20 de outubro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 20 de outubro é o 293º día do ano do calendario gregoriano (294º nos anos bisestos). Quedan 72 días para finalizar o ano.
19 de outubro < 20 de outubro < 21 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1536 - Dinamarca declara ilegal a Igrexa Católica.
- 1548 - O capitán español Alonso de Mendoza funda a cidade de La Paz, capital de Bolivia.
- 1740 - María Tereixa sube ao trono de Austria.
- 1803 - O Senado dos Estados Unidos ratifica a incorporación de Luisiana.
- 1827 - Batalla de Navarino: unha frota combinada turco-exipcia é destruída por unha forza naval aliada de navíos británicos, franceses e rusos, no porto de Navarino, en Pilos, Grecia. A independencia de Grecia fica afirmada.
- 1896 - Italia renuncia ao protectorado sobre Abisinia.
- 1929 - Estrea do pasodoble Ponteareas, composto polo compositor galego Reveriano Soutullo en honra da súa localidade natal.
- 1944 - O Exército Vermello ruso toma Belgrado, capital de Iugoslavia.
- 2005 - Santiago Carrillo, ex-dirixente do PCE , é investido Doctor Honoris Causa na Universidad Autónoma de Madrid pola súa participación na transición española.
[editar] Nacementos
- 1784 - Henry Temple, primeiro ministro británico (m. 1865)
- 1854 - Arthur Rimbaud, poeta francés (m. 1891)
- 1854 - Alphonse Allais, escritor normando. (m. 1905)
- 1859 - John Dewey, filósofo estadounidense (m. 1952)
- 1878 - Arthur Scherbius, enxeñeiro eletrónico alemán que inventou e patentou a Máquina Enigma (m. 1929)
- 1882 - Béla Lugosi, actor húngaro (m. 1956)
- 1891 - James Chadwick, físico británico, Premio Nobel de Física (m. 1974)
- 1892 - Jomo Kenyatta, presidente de Quenia (m. 1978)
- 1927 - Abel Santamaría, revolucionario cubano (m. 1953)
- 1928 - Daniel Nathans, microbioloxista norteamericano (m. 1999)
- 1942 - Christiane Nüsslein-Volhard, bióloga alemán, Premio Nobel
- 1946 - Elfriede Jelinek, escritora austríaca, Premio Nobel de Literatura.
- 1958 - Viggo Mortensen, actor norteamericano.
- 1971 - Snoop Dogg, cantante de rap norteamericano.
[editar] Mortes
- 1187 - Urbano III, Papa
- 1740 - Carlos VI de Alemaña, emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico (n. 1711).
- 1920 - Max Bruch, compositor alemán (n. 1838)
- 1935 - Arthur Henderson, político escocés, premio Nobel da Paz (n. 1863)
- 1964 – Herbert Hoover, presidente dos Estados Unidos (n. 1874)
- 1980 - Robert Whittaker, zoólogo norteamericano (n. 1920)
- 1984 - Carl Ferdinand Cori, bioquímico norteamericano, Premio Nobel (n. 1896)
- 1984 - Paul Dirac, matemático e físico británico, Premio Nobel de Física (n. 1902)
- 1987 - Andrei Nikolaevich Kolmogorov, matemático ruso (n. 1903).
- 1994 - Burt Lancaster, actor norteamericano (n. 1913)
- 2011 - Muammar al-Gaddafi, xefe de Estado de Libia dende 1969 até 2011 (n. 1942).
[editar] Santoral
- Santa Aurora.
- San Cornelio, centurión.
- Santa Irene de Portugal, mártir.
- Santa Matrona.
[editar] Festas e celebracións
- Día do Poeta
- Día Mundial da Osteoporose
- Mitoloxía gaulesa - Día da Dama do Lago, que tería dado a espada Excalibur para o Rei Arthur.
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro