Xosé Quiroga Suárez
| Xosé Quiroga Suárez | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 4 de xullo de 1920 | ||
| Lugar: | Petín, Galicia | ||
| Falecemento: | 18 de outubro de 2006 (86 anos) | ||
| Lugar: | A Rúa, Galicia | ||
| Organización: | Acción Política Orensana Unión de Centro Democrático Coalición Galega Partido Reformista Alianza Popular Partido Popular |
||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente da Xunta de Galicia (1979- 1981) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e médico | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o primeiro presidente da Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia da Galiza.
Índice |
Traxectoria [editar]
Mutilado na Guerra Civil foi membro do somatén valdeorrés.
Política [editar]
Xosé Quiroga foi alcalde de Petín durante o franquismo, entre 1953 e 1956.
Nos primeiros días da recuperación da democracia en Galiza, e dende o ámbito do cooperativismo agrario, fundou o partido Acción Política Orensana, a canda Vitorino Núñez. Foi membro de UCD desde a creación do partido por Adolfo Suárez, e resultou elixido senador nas constituíntes de 1977. Neses comicios foi o político máis votado de toda Galiza.
O primeiro goberno da Xunta [editar]
En 1979 foi nomeado presidente da Xunta pola UCD, cargo no que tomou posesión o 9 de xuño de 1979.
O seu goberno formárono Ramón Félix Blanco Gómez, Daniel Casalderrey Castro (agricultura, gandería e montes), Luís Cordeiro Rodríguez, Alejandrino Fernández Barreiro (educación e cultura), Baldomero Fernández Calviño (pesca), Segundo Fernández Covelo, Alfonso Javier García Ascaso (industria, comercio e turismo), José Gómez García, José Luis Nogueira Rodríguez, Vitorino Núñez, José María Pardo Montero (ordenación do territorio, urbanismo e transportes), José Regal Vázquez, Julio Riera Nieves, Miguel Sanmartín Losada (administración local), Jaime Tejada Lorenzo, Indalecio Tizón Covelo, José Antonio Trillo Torres e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
Deixou o seu cargo o 21 de xaneiro de 1982 para dar lugar ás primeiras eleccións á presidencia da Xunta de Galiza, gañadas por Xerardo Fernández Albor.
Conselleiro e senador [editar]
Durante todos eses anos compaxinou o seu cargo de presidente da Xunta co de senador, onde foi elixido en representación da UCD por tres veces (1977-1986).
Posteriormente, abandonou a UCD trala descomposición da formación centrista e sumouse a Coalición Galega, o Partido Reformista de Miquel Roca, Alianza Popular e posteriormente o Partido Popular. Coa dereita foi senador en tres lexislaturas máis, foi tamén deputado autonómico e conselleiro de Sanidade e tamén de Traballo nos gobernos de Fernández Albor.
Vida persoal [editar]
Xosé Quiroga estudou o bacharelato en Monforte de Lemos e despois Medicina na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1944. Nos anos setenta (1971-1975) foi presidente da cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas.
Xa retirado da vida política, Xosé Quiroga volveu á súa terra natal e mantivo aberto o consultorio médico na Rúa ata a súa xubilación, logo de medio século de exercicio da profesión. Do seu matrimonio con Julia Gayoso tivo nove fillos.
Foi condecorado coa medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e coa Cruz de Venezuela de Fernández Miranda. Era tamén fillo predilecto de Petín.
| Predecesor: - |
Alcalde de Petín 1953 – 1956 |
Sucesor: - |
| Predecesor: Antonio Rosón Pérez |
Presidente da Xunta de Galicia 1979 - 1981 |
Sucesor: Xerardo Fernández Albor |
|
|||||||||