Juan Baliño Ledo
Juan Baliño Ledo | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1923. | |
Nacemento | 2 de xaneiro de 1901 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 24 de outubro de 1999 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Baliño Ledo, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1999,[1] foi un avogado galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Secretario Xeral do Concello de Vigo, e durante a guerra civil española Secretario da comisión xestora municipal, presidida polo Comisario de Guerra José Giménez García.[2] Posteriormente tamén foi xerente do Faro de Vigo.
En 1923 foi xunto a Manuel de Castro Handicap e Pepe Bar un dos máximos valedores da fusión do Real Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo, que deu pé ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. Ocupouse da parte xurídica da fusión e formou parte da comisión creada para dar forma ao novo club e elaborar os seus estatutos. Súa é a proposta de Celta de Vigo como nome e as cores do seu equipamento. Foi un dos primeiros directivos do club. Anos despois foi presidente da Federación Galega de Fútbol e da de Atletismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Faro de Vigo, 29-10-1999, p. 12, 13.
- ↑ "El Movimiento antes del movimiento: De las asociaciones católicas a FET de las JONS. El caso de Vigo" (PDF). Consultado o 12 de novembro de 2021.