Copa Príncipe de Asturias de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Copa Príncipe de Asturias
Fundación1914
Fin1926
RexiónEspaña España
EquiposVariable
Último campiónCataluña Cataluña
Máis laureadoCataluña Cataluña
(3 títulos)
OrganizadorRFEF

A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.

Historia[editar | editar a fonte]

O torneo foi instituído ó comezo da tempada 1914/15 pola Real Federación Española de Fútbol en honor do entón Príncipe de Asturias, don Afonso de Borbón e Battenberg, que foi quen doou o trofeo. Don Afonso era o primoxénito do rei Afonso XIII, e ostentou o devandito cargo dende o seu nacemento en 1907 até a proclamación da Segunda República en 1931.

Durante a primeira etapa desta competición (entre 1914 e 1918), disputábanse tódolos partidos en Madrid e a inscrición era voluntaria para as distintas federacións territoriais. Após catro edicións, o trofeo foi outorgado en propiedade á Federación Centro por se-la primeira en gaña-la competición dúas veces, e non se volveron disputar máis edicións.

Catro anos despois, na asemblea da RFEF celebrada en Vigo en xullo de 1922, acordouse reinstaura-lo torneo co nome de Campionato Interrexional para axudar á escolla de xogadores para a selección española. O torneo sería disputado mediante eliminatorias e a final sería xogada en sedes que variarían cada ano. A participación sería obrigatoria para tódalas federacións afiliadas á RFEF[1][2].

Despois de se xogar dúas edicións baixo o novo sistema, acordouse elimina-la competición nunha asemblea da RFEF[3], mais aínda sería disputada unha derradeira edición co obxectivo de outorga-lo trofeo en propiedade, onde só participaron as dúas seleccións que o gañaran previamente nas dúas anteriores edicións.

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión
1915 Cantabria Flag of the Basque Country.svg Norte Cataluña Cataluña
1916 Cataluña Cataluña Centro Centro
1917 Centro Centro Cataluña Cataluña
1918 Centro Centro Asturias Cantabria Cantábrico
1923 Asturias Asturias Galicia Galiza
1924 Cataluña Cataluña Centro Centro
1926 Cataluña Cataluña Asturias Asturias

Palmarés[editar | editar a fonte]

Selección Campionatos Subcampionatos Anos dos campionatos Notas
Cataluña Cataluña 3 2 1916, 1924 e 1926 Un trofeo en propiedade.
Centro Centro 2 2 1917 e 1918 Un trofeo en propiedade.
Asturias Asturias 1 1 1923
Cantabria Flag of the Basque Country.svg Norte 1 1915
Galicia Galiza 1
Asturias Cantabria Cantábrico 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Asamblea de Vigo". La Correspondencia de España nº 23.350 (en castelán). 27 de xullo de 1922. p. 4. 
  2. "Importante acuerdo sobre los traspasos de jugadores" (PDF). El Mundo Deportivo nº 856 (en castelán). 24 de xullo de 1922. p. 1. 
  3. "Supresión del Campeonato Interregional". Madrid-Sport nº 406 (en castelán). 10 de xullo de 1924. p. 3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]