United Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
United Airlines
2010-07-15 B767 UA N663UA EDDF 02.jpg
IATA
UA
OACI
UAL
Indicativo
UNITED
Fundación 1926 (como Varney Air Lines)
Inicio das operacións 6 de abril de 1926
Plan de voo frecuente MileagePlus
Alianza Star Alliance
Frota 703
Destinos 378
Eslogan da compañía Let's Fly Together
Sede Chicago, Illinois
Páxina web: https://www.united.com

United Air Lines, Inc. é unha aeroliña estadounidense, subsidiaria de United Continental Holdings, Inc. Trátase da maior aeoliña do mundo en número de empregados, con 88.253 en outubro do 2012, e a segunda en número de avións, 702. A sede corporativa atópase en Chicago e o seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional George Bush de Houston, Texas. A aeroliña tamén ten centros nos aeroportos O'Hare de Chicago, Washington Dulles, Denver, San Francisco, Los Angeles, Narita (preto de Tokyo), Newark Liberty, Cleveland Hopkins e Antonio B. Won Pat en Guam. United é un dos membros fundadores de Star Alliance, a alianza de aeroliñas máis grande do mundo, e ofrece voos a máis de 1.000 destinos en 170 países. O servizo rexional da aeroliña é operado por United Express.

United fundouse en 926 como Varney Air Lines, converténdose en Boeing Air Transport en 1927 cando foi mercada polo fabricante de aviñons Boeing. Converteuse nunha compañía independente en 1934 en fusionouse con Capital Airlines en 1961. O 30 de novembro de 2011 United Airlines conseguíu un certificado de operación único coa antiga Continental Airlines, o que singifica que ámbalas dúas son na actualidade unha única aeroliña. O 3 de marzo do 2012 Continental e United fusionaron os sistemas de servizo de pasaxeiros, os programas de fidelización e as páxinas web eliminando oficialmente a marca e o nome de Continental.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de United Airlines
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 55 120
Airbus A320-200 97 138 - 144
Airbus A350-900 (25 pedidos) Serán entregados entre 2016 e 2019
Boeing 737–500 24 114
Boeing 737–700 36 (46 pedidos) 124
Boeing 737–800 130 (2 pedidos) 154 - 160
Boeing 737–900 12 173
Boeing 737-900ER 34 (18 pedidos) 173
Boeing 747–400 24 374
Boeing 757–200 134 110 - 186
Boeing 757–300 21 216
Boeing 767-200ER 8 174
Boeing 767-300ER 35 183 - 244
Boeing 767-400ER 16 235 - 256
Boeing 777–200 19 252 - 348
Boeing 777-200ER 55 252 - 276
Boeing 787–8 (36 pedidos) 219 - 228
Boeing 787–9 (14 pedidos)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]