Domingo Queralt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Queralt
 Vigo
Falecemento1932
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Domingo Queralt, nado en Vigo e finado en 1932, foi un futbolísta galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no extinto campo de Coia xunto con xogadores como Otero, Moncho Gil, Encinas, Chiarroni e Isidro, xogadores que lle deron ao fútbol galego e en concreto ao fútbol vigués un papel moi importante na península.

Xa militaba no Real Vigo Sporting Club antes da fusión de este co Real Club Fortuna de Vigo, en agosto de 1923, para formar o Real Club Celta de Vigo, co equipo sportinguista conseguiu catro campionatos de Galicia.

O 14 de setembro de 1923 o Celta de Vigo presenta oficialmente os equipos A e B do novo proxecto cun encontro no campo de Coia, un dos equipos estaba capitaneado por Otero, do que formaba parte Queralt, e outro por Juanito Clemente. Gañando por 2-0 o equipo de Otero.

Domingo Queralt disputou e gañou o primeiro campionato galego do Celta de Vigo, xogando a totalidade dos encontros, formando o equipo titular con: Lilo, Juanito, Pasarín, Cabezo, Balbino, Pepe Hermida, Bienvenido, Chicha, Nicha, Rogelio, Polo, Casal e Pinilla.

Tamén formou parte da primeira Selección galega de fútbol, disputando con ela partidos coma o 4-1 á selección de fútbol de Castela ou o 3-1 á selección de Lisboa.

Lamentablemente tivo que deixar o fútbol ao cabo de moi pouco tempo a causa dunha grave enfermidade, xogou o seu último encontro oficial o 3 de abril de 1927 en 1/8 da Copa de España gañando por 8-0 ao Español de Valladolid.

A causa desa enfermidade falece en febreiro de 1932.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]