Leonor de Borbón
| Leonor de Borbón | |
|---|---|
| Infanta de España | |
Leonor de Borbón no colo do príncipe Filipe. |
|
| Nome completo | Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz |
| Nacemento | 31 de outubro de 2005 Madrid, España |
| Casa Real | Casa de Borbón |
| Pai | Filipe de Borbón e Grecia |
| Nai | Letizia Ortiz |
Leonor de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é unha Infanta de España. É a filla primoxénita dos Príncipes de Asturias, Filipe e Letizia. Ten unha irmá menor, a infanta Sofía.
Índice |
Traxectoria [editar]
Por ser filla do herdeiro da Coroa recibe desde o seu nacemento o tratamento de Alteza Real e dignidade de Infanta de España. Ocupa o segundo lugar na Liña de sucesión ao Trono de España e desprazou na mesma ás súas tías, a infanta Elena, a infanta Cristina e os seus respectivos fillos e fillas.
En virtude das regulas de sucesión recollidas no artigo 57 da Constitución española de 1978 podería chegar a ser Princesa de Asturias (cos títulos anexos de Princesa de Xirona, Princesa de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer) o día en que o seu pai ascenda ao trono, en tanto este non teña descendencia masculina; no caso de que así sexa, o irmán ou irmáns homes desprazarían a Leonor de Borbón e terían preferencia na liña de sucesión.
O 14 de xaneiro de 2006 no palacio da Zarzuela foi bautizada como Leonor de Todos los Santos polo Arcebispo de Madrid con auga do río Xordán. Os seus padriños foron os reis, Xoán Carlos I e Sofía.
As súas aparicións en público ata agora, como as da súa irmá Sofía, limítanse a tres ou catro ocasións ao ano (Inicio do curso escolar, Misa de Pascua, vacacións en Palma, etc.)
A infanta Leonor asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Sofía, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Elena.
Debate sobre a sucesión ao Trono [editar]
O nacemento de Leonor avivou o debate público en España[1] sobre a necesidade de reformar a Constitución española para eliminar a preferencia do home sobre a muller na orde para suceder no Trono, reforma que suscita a adhesión da maioría de forzas políticas e sociais e que se converte no único punto de acordo firme entre os partidos políticos á hora de emprender unha reforma eventual da Constitución.[2] En caso de ser reformada a Constitución neste aspecto, a Infanta podería converterse na cuarta muller que reine en España e, nese caso, prevalecería ante calquera irmán home.
Ascendencia [editar]
Notas [editar]
- ↑ Ángela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.13). ISBN 84-96280-47-0.
Onde se inicia o libro cunha introdución que aborda directamente o asunto, destacando a preocupación xurdida sobre a sucesión ao trono na sociedade española. - ↑ Ángela Portero e Paloma García-Pelayo. Leonor, la princesa inesperada: ¿tú serás mi reina?. (Madrid, Espejo de tinta, S. L., 2005, páx.184). ISBN 84-96280-47-0.