Sprint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sprint foi un semanario deportivo editado en Vigo entre 1927 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico deportivo, apareceu o 7 de outubro de 1927. Fundado e dirixido por Andrés Rodríguez Barbeito. Editábase na imprenta de Faro de Vigo e entre os seus redactores estaba Manuel de Castro González (coñecido como Handicap); Enrique López foi o correspondente en Santiago de Compostela dende xuño de 1929. En 1929 fixo unha campaña rexionalista que lle custou o cargo ao seu director. Sucedeuno Luís del Valle (pseudónimo de Aurelio Domínguez Pérez). Foi un semanario crítico coas institucións ás que lle esixiu un maior fomento e plans ximnásticos nas escolas. O fútbol ocupaba a metade das follas da publicación (xeralmente de oito páxinas) e sempre aparecía en portada. Ademais do fútbol as noticias fixas eran sobre atletismo, boxeo e cinexética. Mantivo rivalidade co semanario coruñés Hércules. Desapareceu co estalido da Guerra Civil e a incorporación a filas do seu director, Luís del Valle.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]