Domènec Balmanya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Balmanya
Información persoal
Nome Domènec Balmanya Perera
Nacemento 29 de decembro de 1914
Lugar de nacemento Xirona
Falecemento 14 de febreiro de 2002
Lugar de falecemento Barcelona
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1933–1935 Girona 55 (17)
1935–1937 Barcelona 39 (0)
1937–1941 Sète
1941–1944 Barcelona 47 (5)
1944–1948 Gimnàstic 55 (6)
1948–1949 Sant Andreu 8 (7)
1949–1950 Gimnàstic 6 (1)
Selección nacional
1949–1950 Cataluña 4 (0)
Adestrador
1950 Gimnàstic
1952 Girona
1952–1953 Zaragoza
1954–1955 Oviedo
1956–1958 Barcelona
1958–1960 Sète
1960–1962 Valencia
1963–1964 Betis
1964–1965 CD Málaga
1965–1966 Atlético de Madrid
1966–1968 España
1970–1971 Zaragoza
1972–1974 Cádiz
1974–1976 Sant Andreu
1980 Sant Andreu
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Domènec Balmanya Perera, tamén coñecido como Domingo Balmanya, nado en Xirona o 29 de decembro de 1914 e finado en Barcelona o 14 de febreiro de 2002, foi un futbolista e adestrador español. Xogaba como centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira de xogador no FC Barcelona. Como adestrador guiou ao CF Barcelona á vitoria da Copa do Xeneralísimo en 1957 e á conquista da primeira Copa de Feiras en 1958. Despois pasou polos bancos do Valencia, do Betis e do CD Málaga, antes de levar ao Atlético de Madrid a gañar o título de liga en 1966. Dirixiu tamén á selección española entre 1966 e 1968.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Girona, co que xogou na Terceira División, logrando o ascenso a Segunda.[1] En 1935 fichou polo FC Barcelona, debutando coa camiseta do club nun partido do Campionato de Cataluña, competición da que se proclamou campión. A súa estrea na Primeira División produciuse o 10 de novembro de 1935, nunha derrota por 1-0 ante o Espanyol. Esa mesma tempada acadou a final da Copa do Presidente da República, na que foi titular, perdendo 2-1 contra o Real Madrid.[2]

Durante a súa etapa no Barcelona xogou 111 partidos co club en diversas competicións e entre os seus primeiros compañeiros estiveron Joan Josep Nogués, Josep Escolà e Enrique Fernández Viola. Durante a tempada 1936/37, o fútbol nacional foi suspendido por mor da Guerra Civil. Con todo, o Barcelona e outros clubs da zona republicana de España competiron na Liga Mediterránea, proclamándose campión o Barcelona.

En 1937 emprendeu co seu club unha xira de recadación de fondos por México e os Estados Unidos. O equipo xogou catorce partidos contra conxuntos como o Club América, o Atlante FC, o Necaxa e unha selección mexicana. Nos Estados Unidos, o FC Barcelona xogou e gañou un torneo contra unha selección de Brooklyn, unha selección de Nova York, unha selección hebrea, e unha selección dos Estados Unidos. En termos económicos a xira salvou ao club, pero o adestrador Patrick O'Connell regresou a España con só catro xogadores. O resto exiliáronse, recalando Balmanya no FC Sète francés, xunto con Escolà e Raich. Con este equipo proclamouse campión de liga en 1939.[1]

Unha vez rematada a guerra civil en 1939, o goberno franquista impuxo unha suspensión de seis anos para os deportistas exiliados.[3] Por mediación do presidente do Barcelona, Enrique Piñeyro, o seu castigo reduciuse a dous anos, e Balmanya e Escolà regresaron do exilio en 1941. Durante a súa primeira tempada trala volta, o Barça evitou por pouco o descenso tras gañar a promoción ante o Real Murcia.[1] A pesar dos malos resultados na liga, o club logrou gañar a Copa do Xeneralísimo, vencendo ao Athletic de Bilbao por 4-3 na prórroga.[4]

Entre 1935 e 1944 xogou 4 partidos coa selección catalá.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Posteriormente acompañou a Nogués ao Gimnàstic de Tarragona, onde puxo fin a súa carreira como xogador e comezou a súa carreira como adestrador, ao suceder no banco ao propio Nogués en 1949. Con todo, a súa primeira experiencia como técnico acabou con decepción xa que o Nàstic acabou a tempada descendendo. Despois de pasar polo Girona e polo Zaragoza, viviu o seu primeiro éxito no Oviedo, ao que levou en 1955 ata o segundo posto do Grupo I da Segunda División, aínda que non conseguiu o ascenso na fase de promoción.

Exerceu como adestrador do FC Barcelona durante dúas tempadas entre 1956 e 1958. Cun equipo formado por xogadores como Velasco, Joan Segarra, Ramallets, Kubala, Luis Suárez e Evaristo, gañou a Copa do Xeneralísimo en 1957 e a primeira Copa de Feiras en 1958. Con todo, na liga só puido ser terceiro (en ambas tempadas) e en 1958 foi substituído por Helenio Herrera.[1]

Despois de dúas tempadas en Francia co FC Sète, regresou a España para facerse cargo do Valencia CF en 1960. Dirixiu o club valenciano durante dúas tempadas, acadando na segunda delas a final da Copa de Feiras, aínda que non chegou a sentarse no banco da final, aprazada debido ao Mundial de Chile. Na tempada 1963/64 adestrou o Betis, co que logrou o terceiro posto na liga, e na seguinte ascendeu o CD Málaga a Primeira.

En 1965 foi contratado polo Atlético de Madrid. Alí tivo ás súas ordes a futbolistas como Enrique Collar, Miguel Jones, Adelardo e Luis Aragonés, e acabou proclamándose campión de liga na súa única campaña no club. Grazas a estes éxitos foi nomeado seleccionador de España, cargo que ocupou entre 1966 e 1968. Posteriormente adestrou o Zaragoza, o Cádiz e o Sant Andreu.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Barcelona

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Barcelona
Atlético de Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sanchis, Alberto (15 de febreiro de 2002). "Adéu 'Mingu'". Mundo Deportivo (en castelán). p. 14. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  2. "La Copa de España de fútbol, fue ganada por el Madrid". La Región (en castelán) (6945). 23 de xuño de 1936. p. 4. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  3. Corcuera, José Ignacio (1 de marzo de 2019). "Las otras víctimas de la Guerra Civil (2)". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (107). ISSN 1989-6379. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  4. "El Barcelona gana al Atlético de Bilbao en una disputadísima final". El Pueblo Gallego (en castelán) (5890). 23 de xuño de 1942. p. 5. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]