No mundo do fútbol ocupou diversos postos, dende xogador ata árbitro e directivo. En 1921 comezou a desempeñar a función de adestrador da Selección de fútbol de España labor que desempeñou ata 1927 de forma colexiada con Julián Ruete e José Ángel Berraondo.[3]

O labor de seleccionador compaxinábao coa función de vicepresidente do Real Vigo Sporting Club, posto que ocupaba cando en 1923 promoveu, xunto a Juan Baliño Ledo e Pepe Bar, a fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo.[4][5]

Escultura adicada a Handicap, obra de Rafael Álvarez Borrás.

Tras o nacemento do Celta seguiu vinculado a este club, tendo un papel moi importante na construción do estadio de Balaídos, nos encontros amigábeis ante conxuntos como a selección do Uruguai, Boca Juniors ou o Club Nacional de Football.

Amais da selección española tamén dirixiu a selección de fútbol de Galicia en numerosas ocasións, nunha época na que a maior parte do combinado estaba formado por xogadores do Celta. O seu vínculo co deporte foi moito máis xeral, sendo un dos promotores do equipo de atletismo do Celta e mesmo sendo presidente da Federación Galega de Atletismo. Tamén foi presidente da Federación Galega de Fútbol en 1922.[6]

Finou o 27 de agosto de 1944 atropelado por un tren na zona do Areal, ao saír dunha exposición[7]. Unha efixie súa, esculpida por Rafael Álvarez Borrás en 1946, está situada nas proximidades do estadio de Balaídos.

No ano 2011 instaurouse o Premio Manuel de Castro,[8] para elixir o mellor xogador do Celta de Vigo do ano natural, mediante votación entre xogadores do primeiro equipo, os xornalistas que seguen ao Celta, as peñas e os afeccionados a través de diversos medios dixitais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estévez Iglesias, Adrián (2023). Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón. Galaxia. ISBN 978-84-1176-006-5. 
  2. González Martín, Gerardo (2011). Handicap creó el Celta. Cardeñoso. 
  3. "69 años de la muerte de Manuel de Castro, precursor del Celta". www.moiceleste.com. 27 de agosto de 2013. 
  4. Mosquera, Javier (12 de xuño de 2011). "El cronista deportivo artífice del nacimiento del Celta". Faro de Vigo. 
  5. Lamas, Jorge (14 de xullo de 2010). "Se fusionan el Fortuna y el Vigo: nace el Celta". La Voz de Galicia. 
  6. Antón, Soledad (3 de xaneiro de 2012). "Historia de Handicap, el creador del Celta". La Voz de Galicia. 
  7. Gallego Arzuaga, F. (1998). R. C. Celta 1923 · 1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. p. 145. 
  8. "Nolito recibió el premio Manuel de Castro ´Handicap´". Faro de Vigo. 11 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]