Pepe Bar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Bar
Nacemento1886
 Vigo
Falecemento30 de xaneiro de 1930
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
FillosXosé Bar Boo
editar datos en Wikidata ]

José Bar Vilaboa, nado en Vigo en 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1930, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, máis coñecido como Pepe Bar[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira futbolística transcorreu principalmente no Real Club Fortuna de Vigo, equipo ao que tamén dirixiu como técnico ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en 1923. Precisamente Bar foi un dos valedores da fusión xunto ao xornalista Manuel de Castro Handicap e ao secretario do Concello de Vigo Juan Baliño Ledo, o froito do esforzo foi o Real Club Celta de Vigo.

No seu recordo hai un busto seu no Estadio Municipal de Balaídos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmán do tamén futbolista Félix Bar Vilaboa. Casou con Carmen Boo Feás e foi pai de Ángeles, Antonio, Xosé, Alfonso e Luis Bar Boo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Txema Ereaga (18 de xullo de 2014). "Pepe Bar: un excelente deportista que dio vida al Celta". Fame Celeste (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]