Nelson Mandela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nelson Mandela
Nelson Mandela.jpg
Nelson Rolihlahla Mandela
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 18 de xullo de 1918
Lugar: Mvezo, Sudáfrica
Falecemento:
Lugar: ,
Organización: Congreso Nacional Africano
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente de Sudáfrica (1994 - 1999)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político
Relixión: {{{relixón}}}
Sinatura: {{{sinatura}}}
Sitio web: {{{web}}}

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918, foi presidente de Sudáfrica e un dos principais activistas contra do apartheid.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Primeiros anos

Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista deulle o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Seguindo as tradicións xhosa foi iniciado aos 16 anos, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.

En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria sudafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os seus estudos por correspondencia na Universidade de Sudáfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand.

[editar] Actividade política

Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Sudáfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades.

Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institucionalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entrou na executiva en 1949 do CNA e foi un dos líderes da campaña de desobediencia social do Congreso Nacional Africano de 1952 que consistía en violar en lugares e ocasións concretas as restricións que impuña o apartheid, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política, no Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiaparteheid.

O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traizón, non foi liberado ata 1961, por falta de probas.

Mandela acepta a loita armada despois da Masacre de Shaperville (marzo de 1960) na que a policía surafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. A aceptación da actividade armada seguiulle a prohibición do CNA e outros grupos antiapartheid polo goberno surafricano.

[editar] Na cadea

En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condenado a cinco anos de prisión.

Mentres Mandela permanecía en prisión, a policía arrestou a prominente líderes do CNA ( Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ou Lionel "Rusty) o 11 de xullo de 1963 en Liliesleaf Farm, Rivonia. No xuízo todos, agás Rusty Bernstein foron condeados a cadea perpetua o 12 de xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo).

Durante os seguintes 36 anos, Mandela convetiuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.

Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 de febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk, presidente de Sudáfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Madela e de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz.

[editar] Presidencia do CNA e de Sudáfrica

Como presidente do Congreso Nacional Africano (xullo de 1991 - decembro 1997), Mandela concorreu ás eleccións para a presidencia de Sudáfrica, por ampla maioría converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994).

Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación, malia iso non foi capaz de facer fronte ao problema da sida e foi criticado pola súa amizade con líderes como Fidel Castro ou Moammar Al Gadhafi ou por enviar tropas sudafricanas para evitar un golpe de estado en Lesotho en 1998.

[editar] Retirada da política

En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo numerosas condecoracións e premios.

En 2003 atacou a política exterior de George Bush, en especial a súa actitude cara Iraq. En xuño de 2004, Mandela anunciou a súa retirada da vida pública.

En novembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou proclama-lo 18 de xullo como o Día Internacional de Nelson Mandela, en recoñecemento da súa contribución á cultura da paz e da liberdade [1].

[editar] Véxase tamén

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas