Saturno
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis. No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.
O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1430 millóns de quilómetros.
Índice |
Orixe do nome de Saturno [editar]
Debido á súa posición orbital máis distante que Xúpiter os antigos romanos outorgáronlle o nome do pai de Xúpiter ao planeta Saturno. Na mitoloxía romana, Saturno era o equivalente do antigo titán grego Cronos, deus do tempo. Cronos era fillo de Urano e Gaia e gobernaba o mundo dos deuses e os homes devorando aos seus fillos en canto nacían para que non o destronaran. Zeus-un deles- conseguiu esquivar este destino e finalmente derrocou ao seu pai para converterse no deus supremo.
Os gregos e romanos, herdeiros dos sumerios nos seus coñecementos do ceo, estableceran en sete o número de astros que se movían no firmamento: o Sol, a Lúa, e os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, as estrelas errantes que a distintas velocidades orbitaban arredor da Terra, centro do Universo. Dos cinco planetas, Saturno é o de movemento máis lento, emprega uns trinta anos (29,457 anos) en completar a súa órbita, case o triplo que Xúpiter (11,862 anos), e respecto a Mercurio, Venus e Marte a diferenza aínda é maior. Saturno destacaba pola súa lentitude e se Xúpiter era Zeus, Saturno tiña que ser Cronos, o pai ancián, que paso a paso vaga entre as estrelas.
Características xerais [editar]
Saturno é un planeta visiblemente achatado nos polos cun ecuador que sobresae formando a figura dun esferoide ovalado. Os diámetros ecuatorial e polar son respectivamente 120.536 e 108.728 km. Este efecto prodúcese pola rápida rotación do planeta, a súa natureza fluída e a súa relativamente baixa gravidade. Os outros planetas xigantes son tamén ovalados, mais non tanto coma este. Saturno posúe unha densidade específica de 690 kg/m³, sendo o único planeta do Sistema Solar cunha densidade inferior á da auga (1000 kg/m³), é dicir, flotaría sobre a auga. O planeta está formado por un 94% de hidróxeno e un 3% de helio xunto con outros gases residuais. O volume do planeta é o dunhas 740 veces o da Terra, mais a súa masa é 95 veces a terrestre, debido á baixa densidade media relativa mencionada.
Satélites de Saturno [editar]
Nestes momentos coñécense sesenta e dúas lúas do planeta, das que xa foron nomeadas cincuenta e tres, e outras nove agardan nome definitivo.
O satélite Themis, supostamente descuberto no 1905 por William H. Pickering non existe.
| Nome | Diámetro (km) | Masa (kg) | Semieixo maior (km) | Período Orbital | Posición | Descuberto no | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Saturno I | Mimas | 397 | 3,80×1019 | 185.520 | 0,942422 días | 1789 | |
| Saturno II | Encélado | 499 | 7,30×1019 | 238.020 | 1,370218 días | Na espesura do anel E | 1789 |
| Saturno III | Tetis | 1.060 | 6,22×1020 | 294.660 | 1,887802 días | 1684 | |
| Saturno IV | Dione | 1.118 | 1,05×1021 | 377.400 | 2,736915 días | 1684 | |
| Saturno V | Rhea | 1.528 | 2,49×1021 | 527.040 | 4,5175 días | 1672 | |
| Saturno VI | Titán | 5.151 | 1,35×1023 | 1.221.850 | 15,94542 días | 1655 | |
| Saturno VII | Hiperión | 286 (410 × 260 × 220) | 1,77×1019 | 1,481,100 | 21,27661 días | 1848 | |
| Saturno VIII | Iapeto | 1.460 | 1.88×1021 | 3.561.300 | 79,33018 días | 1671 | |
| Saturno IX | Febe | 220 | 4,00×1018 | 12.944.300 | -548,2 días** | Grupo Escandinavo | 1899 |
| Saturno X | Xano | 178 (196 × 192 × 150) | 2,01×1018 | 151.472 | 0,6945 días | co-orbitais | 1966 |
| Saturno XI | Epimeteo | 115 (144 × 108 × 98) | 5,60×1017 | 151.422 | 0,6942 días | 1980 | |
| Saturno XII | Helena | 33 (36 × 32 × 30) | ~0,02446 | 377.400 | 2,736915 días | Troiano traseiro de Dione | 1980 |
| Saturno XIII | Telesto | 29 (34 × 28 × 36) | ~0,010 | 294.660 | 1,887802 días | Troiano dianteiro de Tethys | 1980 |
| Saturno XIV | Calipso | 26 (34 × 22 × 22) | ~0,0065 | 294.660 | 1,887802 días | Troiano traseiro de Tethys | 1980 |
| Saturno XV | Atlas | 30 (40 × 20) | 0,0066 ± 0,0006 | 137.670 | 0,6019 días | Pastor exterior ó anel A | 1980 |
| Saturno XVI | Prometeo | 86,2 ± 5,4 (133×79×61) | 0,1566 ± 0,0020 | 139.350 | 0,6130 días | Pastor interior ó anel F | 1980 |
| Saturno XVII | Pandora | 80,6 ± 4,4 (103×80×64) | 0,1356 ± 0,0023 | 141.700 | 0,6285 días | Pastor exterior ó anel F | 1980 |
| Saturno XVIII | Pan | 28,4 ± 2,6 (35×32×21) | 0,00495 ± 0,00075 | 133.583 | 0,575 días | Na división Encke | 1990 |
| Saturno XIX | Ymir | ≈ 18 | ~0,00397 | 23.096.000 | -1312,4 días** | Grupo Escandinavo | 2000 |
| Saturno XX | Paaliaq | 22 | ~0,00725 | 15.199.000 | +687 días | Grupo Inuit | 2000 |
| Saturno XXI | Tarvos | 15 | Descoñecido | 18.247.000 | +926 días | Grupo Galo | 2000 |
| Saturno XXII | Ijiraq | 12 | ~0,00118 | 11.442.000 | 451,5 días | Grupo Inuit | 2000 |
| Saturno XXIII | Suttungr | 7 | ~0,00023 | 19.463.000 | -1016,3 días** | Grupo Escandinavo | 2000 |
| Saturno XXIV | Kiviuq | 16 | ~0,00279 | 11 110 000 | 449,2 días | Grupo Inuit | 2000 |
| Saturno XXV | Mundilfari | 7 | ~0,00023 | 18 690 000 | −953 días** | Grupo Escandinavo | 2000 |
| Saturno XXVI | Albiorix | 32 | ~0,0223 | 16 180 000 | 783,5 días | Grupo Galo | 2000 |
| Saturno XXVII | Skathi | 8 | ~0,00035 | 15.647.000 | -728,9 días** | Grupo Escandinavo | 2000 |
| Saturno XXVIII | Erriapus | 10 | ~0,00068 | 17 340 000 | 871,9 días | Grupo Galo | 2000 |
| Saturno XXIX | Siarnaq | 40 | ~0,0435 | 17 530 000 | 896 días | Grupo Inuit | 2000 |
| Saturno XXX | Thrymr | 7 | ~0,00023 | 20 470 000 | −1 094 días** | Grupo Escandinavo | 2003 |
| Saturno XXXI | Narvi | ≈ 7 | ~0,00023 | 19 010 000 | −1 004 días** | Grupo Escandinavo | 2000 |
| Saturno XXXII | Methone | 3,2 ± 1,2 | ~0,00002 | 194 440 | 1,01 días | Grupo das Alcionedas | 2004 |
| Saturno XXXIII | Pallene | 4,4 ± 0,6 (5×4×4) | ~0,00006 | 212 280 | 1,14 días | Grupo das Alcionedas | 2004 |
| Saturno XXXIV | Polideuco/Pollux | 2,6 ± 0,8 (3×2×2) | ~0,00001 | 377 200 | 2,74 días** | Punto de Lagrange despois de Dione | 2004 |
| Saturno XXXV | Daphnis | 7,8 ± 1,6 (9×8×6) | 0,000084 ± 0,000012 | 136 500 | 0,594 días | Brecha de Keeler | 2005 |
| Saturno XXXVI | Æegir | ≈ 6 | ~0,00015 | 20 740 000 | −1 117 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XXXVII | Bebhionn | ≈ 6 | ~0,00015 | 17 120 000 | 835 días | Grupo Galo | 2004 |
| Saturno XXXVIII | Bergelmir | ≈ 6 | ~0,00015 | 19 340 000 | −1006 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XXXIX | Bestla | ≈ 7 | ~0,00023 | 20 130 000 | −1 084 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XL | Farbauti | ≈ 5 | ~0,00009 | 20 390 000 | −1 086 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XLI | Fenrir | ≈ 4 | ~0,00005 | 22 450 000 | −1 260 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XLII | Fornjot | ≈ 6 | ~0,00015 | 25 110 000 | −1 491 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XLIII | Hati | ≈ 6 | ~0,00015 | 19 860 000 | −1 039 días** | Grupo Escandinavo | 2004 |
| Saturno XLIV | Hyrrokkin | ≈ 8 | ~0,00035 | 18 440 000 | −932 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno XLV | Kari | ≈ 7 | ~0,00023 | 22 120 000 | −1 234 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno XLVI | Loge | ≈ 6 | ~0,00015 | 23 070 000 | −1 313 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno XLVII | Skoll | ≈ 6 | ~0,00015 | 17 670 000 | −878 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno XLVIII | Surtur | ≈ 6 | ~0,00015 | 22 710 000 | −1 298 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno XLIX | Anthe | ≈ 2 | ~0,000005 | 197 700 | 1,04 días | Grupo das Alcionedas | 2007 |
| Saturno L | Jarnsaxa | ≈ 6 | ~0,00015 | 18 810 000 | −965 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno LI | Greip | ≈ 6 | ~0,00015 | 18 210 000 | −921 días** | Grupo Escandinavo | 2006 |
| Saturno LII | Tarqeq | ≈ 7 | ~0,00023 | 18 010 000 | 888 días | Grupo Inuit | 2007 |
| Saturno LIII | Aegaeon | ≈ 0,5 | ~0,0000001 | 167 500 | 0,8081 días | No anel G | 2008 |
| S/2007 S 2* | ≈ 6 | ~0,00015 | 16 730 000 | −808 días** | Grupo Escandinavo | 2008 | |
| S/2009 S 1* | ≈ 0,3 | < 0,0000001 | ≈ 117 000 | 0,4715 días | División de Cassini | 2009 | |
| S/2006 S 1* | ≈ 6 | ~0,00015 | 18 980 000 | −1015 días** | Grupo Escandinavo | 2006 | |
| S/2007 S 3* | ≈ 5 | ~0,00009 | 18 980 000 | −978 días** | Grupo Escandinavo | 2007 | |
| S/2004 S 13* | ≈ 6 | ~0,00015 | 18 400 000 | −933 días** | Grupo Escandinavo | 2004 | |
| S/2004 S 17* | ≈ 4 | ~0,00005 | 19 450 000 | −986 días** | Grupo Escandinavo | 2004 | |
| S/2004 S 12* | ≈ 5 | ~0,00009 | 19 890 000 | −1 046 días** | Grupo Escandinavo | 2004 | |
| S/2004 S 7* | ≈ 6 | ~0,00015 | 21 000 000 | −1 140 días** | Grupo Escandinavo | 2004 | |
| S/2006 S 3* | ≈ 6 | ~0,00015 | 22 100 000 | −1 227 días** | Grupo Escandinavo | 2006 | |
* Agardando nomeamento definitivo pola Unión Astronómica Internacional.
** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ó redor de Saturno (contraria á rotación do planeta).
Exploración de Saturno [editar]
A Sonda Cassini-Huygens chegou ata o planeta en xuño do 2004 e mostrou novos datos e imaxes de Saturno e da súa lúa Titán.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |