Saltar ao contido

Pepe Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPepe Hermida
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1897 Editar o valor em Wikidata
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1970 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

José Hermida Losada, nado en Gondomar o 12 de agosto de 1897 e finado en Tui o 11 de agosto de 1970[1], foi un futbolista galego que xogaba nas demarcacións de centrocampista e defensa, máis coñecido como Pepe Hermida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi membro dunha saga familiar no Celta de Vigo xunto co seu irmán Ángel Hermida e o seu sobriño Manuel Hermida Losada, coñecido como Hermidita e un dos mellores xogadores da historia céltica.

Antes da fundación do Celta no ano 1923 xogaba no Real Vigo Sporting Club, un dos dous clubs que deu lugar ao Real Celta de Vigo. Trala creación do novo club vigués converteuse nun dos primeiros xogadores do mesmo.

Debuta en competición oficial co Celta na tempada 1923-24 proclamándose campión de Galiza. Este sería o primeiro dos 6 Campionatos de Galicia que conseguiu Hermida co equipo olívico.

No ano 1924 tamén debutou na Copa de España ante o Athletic de Bilbao.

Participou tamén no ano 1928 na xira do Celta por América que saíu o 7 de xuño do porto de Vigo no transatlántico Werra.

No ano 1932 abandona o Celta con 34 anos, tras nove tempadas no club e conseguir debutar na acabada de crear Liga española de fútbol sen acadar o ascenso a Primeira División, que chegaría no ano 1936.

Palmarés co Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]
Ano Club Título
1923-1924 RC Celta de Vigo Campión Galiza
1924-1925 RC Celta de Vigo Campión Galiza
1925-1926 RC Celta de Vigo Campión Galiza
1926-1927 RC Celta de Vigo
1927-1928 RC Celta de Vigo Campión Galiza
1928-1929 RC Celta de Vigo
1929-1930 RC Celta de Vigo Campión Galiza
1930-1931 RC Celta de Vigo
1931-1932 RC Celta de Vigo Campión Galiza
  1. Berto V. T. (16 de xaneiro de 2011). "Pepe Hermida". Yo jugué en el Celta (en castelán).