Diego Martínez Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Martínez
Información persoal
Nome Diego Martínez Penas
Nacemento 16 de decembro de 1980
Lugar de nacemento Vigo
Posición Lateral
Información de club
Club actual Granada (adestrador)
Carreira xuvenil
1990–1999 Celta de Vigo
1999–2000 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
CD Imperio de Albolote
Adestrador
2006–2007 Arenas de Armilla
2007–2009 Motril
2010–2011 Sevilla C
2014–2017 Sevilla B
2017–2018 Osasuna
2018– Granada
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Diego Martínez Penas, nado en Vigo o 16 de outubro de 1980, é un adestrador de fútbol galego, que actualmente adestra ao Granada Club de Fútbol da Primeira División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Vigués de nacemento, xogou nove anos nas categorías inferiores do Celta de Vigo ata que marchou ao Cádiz CF onde durante un tempo compaxinou os estudos co fútbol. Aos vinte anos, cando xogaba no Imperio de Albolote sufriu unha grave lesión de xeonllo que o apartou dos terreos de xogo durante meses. Nese momento o adestrador do equipo, Óscar Cano animouno a adestrar a un dos equipos cadetes do club.[1] A partir de aí, deixou a práctica do fútbol e centrouse na súa formación como adestrador, onde intuía que se lle abría un futuro máis esperanzador.

En 2004 marchou con Cano ao Arenas de Armilla, onde foi o segundo adestrador deste, así como o adestrador do equipo xuvenil. En 2006 colleu as rendas do primeiro equipo en Terceira División tras a saída de Cano,[1] e despois pasou ao Motril, co que estivo a piques de ascender á Segunda B. Nese momento recibiu a chamada de Monchi que lle ofreceu incorporarse á estrutura deportiva do Sevilla.

Sevilla FC[editar | editar a fonte]

Chegou a Sevilla en 2009 dentro da área de metodoloxía, liderando o campo de tecnificación, para despois pasar ao banco, adestrando ao Sevilla C e ao equipo da División de Honra xuvenil, co que se proclamou campión en maio de 2012.[2]

Unhas semanas despois pasou a ocupar o cargo de auxiliar técnico do primeiro equipo, substituíndo a Javi Navarro.[3]

En 2014 fíxose cargo do Sevilla Atlético, de Segunda División B, tras a marcha de Ramón Tejada do club.[4] Esa primeira tempada salvou ao equipo do descenso a Terceira División e ao ano seguinte conseguiu o ascenso a Segunda, convertendo o equipo no único filial que xogaba naquel momento na división de prata do fútbol español.

CA Osasuna[editar | editar a fonte]

O 14 de xuño de 2017 anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Osasuna, en Segunda División.[5] Con todo, foi destituído despois dunha soa tempada, despois de non conseguir clasificar ao equipo para a promoción de ascenso.[6]

Granada CF[editar | editar a fonte]

En xuño de 2018 chegou ao Granada FC, tamén de Segunda.[7] Despois de 41 xornadas logrou o ascenso á Primeira División, tras empatar 1-1 contra o Mallorca e asegurar a segunda posición e o ascenso directo.[8] O bo facer na tempada e o éxito do ascenso valéronlle o Trofeo Miguel Muñoz.

O 13 de novembro de 2019, tras completar un brillante comezo de tempada, renovou o seu contrato co club por un ano máis.[9]

O equipo, cun dos orzamentos máis baixos da liga, rematou a tempada na sétima posición e clasificándose para a UEFA Europa League, despois do regreso do fútbol que se paralizara debido á pandemia de COVID-19. Un logro histórico para o club, xa que era a primeira vez na historia que o Granada se clasificaba para competicións europeas.[10] Na tempada 2020/21, tras superar as tres xornadas clasificatorias previas da Europa League, o seu equipo logrou o segundo posto do grupo, por detrás do PSV, e clasificouse para os oitavos de final, quedando encadrado na eliminatoria co Nápoles.[11] Na primeira volta da Liga, o Granada mellorou o rendemento da tempada anterior, obtendo 28 puntos en 19 partidos.[12]

Clubs[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Actualizado o 24 de xaneiro de 2021

Inicio Fin Equipo PT PG PE PP % PG
2006 2007 Arenas de Armilla 38 20 6 12 052.63
2007 2009 Motril 80 39 20 21 048.75
2010 2011 Sevilla C 38 12 15 11 031.58
13 de xuño de 2014 14 de xuño de 2017 Sevilla B 124 43 47 34 034.68
14 de xuño de 2017 7 de xuño de 2018 Osasuna 44 17 16 11 038.64
14 de xuño de 2018 actualidade Granada FC 120 61 27 32 050.83
Total 444 192 131 121 043.24

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]