Iñaki Sáez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Iñaki Sáez
Información persoal
Nome completoJosé Ignacio Sáez Ruiz
Nacemento23 de abril de 1943 (75 anos)
LugarBilbao, España
PosiciónDefensa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1958–1961San Vicente
1961–1962Barakaldo
1962–1974Athletic Club263(7)
Selección nacional
1968España3(0)
Adestrador
1975–1980Athletic Club (xuvenís)
1980–1981Athletic Club
1982–1986Bilbao Athletic
1985–1986Athletic Club
1988–1991Bilbao Athletic
1990–1992Athletic Club
1993–1994Las Palmas
1995Las Palmas
1995–1996Albacete
1996–2002España sub-21
2002–2004España
2004–2008España sub-21
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Ignacio Sáez Ruiz, coñecido como Iñaki Sáez, nado en Bilbao o 23 de abril de 1943, é un ex futbolista español e adestrador de fútbol. Xogaba de defensa e actualmente é o asesor técnico do Athletic Club. Durante a súa carreira como técnico foi seleccionador de España, tanto das súas categorías inferiores como da selección absoluta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Iñaki Sáez comezou a súa traxectoria como futbolista na Unión Sport de San Vicente de onde pasou ao Barakaldo. En 1962 ficha polo Athletic Club, onde destaca como defensa. Ata que se retirou en 1974, xogou douscentos sesenta e dous partidos en liga e marcou sete goles co equipo vasco. Ademais gañou dúas copas do Xeneralísimo nas tempadas 1968-69, e a de 1973-74. En 1968 xogou a Eurocopa coa selección española.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Estivo ligado a maior parte da súa primeira época ao Athletic Club, aínda que a maior parte das veces actuou como adestrador das categorías inferiores, ou como técnico da casa para substituír aos adestradores do primeiro equipo cando eran cesados.

Os seus maiores éxitos chegaron coa selección española Sub-21, coa que gañou varios títulos; o cal levoulle a dirixir ao primeiro equipo da selección nacional durante dous anos, para posteriormente volver á categoría sub-21.

En 2008 anunciou a súa retirada dos bancos, sendo substituído no cargo de seleccionador Sub-21 por Juan Ramón López Caro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Antonio Camacho
Adestrador da Selección de fútbol de España
20022004
Sucesor:
Luis Aragonés