María I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María I Estuardo
Raíña de Escocia
Mary Queen of Scots Blairs Museum.jpg

14 de decembro de 1542 - 24 de xullo de 1567
Predecesor Xacobe V de Escocia
Sucesor Xacobe VI de Escocia

10 de xullo de 1559 - 5 de decembro de 1560
Predecesor Catalina de Médici
Sucesor Isabel de Austria

Coroación 9 de setembro de 1543
Outros títulos
Raíña consorte de Francia, raíña titular de Inglaterra, Irlanda e Francia.
Nacemento 8 de decembro de 1542
Palacio de Linlithgow, Escocia
Falecemento 8 de febreiro de 1587
Castelo de Fotheringhay, Northamptonshire, Inglaterra
Consorte Francisco II de Francia
Enrique Estuardo, Lord Darnley
Jacobo Hepburn
Casa Real Casa de Estuardo
Pai Xacobe V de Escocia
Nai María de Guisa

Escudo de María I de Escocia
Tras a morte de Xacobe V, coroouse a María I con tan só 3 anos, quedando a súa nai María de Guisa como rexente. (Retrato dos monarcas escoceses, pais de María I).

María I de Escocia chamada María Estuardo, nada no Palacio de Linlithgow (Escocia) o 8 de decembro de 1542 e finada no Castelo de Fotheringhay, Northamptonshire (Inglaterra) o 8 de febreiro de 1587, foi a raíña de Escocia dende o 14 de decembro de 1542 ata 24 de xullo de 1567. Tamén denominada popularmente como María, raíña dos escoceses[1], quizais sexa a máis coñecida dos monarcas escoceses pola súa tempestuosa vida e tráxica morte.

Biografía[editar | editar a fonte]

María e o problema sucesorio de Escocia[editar | editar a fonte]

Naceu no palacio de Linlithgow en Escocia, o 8 de decembro de 1542, sendo a menor dos 3 fillos -pero única supervivente- do rei Xacobe V de Escocia e de María de Guisa.

Durante o reinado de Roberto II, a coroa escocesa estaba destinada a ser herdada en liña directa polos fillos de Roberto, todos varóns. Estes foron convocados a un acto parlamentario, porque a lexitimidade da descendencia de Roberto no seu primeiro matrimonio era cuestionable. Polo que as fillas, así como as liñas descendentes destas, poderían herdar soamente despois da extinción das liñas masculinas. Ante a sospeita dunha liña ilexítima masculina e a extinción había anos de todas as liñas masculinas lexítimas, a sucesión escocesa complicábase. Ademais, o único primo vivo que lle quedaba ao rei, o duque de Albany, morrera en 1536. Se el non tivese falecido antes que Xacobe V, María non houbera herdado necesariamente. Nesta clase de situación de semi-Lei Sálica, María ascendeu o trono nun momento complicado, debido ao problema sucesorio.

Coroación e rexencia de Escocia[editar | editar a fonte]

Xacobe V de Escocia finou prematuramente o 14 de decembro de 1542, á idade de trinta anos, probablemente de cólera, aínda que os seus contemporáneos creron que a súa morte foi causada pola pena e a humillación de que os escoceses tivesen sido derrotados polo exército inglés na batalla de Solway Moss. No palacio de Falkland, en Fife, o agonizante monarca, ansioso do nacemento dun herdeiro que estabilizase a sucesión ao trono escocés, ao saber do nacemento da súa filla, exclamou: o demo léveme! comezou cunha muller, rematará cunha muller! . Isto era unha alusión a que a familia Estuardo obtivera o trono escocés grazas a Marjorie (filla de Roberto I Bruce). Jacobo creu en verdade que o nacemento de María marcaba o final do reinado dos Estuardo sobre Escocia. Pero ironicamente, mediante o fillo de María, a familia Estuardo chegou ao cénit do seu poder ao unirse o reino de Escocia e o reino de Inglaterra, grazas ao seu fillo Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra.

María Estuardo pasou a súa xuventude na corte francesa, para escapar do acoso inglés.

A pequena María, de apenas seis días de idade, foi proclamada raíña de Escocia, con James Hamilton, II conde de Arran como o seguinte na liña sucesoria e rexente do reino durante a minoría de idade da raíña. Esa situación durou ata 1554, cando a nai de María, María de Guisa, se fai co poder, continuando como rexente ata a súa propia morte en 1560. Seis meses despois do seu nacemento, en xullo de 1543, os tratados de Greenwich prometeron a María en matrimonio con Eduardo, fillo do rei Henrique VIII de Inglaterra, decidíndose que a voda se levaría a cabo en 1552, e que os seus herdeiros ocuparían os tronos de Escocia e de Inglaterra. Este tratado de boas intencións québrase dous meses máis tarde: María de Guisa retráctase e oponse terminamente a este matrimonio; a rexente e María escóndense no castelo de Stirling, onde se fan as preparacións para a coroación da pequena.

Coroaron a María como raíña de Escocia na capela real do castelo de Stirling o 9 de setembro de 1543. Debido á idade da raíña, tiña apenas 9 meses, e do tipo de cerimonia, única no seu xénero, a coroación foi o tema do momento nas cortes de Europa.

O día da coroación vestiron a pequena con pesados traxes reais en miniatura. Unha capa carmesí de veludo foi suxeitada arredor do seu colo minúsculo cun pequeno gancho forrado de armiño, ao xunto ás xoias cosidas ao satén, coas mangas que colgaban longas, se envolveu a nena, que podía incorporarse pero non camiñar. Lord Livingston levouna en solemne procesión á capela real. E dentro da capela, Lord Livingston deixou a María diante do altar e colocouna suavemente no trono fixado enriba. Entón el fixo unha pausa, sosténdoa para evitar que ela caese rodando do trono.

Rapidamente, o cardeal David Beaton fíxolle o Xuramento da Coroación, sendo Lord Livingston o que contestou por ela. Inmediatamente despois o cardeal desatou as súas pesadas roupaxes e comezou a unxila co óleo santo por detrás, do peito, e as palmas das súas mans. Entón á nena chegoulle unha pequena brisa fría, e comezou a berrar. Mateo Estuardo, IV conde de Lennox (pai do que sería o segundo esposo de María Lord Darnley) colocoulle o cetro real nas súas pequenas mans, e a bebé sorprendeu a todos agarrándoo fortemente. Entón a espada do Estado foi presentada polo conde de Argyll, e o cardeal realizou a cerimonia de cinguir a espada tres veces sobre ao pequeno corpo.[2]

Entón, o conde de Arran levou a coroa. Sosténdoa suavemente, o cardeal Beaton baixouna sobre a cabeza da nena, mentres reclinaballa sobre un anel feito de veludo. O cardeal estabilizou a coroa no seu cabecita e Lord Livingston sostivo o seu corpo recto mentres que os condes de Lennox e de Arran bicaron a súa meixela, seguido polo resto dos prelados e os pares que se axeonllaron ante ela e, poñendo as súas mans na súa coroa, lle xuraron lealdade.

O cortexo á inglesa[editar | editar a fonte]

Trala ruptura dos tratados de Greenwich, Henrique VIII quixo cumprir pola forza o compromiso nupcial do seu fillo Eduardo con María de Escocia para a unión das dúas coroas.

Os tratados de Greenwich foron pronto deixados de lado despois da coroación de María. O compromiso non sentoulle ben aos escoceses, especialmente porque o reí Henrique VIII de Inglaterra tratou de cambiar o acordo establecido, de xeito que el puidera ter baixo a súa custodia a María moitos anos antes de que o enlace tivera lugar. Así mesmo, o rei inglés desecaba que Escocia rompera a súa tradicional alianza con Francia. Temendo unha sublevación popular, o parlamento escocés rompeu o tratado con Inglaterra a finais de ano. [3]

A reacción de Henrique VIII foi critica e comezou o que chamaría cortexar á inglesa, que era nada menos que impoñer a unión do seu fillo con María pola forza. A estratexia consistiu nunca serie de incursións militares en territorio escocés que duraron ata cuño de 1551, custando a excesiva suma de medio millón de libras e moitas vidas. En maio de 1544, o conde inglés de Hertford (máis tarde nomeado duque de Somerset por Eduardo VI) chegou a Escocia cun exército decidido a capturar Edimburgo e secuestrar á nena-raíña, mais María de Guisa ocultouna nos compartimentos segredos do castelo de Stirling. Os franceses, de acordo coa Alianza de Auld, acudiron na axuda dos escoceses.

O 10 de setembro de 1547, coñecido como Sábado Negro, os escoceses sufriron unha amarga derrota na batalla de Pinkie Cleugh. María de Guisa, temerosa pola seguridade da súa filla, envíaa temporalmente ao priorado de Inchmahome, dando conta disto ao embaixador francés Monsieur d'Oysel. O novo rei francés Henrique II, agora propoñía unir Francia e Escocia casando a pequena raíña co seu acabado de nacer fillo, o delfín Francisco. Isto parecía ser para María de Guisa a única solución ante todos os seus apuros. En febreiro de 1548, oíndo que os ingleses estaban preto, María traslada á súa filla ao castelo de Dumbarton. Os ingleses deixan tras de si un rastro da devastación unha vez máis e capturan a estratéxica cidade de Haddington. Para xuño, a moi esperada axuda francesa chegara. O 7 de xullo, o tratado nupcial francés foi asinado nun convento preto de Haddington. María sería enviada a Francia, onde o rei Henrique II ofrecera protexela e educala. O 7 de agosto de 1548, a frota francesa enviada por Henrique II volveu de regreso a Francia dende Dumbarton levando á pequena raíña de Escocia -de 5 anos de idade- consigo. María de Guisa e María I non volverían verse xamais.

Raíña de Francia[editar | editar a fonte]

María coroada reina de Francia xunto ao rei Francisco II.

Vivaz, bonita, e lista (segundo contan os seus contemporáneos), María tivo unha xuventude prometedora. Coroada xa raíña de Escocia e co seu acordo matrimonial xa pactado pola súa nai, chegou a Francia en 1548, á curta idade de cinco anos, para vivir durante os dez anos seguintes na corte francesa. A súa propia pequena corte que a acompañou dende Escocia consistía en dous lords, dous medios-irmáns, e as catro Marías, catro pequenas rapazas da súa propia idade, todas chamadas María e fillas das familias máis nobres de Escocia: Beaton, Seaton, Fleming, e Livingston.[4]

Mentres, na corte francesa, a moza reina era a favorita. Alí recibiu a mellor educación dispoñible, e ao termo da súa xuventude, dominaba os idiomas: francés, latín, grego, castelán e italiano, ademais do seu escocés nativo. Tamén aprendeu a tocar dous instrumentos, prosa, equitación, cetraría e costura.

O 24 de abril de 1558, María casou co Delfín Francisco na Catedral da nosa Señora de París en París e, á morte de Henrique II o 10 de xullo de 1559, converteuse en raíña de Francia ao acceder o seu marido ao trono como Francisco II de Francia. Baixo as leis ordinarias de sucesión, María era tamén a seguinte na liña ao trono inglés despois da súa prima segunda, a raíña Isabel I de Inglaterra, a cal non tiña fillos. Porén, segundo a Igrexa Católica, Isabel era bastarda, o que convertía a María na lexítima herdeira do trono inglés. Mais dacordo coa Acta de Sucesión Pro-Protestante que estivo vixente en Inglaterra, a vontade de Henrique VIII excluía explicitamente aos Estuardo da sucesión ao trono inglés. Os apuros de María aumentaron aínda máis co levantamento hugonote en Francia, chamado o tumulto de Amboise (6-17 de marzo de 1560), facendo imposible para os franceses apoiar a María no reino de Escocia e nas súas pretensións en Inglaterra.

Reinado[editar | editar a fonte]

A causa protestante en Escocia[editar | editar a fonte]

María Estuardo viúva volve a Escocia para facerse cargo do trono.

A súa nai María de Guisa morre o 10 de xuño de 1560, e o seu esposo Francisco II finou o 5 de decembro do mesmo ano, converténdose a sogra de María Catalina de Médicis, na rexente do reino pola minoría de idade do seu segundo fillo e agora novo rei Carlos IX. Baixo os termos do Tratado de Edinburgo, asinado polos representantes de María o 6 de xullo de 1560, tras a morte de María de Guisa, Francia emprendeu a retirada das súas tropas de Escocia e recoñeceu o dereito de Isabel I de gobernar Inglaterra. A nova raíña María, de 18 anos de idade e aínda en Francia, rexeita ratificar coa súa firma o tratado.

María volveu a Escocia pouco despois, chegando ao porto de Leith o 19 de agosto de 1561. Seguía sendo unha rapaza de apenas 18 anos, e, a pesar dos seus talentos, a súa educación non lle dera o xuízo suficiente para facer fronte á situación política perigosa e complexa da Escocia daquel tempo. A relixión dividira ao pobo, e o irmán ilexítimo de María, Xacobe Estuardo, I conde de Moray, era o líder da facción protestante. María -católica devota- estivo apoiada polos católicos ingleses e mirada con suspicacia por Isabel I de Inglaterra, prima do seu pai e monarca do país protestante veciño. O reformador protestante John Knox predicou contra María, condenándoa por asistir a misa, por bailar, vestir elaboradamente, e moitas outras cousas, tanto verdadeiras coma imaxinarias.

Para decepción do partido católico, María non accedeu con firmeza a tomar a causa católica. Tolerou a orde protestante establecida, e mantivo o seu medio-irmán, o conde de Moray, como o seu principal conselleiro. Nisto, a raíña tivo que recoñecer a súa carencia de mando militar eficaz diante dos lords protestantes. Mesmo accedeu por consello de Xacobe de Moray á execución do principal nobre católico de Escocia, Lord Huntly, en 1562.

Relacións con Isabel I de Inglaterra[editar | editar a fonte]

As relacións entre María I de Escocia e a súa tía segunda, Isabel I de Inglaterra foron moi tirantes, o control de ambos os dous reinos estaba en xogo.

En 1561, María trata de pechar a brecha existente entre ela e a súa tía segunda, a raíña Isabel I, invitándoa a visitar Escocia. Isabel rexeitou e as malas relacións continuaron entre elas. A raíña entón enviou a Guillerme Maitland de Lethington como embaixador á corte inglesa para comprobar as posibilidades de María como potencial herdeira ao trono inglés. A resposta da raíña Isabel foi fulminante, segundo algúns, a seguinte: en canto a tomar a miña coroa, polo meu tempo penso que ela non o logrará. Porén, María, nunha carta ao seu tío materno Francisco, duque de Guisa, informa doutras cousas que Maitland lle dixo, incluíndo a declaración suposta de Isabel, respondendo que para a miña parte non sei alguén mellor, nin ao que eu preferiría en lugar da ela. Entre outras cousas, Isabel estaba atenta ao papel que o Parlamento tería que xogar na materia.

En decembro de 1561, leváronse a cabo negociacións para que ambas as dúas raíñas se puidesen coñecer, esta vez en Inglaterra, pero Isabel cambiou a súa idea. A reunión fora fixada para realizarse en York. En xullo, Isabel enviou a sir Henrio Sidney para dicirlle que se cancelaba a reunión, debido á guerra con Francia. En 1563, Isabel idea outra tentativa para neutralizar a María suxeríndoo que se casase con Robert Dudley, I conde de Leicester (cuñado de Sidney), en quen Isabel confiaba e que, pensou, podería controlar. Dudley era protestante, polo que este podería solucionar un problema dobre para Isabel: a causa protestante e o control de María. Isabel I enviou ao embaixador a dicir a María que, se ela accedía a casarse con alguén (ata agora innombrado) que Isabel elixise, esta procedería a nomeala xunto co seu marido os seguintes na liña sucesoria e herdeiros. Esta oferta foi rexeitada.

Matrimonios infrutuosos e descendencia[editar | editar a fonte]

Retrato de María Estuardo e o seu segundo marido, Lord Darnley.

O 29 de xullo de 1565, no pazo de Holyrood, María casouse inesperadamente con Henrique Estuardo, duque de Albany, coñecido como Lord Darnley, descendente como ela do rei Henrique VII de Inglaterra e primo irmán seu. Esta unión, cun dos principais líderes católicos, precipitou que o medio-irmán de María, o conde de Moray, organizase con outros lords protestantes a rebelión aberta. María refúxiase no castelo de Stirling o 26 de agosto de 1565 para enfrontalos, volvendo a Edinburgo para reunir tropas o mes seguinte. Moray e os nobres rebeldes son derrotados [5] e teñen que marchar ao exilio, sendo a acción militar decisiva que deu á raíña a vitoria coñecida como a Incursión de Chaseabout. O matrimonio tamén enfureceu a Isabel, pois sentía que ela debería ter dado o seu consentimento para a unión, pois Darnley era un nobre inglés. Isabel sentíase ameazada pola unión debido a que co sangue real escocés e inglés de Darnley, calquera fillo de María e Darnley tería un sólido dereito aos tronos de Escocia e Inglaterra (como efectivamente pasou anos máis tarde).[6]

Pouco tempo despois, María quedou embarazada, mais Darnley pronto converteuse nun obstáculo para a raíña, esixindo con enerxía que se lle dese o título de "rei". Tamén estaba celoso da amizade que había entre a raíña e o seu secretario privado, David Rizzio, e, en marzo de 1566, Darnley participou nunha conspiración secreta cos nobres que se rebelaran contra María na incursión de Chaseabout. O 9 de marzo un grupo de lords, acompañado por Darnley, asasinaron a Rizzio mentres estaba a conversar coa raíña no pazo de Holyrood. Esta acción foi o motivo definitivo para a ruptura do seu matrimonio. Darnley pronto cambiou de lado outra vez e traizoou os lords rebeldes. Pero noutra ocasión, atacou a María para conseguir que abortase o seu aínda non nacido fillo.

Retrato de María I co seu fillo Xacobe, futuro rei de Inglaterra e Escocia.

O 19 de xuño de 1566, no castelo de Edinburgo, a raíña deu a luz un fillo, Xacobe. Entón, ponse en marcha un plan para eliminar a Darnley, que se encontraba enfermo (posiblemente sufrindo de sífilis). Recuperábase en Kirk ou Field, unha casa en Edinburgo, onde María o visitaba con frecuencia, de modo que se pensase que unha reconciliación estaba a levarse a cabo. O 10 de febreiro de 1567, a casa onde se aloxaba explota, e Darnley foi encontrado morto no xardín; aínda que parecía ser estrangulado. Este acontecemento, que puido ser a salvación de María, só acabou danando aínda máis a súa reputación. Xacobe Hepburn, IV conde de Bothwell, un aventureiro que se converteu no seu terceiro marido, foi xeralmente considerado como o culpable do asasinato, e foi xulgado nunha parodia de corte e absolvido. María procurou recuperar a axuda entre os seus Lords mentres que Bothwell conseguiu que algúns deles asinasen o chamado pacto da taberna de Ainslie, no cal acordaron apoiar as súas aspiracións de casar con María.

Abdicación[editar | editar a fonte]

O 24 de abril, María visitou o seu fillo en Stirling por última vez. No seu camiño de regreso a Edinburgo foi raptada, xa sexa voluntariamente ou non, por Bothwell e os seus homes, e levada ao castelo de Dunbar onde ela puido ter sido violada por el. O 6 de maio volveron a Edinburgo e o día 15 de maio, no pazo de Holyrood, casaron nunha cerimonia protestante.[7][8]

A nobreza volveuse contra María e Bothwell e levantou un exército contra eles. Os recén casados enfrontáronse aos lords en Carberry Hill o 15 de xuño, pero ao final non houbo batalla porque María acordou acatar as súas ordes coa condición de que o deixasen ir a Bothwell. Os nobres romperon a súa promesa e levárona a Edinburgo, encarcerándoa no castelo de Loch Leven, situado nunha illa no centro de Loch Leven. Entre o 18 e o 24 de xullo de 1567, María sufriu un aborto espontáneo de xemelgos nese castelo[9]. Finalmente, o 24 de xullo, forzárona a abdicar do trono escocés en favor do seu fillo Xacobe, de apenas un ano de idade.[10]

Cativerio e últimos anos[editar | editar a fonte]

Retrato de María de Escocia durante o seu cativerio en Inglaterra en 1578.

Fuxida a Inglaterra e procesamento[editar | editar a fonte]

O 2 de maio de 1568, disfrazada de lavandeira, logra escapar de Loch Leven e logra levantar un exército pequeno para poder, dese xeito, recuperar o trono. [11]Despois da derrota do seu exército na batalla de Langside, o 13 de maio, fuxiu a Inglaterra e tres días máis tarde, foi capturada polos oficiais de Isabel en Carlisle o 19 de maio. Durante o seu encarceramento, ela fixo famosa a frase En ma Fin gît mon Commencement ("No meu final está o meu comezo".) bordada na súa roupa formal.

Despois de dubidar sobre a cuestión da participación ou coñecemento de María na conspiración para asasinar a Lord Darnley, Isabel ordena unha investigación que finalmente conduce a un xuízo. Foi realizado en York entre outubro de 1568 e xaneiro de 1569. A investigación tivo un marcado carácter político porque Isabel non desexaba condenar a súa prima segunda por asasinato. María rexeitaba recoñecer a potestade de ningunha corte estranxeira de intentar acusala por ser unha raíña, e en última instancia o home a cargo do procesamento, Xacobe Estuardo, conde de Moray, gobernaba Escocia como rexente do fillo de María. O principal motivo do procesamento era mantela fóra de Escocia e aos seus partidarios baixo control.

As cartas do cofre[editar | editar a fonte]

O caso complicouse por as cartas do cofre que eran en realidade oito cartas presumiblemente de María a Bothwell,[12] feito dado a coñecer por Xacobe Douglas IV conde de Morton, o cal as tería encontrado en Edinburgo nun cofre de prata que tiña gravado a letra F (posiblemente a inicial do seu primeiro marido, Francisco II de Francia), xunto con outros documentos, incluíndo o certificado de matrimonio de María e Bothwell. Non permitiron a María ver estas probas ou falar na súa propia defensa no tribunal. Ela rexeitou ofrecer unha defensa escrita a menos que Isabel garantise un veredicto de non culpable, algo que a raíña inglesa non faría.[13]

Aínda que as cartas do cofre foron aceptadas pola investigación como xenuínas despois de que un estudo da escritura destas e a información contida nestas, tivesen sido tomadas en conta polo tribunal como proba da culpabilidade no caso de ser auténticas, pero a investigación alcanzou a conclusión de que non se podía verificar a súa orixe, sendo dende o comezo isto o que se tería podido predicir como a única conclusión que compracería a Isabel.

A autenticidade das cartas do cofre foi a fonte de moita controversia entre os historiadores. As orixinais perdéronse en 1584, e as copias dispoñibles en varias coleccións non forman un xogo completo. María argumentou que a súa escritura non era difícil de imitar, e con frecuencia se suxeriu que as cartas serían completas falsificacións, e que foron inseridas antes da investigación para incriminala, ou que as misivas foron escritas por Bothwell ou por algunha outra persoa. Os posteriores estudos sobre o estilo da escritura das cartas concluíron que non foron feitas por María.

Prisión[editar | editar a fonte]

Breviario de María I, que lle acompañou no seu cativerio e levou á súa propia execución.

É imposible probar o caso de calquera xeito. Sen eles, non tería habido proceso en contra de María, e mirando os feitos dende o punto de vista actual, é difícil dicir que algún dos principais partidos implicados tivese a comprobación da veracidade das cartas como unha prioridade. Isabel consideraba seriamente os dereitos de María ao trono inglés, e por iso mantívoa prisioneira durante os seguintes dezaoito anos, principalmente no castelo de Sheffield e Sheffield Manor baixo a custodia de Xurxo Talbot, VI conde de Shrewsbury e da súa dona, Bess de Hardwick. A filla de Bess dun matrimonio anterior Isabel Cavendish casouse con Carlos Estuardo (irmán de Lord Darnley), nacendo desta unión unha filla Arabella Estuardo, a cal tamén sería vítima da raíña inglesa pola súa proximidade ao trono e posibles aspiracións a ocupalo. En canto a Bothwell, foi encarcerado en Dinamarca, volveuse tolo, e morreu preso en 1578. En 1580 a custodia de María foi transferida a Sir Amias Paulet, permanecendo baixo o seu coidado para o resto da súa vida.

Porén, no 1570, Isabel foi persuadida polos representantes de Carlos IX de Francia ao prometer axudar a María a recuperar o seu trono. Como condición previa, ela esixiu a ratificación do Tratado de Edinburgo, algo que a María non obstante non lle conviña.[14] William Cecil, I barón de Burghley, continuou as negociacións con María no favor de Isabel. As dúas raíñas nunca chegaron a coñecerse.

A execución[editar | editar a fonte]

Este esbozo da execución da raíña María I de Escocia foi debuxado para acompañar a memoria oficial do proceso composta por Robert Beale como membro do Consello Real Privado.

A conspiración de Ridolfi deu outra vez motivos de sospeita a Isabel. En 1572, o Parlamento, a ordes da raíña, introduciu unha lei que eliminaba a María da sucesión ao trono inglés. Isabel, de xeito inesperado, rexeitou darlle o consentimento real. O único que fixo para tratar de frear a cativa raíña foi en 1584, cando promulgou un documento, o chamado 'Pacto da Asociación ' dirixido a evitar que calquera suposto sucesor se beneficiase co seu posible asasinato. Non implicaba a ninguén legalmente, pero foi asinado por miles de nobres, incluíndo a mesma María.

A execución de María converteuse nun tema que Isabel non podía seguir alongando máis. Ela estivo implicada en varias conspiracións para asasinar a Isabel, sublevar o norte católico de Inglaterra, e apoderarse do trono, posiblemente con axuda francesa ou española. Algúns dos partidarios de María cren que estes complots foron inventados para prexudicala.

María foi declarada culpable por traizón por unha corte de preto de 40 nobres, incluíndo católicos, despois de estar implicada na suposta conspiración de Babington, onde ela tería dado a súa autorización para asasinar a Isabel. Decapitárona no castelo de Fotheringhay o 8 de febreiro de 1587. María elixiu usar un vestido vermello, declarándose unha mártir católica. Tiña 45 anos de idade.

María foi sepultada inicialmente na catedral de Peterborough, pero en 1612 os seus restos foron exhumados por orde do seu fillo, o rei Xacobe I de Inglaterra, quen a enterra na abadía de Westminster, nun monumento funerario tallado en mármore, obra do escultor real Cornelius Cure. Permanece alí, a soamente 9 m. do sepulcro da súa prima segunda Isabel.

Antepasados[editar | editar a fonte]

Antepasados de María I de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xacobe II de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
8. Xacobe III de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María de Gueldres
 
 
 
 
 
 
 
4. Xacobe IV de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Cristián I de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
9. Margarida de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Dorotea de Brandeburgo
 
 
 
 
 
 
 
2. Xacobe V de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Edmundo Tudor
 
 
 
 
 
 
 
10. Henrique VII de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Margarita Beaufort
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida Tudor
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Eduardo IV de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
11. Isabel de York
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Woodville
 
 
 
 
 
 
 
1. María I de Escocia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Federico II de Vaudémont
 
 
 
 
 
 
 
12. René II de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Iolanda de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
6. Claudio I de Guisa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Adolfo de Egmond
 
 
 
 
 
 
 
13. Filipa de Güeldres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Catalina de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Guisa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán VIII de Vendôme
 
 
 
 
 
 
 
14. Francisco de Vendôme
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Isabel de Beauvau
 
 
 
 
 
 
 
7. Antonieta de Borbón-Vendôme
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Pedro de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. María de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Margarida de Saboia
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  2. Weir, Alison (2008) [2003]. Mary, Queen of Scots and the Murder of Lord Darnley. London: Random House. ISBN 978-0-09-952707-7.
  3. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  4. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  5. Weir, Alison (2008) [2003]. Mary, Queen of Scots and the Murder of Lord Darnley. London: Random House. ISBN 978-0-09-952707-7.
  6. Weir, Alison (2008) [2003]. Mary, Queen of Scots and the Murder of Lord Darnley. London: Random House. ISBN 978-0-09-952707-7.
  7. Donaldson, Gordon (1974). Mary, Queen of Scots. London: English Universities Press. ISBN 978-0-340-12383-6.
  8. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  9. Weir, Alison (2008) [2003]. Mary, Queen of Scots and the Murder of Lord Darnley. London: Random House. ISBN 978-0-09-952707-7.
  10. Donaldson, Gordon (1974). Mary, Queen of Scots. London: English Universities Press. ISBN 978-0-340-12383-6.
  11. Donaldson, Gordon (1974). Mary, Queen of Scots. London: English Universities Press. ISBN 978-0-340-12383-6.
  12. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  13. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.
  14. Fraser, Antonia (1994) [1969]. Mary Queen of Scots. London: Weidenfeld and Nicolson. ISBN 978-0-297-17773-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María I de Escocia
Predecesor:
Xacobe V
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg
Raíña de Escocia

1542 - 1567
Sucesor:
Xacobe VI (I)
Predecesor:
Catalina de Médici
Royal Arms of the Kingdom of Scotland (1559-1560).svg
Raíña consorte de Francia

1559-1560
Sucesor:
Isabel de Austria