Manuel Vázquez Montalbán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Vázquez Montalbán, nado en Barcelona o 27 de xullo de 1939 e finado en Bangkok (Tailandia) o 18 de outubro de 2003, foi un xornalista, novelista, poeta, ensaísta, crítico e gastrónomo catalán. Escribiu tanto en lingua catalá como castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Iníciase como poeta en 1967. É un dos novo novísimos da antoloxía de Castellet. A súa produción caracterízase polo ludismo, a ironía e unha importante carga testemuñal e crítica. A súa obra poética ata 1986 está recollida en "Memoria y deseo".

Novela[editar | editar a fonte]

Os mesmos riscos da súa poesía aparecen na novelística de Vázquez Montalbán. Ademais da serie que ten como protagonista ó detective Carvalho, destacan : Galíndez (1990), El estrangulador (1994) e Erec y Enide, cuxa trama transcorre en parte na Illa de San Simón (2002).

Serie Carvalho[editar | editar a fonte]

A primeira novela onde aparece o detective gastrónomo e cincuentón é en Yo maté a Kenedy, en 1972, á que seguen Tatuaje, en 1975, e La soledad del manager, en 1977. Los Mares del Sur gañou o premio Planeta de 1979, lanzando comercialmente ao escritor e máis ao seu personaxe. A saga seguiu entre outras con:

  • Asesinato en el Comité Central 1981.
  • Los pájaros de Bangkok 1983.
  • La rosa de Alejandría 1984.
  • El balneario 1986.
  • El delantero centro fue asesinado al atardecer 1989.
  • El laberinto griego 1991.
  • Sabotaje olímpico 1993.
  • El hermano pequeño 1994.
  • El Premio 1996.
  • Quinteto de Buenos Aires 1997.
  • El hombre de mi vida 2000.
  • Milenio Carvalho 2004 editada en dous volumes.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Tamén era gastrónomo. As referencias que fai á comida ou a gastronomía eran unha das características da serie Carvalho como o ritual de prende-la cheminea con libros que condenaba ó lume. Pero tamén ten obras estritamente feitas como gastrónomo como Contra los gastrónomos, obra de iniciación ao mundo da gastronomía, onde percorre todos os alimentos e todas as cociñas do mundo, dende a cociña tradicional á nouvelle cuisine, e mesmo analiza as modas alimenticias (que non gastronómicas) coma a "comida sana" e "o light". Outras obras gastronómicas súas son Cocina Catalana e Recetas inmorales.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Escribiu ensaios sobre xornalismo, política, socioloxía, deporte, historia, cociña, biografías, literatura e música. O seu primeiro ensaio foi Informe sobre la Información (1963). Outras obras:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]