Ramón Polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Polo
Nacemento13 de abril de 1901
 Corcubión
Falecemento19 de xuño de 1966
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

Ramón Polo Pardo, nado o 13 de abril de 1901 en Corcubión foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formaría parte do Real Club Celta de Vigo dende a súa fundación no ano 1935 procedente do Fortuna, un dos equipos que deu lugar ao club celeste ao fusionarse co Vigo Sporting.

Pese a non ser un dianteiro nato, xa que era interior esquerdo, a súa rapidez e habilidade xunto a un tiro contundente e preciso fixeron que sexa un dos máximos goleadores da historia do Celta, con 157 goles en 257 encontros

Antes do nacemento do Celta, Polo xa tiña xogado coa selección galega de fútbol no debut oficial da mesma o 19 de novembro de 1922 ante a selección de Castela, partido que remataría con vitoria galega por 4-1, marcando Polo tres goles. Ramón Polo compartiría equipo con xogadores como: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni e Pinilla.

Reinaba Afonso XIII e eran outros tempos, a selección galega estaba recoñecida pola Federación Española e disputaba encontros internacionais. O primeiro foi contra Lisboa o 7 de xaneiro de 1923, o que era o bautismo de lume do xove combinado galego, e que resolveu cun 3-1, con dous goles de Polo e outro de Reigosa.

Unha vez xa no Celta comeza a dar sinais da súa gran valía, axudando nos campionatos galegos gañados en 1923-24. 1924-25 e 1925-26. A súa habilidade goleadores levouno a formar parte da selección española, debutando o 4 de outubro de 1925 contra a selección de Hungría en Budapest con vitoria española. Sendo o seu segundo e último partido co combinado o 2 de abril de 1933 en Vigo contra a selección de Portugal, gañando España por 3-0.

Na tempada 1927-1928, o Celta con Polo nas súas filas volve conquistar o Campionato galego, inaugurandose ese ano tamén o estadio de Balaídos, en cuxo partido inaugural lle marcaría dous goles ao Real Unión de Irún

A partir do ano 1929 o Celta terá que compaxinar o campionato rexional, o cal volverá gañar en varias ocasión, ca Liga española recen creada, na cal comezará competindo en Segunda División

Na tempada 1930-31, o equipo xoga en Terceira División resultando campión e retornando a Segunda pese a non poder contar con Polo durante todo o ano por unha lesión nun derbi contra o Deportivo da Coruña nun choque co centrocampista Esparza.

Ao ano seguinte anotaría 6 goles en Segunda División e 4 na tempada 1932-33, marca que conseguiría ao ano seguinte, penúltimo da súa carreira como futbolísta. Carreira que remataría estando a piques de conseguir o ascenso a Primeira División. Colgando as botas no ano 1935, xusto antes do primeiro ascenso do Celta, o cal non puido celebrar coma xogador.

Dentro do imaxinario colectivo había quen dicía que era o único xogador europeo capaz de bater ao porteiro de Boca Juniors, polo que se lle coñecía na Arxentina como a sombra negra de Tessorieri, e tamén que nun derbi contra o Deportivo partira o peroné provocando penalti, lesión que o mantería lonxe dos campus durante un ano, pero que marcara o penal lanzandoo ca perna rota.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]