Ricardo Zamora
Ricardo Zamora | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Ricardo Zamora Martínez | ||
Nacemento | 21 de xaneiro de 1901 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Falecemento | 8 de setembro de 1978 e 15 de setembro de 1978 | ||
Lugar de falecemento | Barcelona | ||
Altura | 1,94 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1914–1916 | Universitari SC | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1916–1919 | Espanyol | ||
1919–1922 | Barcelona | ||
1922–1930 | Espanyol | 26 | (0) |
1930–1936 | Real Madrid | 82 | (0) |
1937–1938 | Nice | ||
Selección nacional | |||
1920–1930 | Catalán XI | ||
1920–1936 | España | 46 | (0) |
Adestrador | |||
1937–1938 | Nice | ||
1939–1946 | Atlético Aviación | ||
1946–1949 | Celta de Vigo | ||
1949–1951 | CD Málaga | ||
1952 | España | ||
1953 | Venezuela | ||
1953–1955 | Celta de Vigo | ||
1955–1957 | Espanyol | ||
1960 | Celta de Vigo | ||
1961 | Espanyol | ||
1962 | Espanyol | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ricardo Zamora Martínez, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Estaba alcumado como El Divino e na súa honra faise o Trofeo Zamora.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Tras formarse no Universitari SC fichou polo RCD Espanyol aos 16 anos, tras un breve paso polo FC Barcelona entre os anos 1919-1922 volveu ao Espanyol, de onde marcharía en 1930 ao Real Madrid, o seu último equipo en España. Co comezo da Guerra Civil Española foi detido e encarcelado no cárcere Modelo de Barcelona polo Goberno da Segunda República e acabou exiliándose primeiro na Arxentina e despois en Francia, onde se retirou xogando nas filas do OGC Nice.
Foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña e coa de Selección de fútbol de España en 46 encontros, disputando os Xogos Olímpicos de Antuerpen 1920, París 1924 e Amsterdam 1928 e o Mundial de Fútbol Italia 1934.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Estreouse como xogador-adestrador no seu último ano no OGC Nice na tempada 1937-38.
Xa de volta en España trala Guerra Civil dirixiu ao Atlético de Aviación, actual Atlético de Madrid co que gañou a Liga nas tempadas 1939-40 e 1940-41. Despois vestiu as cores do Celta de Vigo, CD Málaga, RCD Espanyol e das seleccións de España e Venezuela.
Zamora dirixiu ao Celta en tres etapas. A primeira entre os anos 1946 e 1948, a segunda entre 1953 e 1955 e a terceira a finais da tempada 1959-60.
Chegou ao club para substituír o técnico galego Armando e o primeiro ano levou ao equipo a cuartos de final da Copa do Xeneralísimo onde perdeu ante o Athletic de Bilbao.
A segunda tempada foi a de máis éxito, onde acadou a mellor clasificación da historia do club na Liga xunto coa 2002-03, ao rematar na 4ª posición. Ademais o equipo chegaría á final da Copa 1947-48, encontro que perdeu por 4-1 ante o Sevilla FC, acabando o encontro con nove xogadores e despois de xogar esa mesma semana unha longa semifinal de catro encontros ante o RCD Espanyol. Nese equipo había xogadores do talle de: Pahiño, Hermidita, Gabriel Alonso ou Miguel Muñoz. Unha das moitas polémicas dese encontro foi a exclusión de Hermidita, máximo goleador da historia do club, do equipo. O seu substituto foi Luís Casas Pasarín.
O seu segundo período no equipo vou tras o cesamento de José Iraragorri na 12ª xornada da tempada 1953-54, o equipo salvouse na última xornada cunha vitoria ante o Athletic de Bilbao en Balaídos por 4-2. O seu segundo ano tamén remataría nunha posición similar pero salvando o descenso con máis comodidade. O seu substituto foi Luis Urquiri.
A terceira e última estancia en Vigo foi co equipo en Segunda División e so para a fase de ascenso. Esa tempada non estivo exenta de polémica xa que tras problemas burocráticos coa licenza do adestrador arxentino Enrique Lúpiz tomou a dirección do equipo Baltasar Albéniz, que conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso, pero a directiva tentou fichar a Helenio Herrera para eses encontros restantes polo que Albéniz dimitiu e o Celta tivo que recorrer a un home da casa, Yayo e ao propio Zamora para cumprir o obxectivo, cousa que non se logrou ao perder contra o Real Valladolid
A partir de entón so dirixiu ao RCD Espanyol en dous breves períodos de tempo. Trala súa retirada traballou como empregado do club ata practicamente o día da súa morte.
Postumamente obtivo a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, e na actualidade os gardametas menos goleados de cada tempada reciben o galardón Trofeo Zamora na súa honra.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Título | Ano | Equipo |
---|---|---|
Liga | 1939-40 | Atlético Aviación |
Liga | 1940-41 | Atlético Aviación |
Copa Eva Duarte | 1940-41 | Atlético Aviación |
Galardóns individuais[editar | editar a fonte]
Título | Ano | Equipo |
---|---|---|
Trofeo Zamora | 1928-29 | RCD Espanyol |
Trofeo Zamora | 1931-32 | Real Madrid |
Trofeo Zamora | 1932-33 | Real Madrid |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (1 de febreiro de 2011). "Ricardo Zamora". Yo entrené al Celta (en castelán).
- Nados en 1901
- Finados en 1978
- Nados en Barcelona
- Futbolistas de Cataluña
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do OGC Nice
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do OGC Nice
- Adestradores do Atlético de Madrid
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do CD Málaga
- Adestradores do RCD Espanyol
- Adestradores da selección de fútbol de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Futbolistas olímpicos de España
- Gañadores do Trofeo Zamora