Johán Vicente Viqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johán Vicente Viqueira
Johán Vicente Viqueira
Nacemento: 22 de outubro de 1886
Madrid
Falecemento: 29 de agosto de 1924
Bergondo (A Coruña) Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): Poesía, ensaio,

Johán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado en Bergondo o 29 de agosto de 1924, foi un escritor galego, ao que no ano 1974 se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Índice

[editar] Traxectoria

De familia galega, naceu en Madrid, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo). En 1898 trasladouse a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza. o que o puxo en contacto co pensamento científico moderno. Dende os 15 anos sufriu unha enfermidade crónica nos cadrís, polo que pasa épocas inmobilizado e mesmo foi operado en París dúas veces.

En 1911 licenciase en filosofía pola Universidade de Madrid e amplía estudos en Alemaña ata 1914. Logo de dar clase na Institución Libre de Enseñanza aproba por oposición en abril de 1917 a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela, en maio casa con Jacinta Landa e a fin de ano trasládase ao Instituto da Coruña, alí ingresa nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser o presidente das IF da Coruña, e colabora con A Nosa Terra.

[editar] Obra

Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930.

A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado n' A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo[Cómpre referencia].

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Manuel Lago González
Día das Letras Galegas
1974
Johán Vicente Viqueira
Sucesor:
Xoán Manuel Pintos Villar
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas