Wikipedia:Efemérides destacadas/Outubro
1 de outubro (ver • editar)
- 1876, publícase o primeiro número do xornal El Diario de Lugo, editado na capital lucense.
- 1924, nace Jimmy Carter, presidente dos Estados Unidos entre 1977 e 1981.
- 1931, a República Española recoñece o dereito ao voto das mulleres (sufraxio feminino).
- 1958, o congreso dos Estados Unidos crea a NASA.
- 1960, Nixeria vólvese estado independente do Reino Unido.
- 1978, Tuvalu consegue a súa independencia.
Hoxe é o Día Internacional das Persoas da Terceira Idade.
2 de outubro (ver • editar)
- 1890, nace Groucho Marx (m. 1977), actor, comediante e escritor estadounidense.
- 1928, fúndase o Opus Dei.
- 1929, nace en Moscova (Rusia) Lev Yashin, xogador de fútbol.
- 1968, na Plaza de las Tres Culturas de Cidade de México o exército mexicano e outros grupos armados reprimen violentamente aos manifestantes alí reunidos causando ducias de mortos no chamado "Masacre de Tlatelolco"
- 1990, reunifícanse na Alemaña a RDA e a RFA.
3 de outubro (ver • editar)
- 1792, inícianse en Washington as obras da Casa Branca, residencia dos presidentes.
- 1897, nace Louis Aragon, escritor francés (m. 1982).
- 1952, o Reino Unido convértese na terceira potencia nuclear tras proba-la bomba atómica en Australia.
- 1967, morre Woody Guthrie, músico de folk americano (n. 1912).
- 1991, a escritora sudafricana Nadine Gordimer gaña o Premio Nobel de Literatura.
4 de outubro (ver • editar)
- 1824, México independízase de España.
- 1946, nace Susan Sarandon, actriz estadounidense.
- 1947, morre Max Planck, físico alemán (n. 1858).
- 1957, a Unión Soviética pon en órbita o Sputnik I, o primeiro satélite artificial da Terra.
- 1970, morre Janis Joplin, cantante estadounidense (n. 1943).
- 1992, acordo de paz en Roma entre o Goberno e a guerrilla de Mozambique.
Hoxe é o Día Mundial dos Animais.
5 de outubro (ver • editar)
- 1864, nace Louis Lumière, inventor do cinematógrafo xunto co seu irmán Auguste.
- 1889, publícase o primeiro número do semanario en galego A Monteira.
- 1910, proclámase a Primeira República Portuguesa.
- 1963, Ánxel Fole (1903 - 1986) ingresa na Real Academia Galega.
- 1983, descóbrese o asteroide 9007 James Bond.
- 2004, morre Maurice Wilkins, físico neozelandés, codescubridor da estrutura do ADN.
- 2011, morre Steve Jobs, cofundador de Apple Inc. (n. 1955).
Hoxe é o Día Mundial dos Docentes.
6 de outubro (ver • editar)
- 1866, bota a andar nos Estados Unidos o primeiro automóbil.
- 1907, Manuel Lugrís Freire emprega por vez primeira a lingua galega nun discurso público e político.
- 1908, Austria anexiona con Bosnia - Hercegovina.
- 1929, nace en Outeiro de Rei o poeta galego Manuel María (m. A Coruña, 8 de setembro de 2004).
- 1962, morre Tod Browning, director de cine (n. 1880).
- 1973, comeza a guerra do Yom Kippur entre Exipto, Siria e Israel.
Hoxe é o Día Mundial da Arquitectura.
7 de outubro (ver • editar)
- 1769, James Cook descobre Nova Celandia.
- 1571, ten lugar a batalla de Lepanto.
- 1849, morre Edgar Allan Poe, escritor estadounidense (n. 1809).
- 1885, nace Niels Bohr, físico alemán, Premio Nobel de Física no ano 1922.
- 1940, Alemaña invade Romanía.
8 de outubro (ver • editar)
- 1895, nace Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina entre 1946-1955 e 1973-1974 (m. 1974).
- 1946, nace Jean-Jacques Beineix, director de cine francés.
- 1992, morre Willy Brandt, político alemán, Premio Nobel da Paz (n. 1913).
- 2004, morre Jacques Derrida, filósofo francés (n. 1930).
9 de outubro (ver • editar)
- 1238, fundación do Reino de Valencia por Xaime I de Aragón.
- 1940, nace John Lennon, músico e compositor (The Beatles) (m. 1980).
- 1958, morre o Papa Pío XII (n. 1876).
- 1967, morre executado Che Guevara (n. 1928).
- 2002, a Unión Europea aproba o ingreso de dez países para o 2004.
Hoxe é o Día da Comunidade Valenciana e os Días Mundiais das Aves e do correo.
10 de outubro (ver • editar)
- 1780, un gran furacán mata entre 20.000 e 30.000 persoas no mar Caribe.
- 1798, os británicos ocupan a illa de Menorca.
- 1933, prodúcese a primeira sabotaxe aérea da historia: un Boeing 247 das United Airlines é destruído en pleno voo.
- 1970, Fidxi obtén a súa independencia.
- 1979, lánzase ao mercado no Xapón o arcade Pac-Man, coa compañía de Namco.
Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental e o Día Mundial Contra a Pena de morte.
11 de outubro (ver • editar)
- 1582, debido a implantación do Calendario gregoriano, este día non existe no ano 1582 en Italia, Polonia, Portugal e España.
- 1937, nace Bobby Charlton, xogador de fútbol inglés retirado en 1975.
- 1962, inaugúrase o Concilio Vaticano II.
- 1971, comeza a gravarse en Francia o albúm de Zeca Afonso Cantigas do Maio, que inclúe a canción "Grândola, Vila Morena".
12 de outubro (ver • editar)
- 1823, na Escocia, Charles Macintosh vende o primeiro impermeable.
- 1874, nace en Ourense Xavier Prado Rodríguez (Prado Lameiro), veterinario, autor teatral e poeta galego.
- 1994, a NASA perde o contacto por radio coa sonda Magallanes que estaba orbitando o planeta Venus (e que probablemente se queimou na atmosfera o 13 ou 14 de outubro.
- 1999, a poboación mundial acada a cifra de 6.000 millóns de habitantes.
Hoxe é a Festa Nacional de España ou Día da Hispanidade e o Día Mundial do ovo.
13 de outubro (ver • editar)
- 1773, o astrónomo francés Charles Messier descobre a Galaxia Remuíño (M51 ou Messier 51) na constelación Canes Venatici, unha galaxia espiral localizada á distancia aproximada de 23 millóns de anos luz.
- 1906, celébrase en Barcelona o primeiro Congreso Internacional da lingua catalá.
- 1917, unhas 100.000 persoas nos campos na Cova da Iria, preto de Fátima (Portugal), son testemuñas do "Milagre do Sol".
- 1946, Francia adopta a Constitución da Cuarta República.
- 1946, iníciase a guerra pola independencia de Indonesia.
- 1971, nace en Lugo o actor Luís Tosar, un dos protagonistas de Os luns ó sol.
14 de outubro (ver • editar)
- 1066, prodúcese a Batalla de Hastings.
- 1931, apróbase a Constitución da Segunda República Española.
- 1957, ten lugar a Gran riada de Valencia debida ao desbordamento do río Turia, que alcanza 3.700 m3/s, o caudal rexistrado máis alto desde que se teñen datos.
- 1962, un avión U-2 toma fotos de recoñecemento que revelan a construción de bases de mísiles en Cuba, dando inicio á Crise dos mísiles de Cuba.
- 1964, morre Ramón Suárez Picallo, político galego.
15 de outubro (ver • editar)
- 1783, por vez primeira seres humanos soben nun dos globos aerostáticos dos irmáns Montgolfier.
- 1844, nace Friedrich Nietzsche, filósofo alemán.
- 1917, é executada en París a espía e bailarina holandesa Mata Hari acusada de espionaxe a favor da Alemaña.
- 1993, Nelson Mandela e Frederik de Klerk reciben o Premio Nobel da Paz por acabar co apartheid.
- 2007, convócase por primeira vez o Blog Action Day [1]. A proposta para este primeiro ano é que tódolos blogs publiquen algún comentario sobre o Medio Ambiente.
16 de outubro (ver • editar)
- 1846, o doutor Willian Thomas Morton, natural de Boston, emprega por vez primeira o éter como anestésico, dando orixe á cirurxía sen dor.
- 1854, nace Oscar Wilde, poeta e escritor irlandés.
- 1986, a cidade de Barcelona é designada polos membros do COI como escenario dos Xogos Olímpicos de 1992.
- 1986, Reinhold Messner convértese na primeira persoa en ascender aos catorce oitomiles.
- 1927, nace Günter Grass, escritor alemán gañador do premio Nobel de Literatura no 1999.
Hoxe é o Día Mundial da Alimentación.
17 de outubro (ver • editar)
- 1912, Bulgaria, Serbia, Grecia e Montenegro declaran a guerra a Turquía.
- 1920, nace Miguel Delibes, novelista español.
- 1934, morre Santiago Ramón y Cajal, histólogo español, premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no 1906 polas súas investigacións sobre o sistema nervioso.
- 1998, o ex ditador chileno Augusto Pinochet é detido en Londres por orde do xuíz Baltasar Garzón.
- 2006, nace nos Estados Unidos o habitante número 300 millóns.
Hoxe é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e o Día Mundial contra a Dor.
18 de outubro (ver • editar)
- 1859, nace Henri Bergson, filósofo francés, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1927 (m. 1941)
- 1871, morre Charles Babbage, matemático inglés e inventor (n. 1791).
- 1926, nace Klaus Kinski, actor alemán (m. 1991).
- 2003, o escritor Manuel Vázquez Montalbán morre en Bangkok dun paro cardíaco (n. 1939).
- 2006, morre Xosé Quiroga Suárez, primeiro presidente da Xunta de Galicia trala aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
Hoxe é o Día de Alasca nos Estados Unidos.
19 de outubro (ver • editar)
- 1862, nace Auguste Lumière, inventor xunto ó seu irmán do cinematógrafo.
- 1931, nace John le Carré, novelista inglés.
- 1997, celébranse eleccións ao Parlamento galego (V Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtén a maioría absoluta.
Hoxe é o Día da Constitución en Niue (1974).
20 de outubro (ver • editar)
- 1854, nace Arthur Rimbaud, poeta francés (m. 1891).
- 1891, nace James Chadwick, físico inglés, Premio Nobel de Física (m. 1974).
- 1984, morre Paul Dirac, matemático e físico británico (n. 1902).
- 1994, morre Burt Lancaster, actor estadounidense (n. 1913).
21 de outubro (ver • editar)
- 1833, nace en Estocolmo Alfred Nobel, o químico e enxeñeiro sueco que instituíu o Premio Nobel (m. 1896).
- 1879, Thomas Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente e que dura acesa 13 horas e media antes de queimarse.
- 1917, nace Dizzy Gillespie, músico de jazz norteamericano (m. 1993).
- 1984, morre François Truffaut, director de cine francés (n. 1932).
- 2001 celébranse eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtén a maioría absoluta.
Hoxe é o Día de Trafalgar no Reino Unido e o Día das Rexións de Ultramar na República Popular China.
22 de outubro (ver • editar)
- 2136 aC, prodúcese na China a primeira eclipse solar que foi rexistrada.
- 1886, nace Johán Vicente Viqueira, filósofo e escritor galego (m. 1924).
- 1906, morre Paul Cezanne, pintor francés (n. 1839).
- 1908, nace Benigno Andrade García, Foucellas, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1952).
- 1943, nace Catherine Deneuve, actriz francesa.
- 1964, Jean-Paul Sartre é galardoado co Premio Nobel de Literatura e rexeita o premio.
Hoxe é o Día Mundial da Tartamudez.
23 de outubro (ver • editar)
- -42, morre Marco Xunio Bruto, senador e militar romano (n. 85 aC).
- 425, con a penas seis anos de idade, Valentiniano III ascende ao trono romano de Occidente.
- 1923, fúndase o Seminario de Estudos Galegos en Santiago de Compostela.
- 1940, prodúcese en Hendaya un encontro entre Francisco Franco e Adolf Hitler.
24 de outubro (ver • editar)
- 1648, na actual Alemaña asínase o Tratado de Westfalia, que dá fin á Guerra dos Trinta Anos.
- 1932, nace Robert Mundell, economista do Canadá que foi o Premio Nobel de Economía no 1999.
- 1945, créase na cidade de Nova York a Organización das Nacións Unidas (ONU).
- 1964, Zambia independízase do imperio británico.
Hoxe é o Día das Nacións Unidas, o Día das Bibliotecas e o Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento.
25 de outubro (ver • editar)
- 1854, nace Manuel Leiras Pulpeiro, médico e poeta galego (m. 1912).
- 1865, nace Manuel Lago González, eclesiástico e escritor galego (m. 1925).
- 1881, nace Pablo Ruíz Picasso, pintor español (m. 1973).
- 1916, Federico García Lorca chega a Santiago de Compostela na súa primeira visita a Galicia.
- 1936, Hitler asina o eixo Roma - Berlín, formando unha alianza co ditador italiano fascista Benito Mussolini.
Hoxe é o Día da Internet.
26 de outubro (ver • editar)
- 4004 a.C., segundo os incomprensibles cálculos de James Usher, ás 9 da mañá Deus creou o mundo.
- 1806, Napoleón entra triunfante en Berlín.
- 1905, Suecia recoñece a independencia de Noruega.
- 1957, nace Manuel Rivas, escritor, poeta e xornalista galego.
- 1959, nace Evo Morales, líder sindical cocaleiro de orixe amerindia e presidente de Bolivia.
- 2004, a sonda espacial Cassini-Huygens envía á Terra as primeiras imaxes cercanas de Titán, satélite de Saturno.
27 de outubro (ver • editar)
- 1728, nace James Cook, explorador, navegante e cartógrafo británico (m. 1779).
- 1807, Napoleón Bonaparte asina o Tratado de Fontainebleau con España.
- 1980, morre Ramón de Valenzuela, escritor e político galego.
- 1990, é descuberta unha galaxia 60 veces maior cá Vía Láctea.
28 de outubro (ver • editar)
- 1340, O rei Afonso XI vence os musulmáns na batalla do Salado, no suroeste da Península Ibérica.
- 1848, inaugúrase o primeiro ferrocarril que funciona en España, que fai a liña Barcelona–Mataró.
- 1866, nace Ramón María del Valle-Inclán, escritor galego en lingua castelá (m. 1936).
- 1886, o presidente estadounidense Grover Cleveland inaugura a Estatua da Liberdade, un agasallo de Francia.
- 1906, nace Xosé Filgueira Valverde, intelectual galego.
- 1999, morre Rafael Alberti, poeta español (n. 1902).
29 de outubro (ver • editar)
- 1675, Gottfried Wilhelm Leibniz utiliza por vez primeira o "s longo", ∫, para simbolizar a integral matemática.
- 1863, Henri Dunant funda en Suíza a Cruz Vermella.
- 1947, lévase a cabo en Bruxelas a unión aduanera entre Bélxica, Holanda e Luxemburgo, coñecida como Benelux.
- 1920, nace Baruj Benacerraf, médico venezolano, premio Nobel de Medicina en 1980.
- 1987, Iugoslavia xorde como nación independente.
- 2004, os xefes de estado da Unión Europea asinan en Roma un Tratado polo que se establece unha Constitución Europea.
30 de outubro (ver • editar)
- 1907, un terremoto destrúe a cidade de Karatoch, en Asia Central, facendo que falezan máis de 10.000 persoas.
- 1938, Orson Welles adapta á radio a novela A guerra dos mundos de H. G. Wells e aterroriza os Estados Unidos.
- 1941, nace Theodor W. Hänsch, físico alemán, Premio Nobel de Física no 2005 polas súas contribucións ao desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada no láser.
- 1956, morre Pío Baroja, novelista español (n. 1872).
- 1975, o príncipe Juan Carlos de Borbón asume interinamente a Xefatura do Estado, por mor da enfermidade do xeneral Francisco Franco.
- 1999, morre Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego (n. 1930).
31 de outubro (ver • editar)
- 1512, inaugúranse no Vaticano os frescos da Capela Sistina, pintados por Miguel Anxo.
- 1798, John Dalton descobre a enfermidade da vista chamada discromatopsia ou cegueira das cores, coñecida vulgarmente como daltonismo.
- 1865, nace Wilfrid M. Voynich, bibliófilo norteamericano de orixe lituana, presunto descubridor do manuscrito homónimo.
- 1916, morre Charles Taze Russell, fundador dos Testemuñas de Jehová.
- 1978, as Cortes españolas aproban a Constitución española de 1978.