Federación Galega de Atletismo
Federación Galega de Atletismo | |
---|---|
Tipo | federación deportiva |
Deporte | atletismo |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | 1988 |
Presidente/a | Isidoro Hornillos (2006-) |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
43°20′30″N 8°24′50″O / 43.341666666667, -8.4138888888889 | |
Na rede | |
https://atletismo.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Galega de Atletismo (FGA) é o organismo reitor do atletismo en Galicia. A FGA ordena, dirixe e planifica as actividades do atletismo galego. Dirixe tamén á selección galega de atletismo.
É unha entidade asociativa privada carente de ánimo de lucro, que ten por obxecto, mediante a integración de aletas, adestradores, técnicos, xuíces, clubs e outros colectivos interesados e estatutariamente establecidos que se dediquen á práctica do atletismo, o fomento, o desenvolvemento e a organización con carácter exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, onde ostenta, tamén con carácter exclusivo, a representación da Real Federación Española de Atletismo e que, ademais das atribucións de seu exerce, por delegación, funcións públicas de carácter administrativo.
Organiza anualmente o Campionato de Galicia de Clubs.
Ten a súa sede na cidade da Coruña, no Complexo Deportivo de Elviña, na Avenida de Glasgow, 13 (Salas 15, 16 e 17), no barrio do Birloque. A FGA ten delegacións na propia cidade coruñesa e nas localidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e O Barco de Valdeorras.
Historia[editar | editar a fonte]
A Federación Galega de Atletismo constituíuse o día 27 de marzo de 1921,[1]
En 1933 a FGA foi disolvida, reconsituíndose en 1934. No ano 1958 prodúcese a súa división en Federacións Provinciais, que volven a integrarse na Federación Galega en 1984.
O seu presidente actual é Isidoro Hornillos Baz, quen ocupa o cargo desde o ano 2006.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Facsímile da Acta de Constitución. Consultada o 6 setembro de 2018.
- ↑ Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |