Apartheid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Apartheid é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 na África do Sur para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial.

O primeiro rexistro do uso desta palabra atópase nun discurso de Jan Smuts en 1917, político que en 1919 chegou a primeiro ministro de África do Sur.

Este réxime foi abolido por Frederik de Klerk en 1990 e, finalmente en 1994 celebráronse eleccións libres.


Día do Apartheid na África do Sur[editar | editar a fonte]

"Para uso exclusivo de brancos".

O apartheid foi implementado por lei. As restricións non foron só sociais senón que eran obrigatorias pola lei.

Os non-brancos estaban excluídos do goberno nacional e non podían votar excepto en eleccións a institucións segregadas que non tiñan poder.

Aos negros prohibíanselle diversos empregos e tamén empregar a brancos. Non podían manter negocios ou prácticas profesionais en calquera área designada soamente para brancos. Cada metrópole significativa e practicamente todas as áreas comerciais estaban dentro das zonas só para brancos. Os negros (excepto uns poucos que tiñan dereitos da "Sección 10") que constituían o 70% da poboación, foron excluídos de todo menos unha pequena proporción do país, a non ser que eles tivesen un pase que era imposíbel de conseguir para a maioría. A implementación desta política resultou na confiscación da propiedade e movemento forzado de millóns de negros. Un pase só se lle daba a quen tiña traballo aprobado; as esposas e nenos tiñan quedaban fóra. Ese pase emitíao un maxisterio distrital confinando os (negros) que o posuían a aquela área. Non ter un pase válido facía un negro suxeito á prisión inmediata, xuízo sumario e "deportación" da "patria". A policía que tiñan o símbolo sjambok vixiaban a "área branca" para descubrir os negros "ilegais".

A terra conferida aos negros era tipicamente moi pobre, imposibilitada de prover recursos á poboación forzada á ela. As áreas de negros raramente tiñan saneamento ou electricidade.

Os hospitais estaban segregados, os destinados a brancos igualaban a calquera do mundo occidental, mentres que os destinados a negros tiñan comparativamente unha seria falta de persoal e fondos. As ambulancias estaban segregadas, forzando a que a "raza" da persoa fose correctamente identificada cando eran chamadas. Unha ambulancia "branca" non levaría un negro ao hospital. As ambulancias para negros normalmente contiñan pouco ou ningún equipamento médico.

Nos anos 1970 a educación de cada neno negra custaba ao estado só un décimo do que a dun neno branco. A educación superior era practicamente imposíbel para a maioría dos negros: as poucas universidades de alta calidade estaban reservadas aos brancos. Alén diso, a educación provida aos negros era deliberadamente non os preparaba para a universidade, e si para os traballos manuais dispoñíbeis para eles.

Os trens e buses estaban segregados. Alén diso, os trens para brancos non tiñan vagóns de terceira clase, mentres que os trens para negros estaban sobreutilizados e presentaban só vagóns de terceira clase. Os ómnibus de negros paraban só en paradas de negros e os de brancos, nas de brancos.

As praias tamén estaban racialmente segregadas, coa maioría (incluíndo todos as mellores) reservadas para brancos.

Piscinas públicas e bibliotecas acontecía o mesmo, aínda que practicamente non habían piscinas ou bibliotecas para negros. Case non había parques, cinemas, campos para deportes ou diversións a non ser postos policiais nas áreas negras. Os bancos dos parques estaban marcados "Só para europeos".

O sexo interracial estaba prohibido. Os policías negros non tiñan permiso para prender aos brancos. Os negros non tiñan autorización para comprar a maioría das bebidas alcohólicas. Un negro podería estar suxeito á pena de morte por violar a unha branca, mais un branco que violase a unha negra recibía só unha multa, e case sempre nin iso.

Os cinemas nas áreas brancas non tiñan permiso para aceptar negros. Os restaurantes e hoteis non tiñan permiso para aceptar negros, a non ser como funcionario.

Non se permitía aos negros organizárense en sindicatos, ata os anos 1980, e calquera sindicato "político" estaba prohibido. As folgas estaban prohibidas e severamente reprimidas. Os negros pagaban impostos sobre unha renda baixa do nivel de R30 ao mes (aprox. 15 libras nos anos 70), o límite de exención dos brancos era moito máis alto.

O apartheid perverteu a cultura africana, así como as leis. Un branco que entrase nun comercio sería atendido primeiro, independente da idade, vestimenta ou calquera outro factor. Ata os anos 1980, dos negros sempre se esperaría que descendesen da calzada para dar pasaxe a calquera peón branco. Un neno branco sería chamado de "klein baas" (pequeno xefe) por un negro; un negro adulto debería ser chamado de "rapaz", na súa cara, por brancos.

Motivacións por tras da implementación do apartheid[editar | editar a fonte]

É interesante examinar o que motivou os criadores das políticas de apartheid e que visión do mundo defendían esas persoas para xustificar tal discriminación.

É común considerar que o apartheid ten como centro das súas crenzas que (I) outras razas son inferiores, (II) o tratamento inferior a razas "inferiores" é apropiado, e (III) tal tratamento debería ser reforzado pola lei. Con todo, teñen existido e continúan a existir apoloxistas académicos para o apartheid que argumentan que a pesar dos fallos do apartheid na África do Sur, tiña a intención polos seus arquitectos de ser un sistema que separase as razas, previndo os "brancos" (e outras minorías) de seren "engulidos" e perderen a súa identidade, mais trataría, con todo, as razas de forma xusta e igual. Herman Giliomee no seu libro Os Afrikaners describe cantos da lideranza intelectual dos Afrikaners tiñan boas intencións xenuínas. El non responde porén, a cuestión de como a elite intelectual foi capaz de xogar o xogo "non vexa o mal, non oia o mal, non fale do mal" tanto durante tanto tempo, a pesar de encararse coas crueldades do apartheid diariamente.

Un caso en discusión é o documento Afrikaner Broederbond referenciado abaixo. Nel afírmase a crenza Afrikaner na democracia e nos principios cristiáns. A súa visión da democracia, con todo, sistematicamente excluiu aos non-brancos, e o seu entendemento dos principios cristiáns non se estendían ao trato igual aos seus veciños negros. Aparentemente eles recoñecían aos negros como inferiores ou "excesivamente diferentes" para seren tratados de igual forma.

O goberno surafricano tentou dividir o Estado da África do Sur recoñecido internacionalmente nun sen número de republiquetas. Algo como 87% da terra estaba reservada aos brancos, mestizos, e indianos. Cerca de 13% da terra dividíase en dez "patrias fragmentadas para os negros (80% da poboación) aos cales se lle daba a "independencia", a pesar que a autonomía era máis teórica que real: o exército da África do Sur interviría para eliminar gobernos das "patrias" que implementasen políticas que non fosen do gosto da África do Sur. O goberno da África do Sur tentou trazar unha equivalencia entre a súa visión de "cidadáns" negros nas "patrias e a visión da Unión Europea e dos Estados Unidos sobre inmigrantes ilegais vidos da Europa Oriental e América Latina, respectivamente.


Historia do apartheid na África do Sur[editar | editar a fonte]

Bandeira sudafricana entre 1928 e 1994

A África do Sur foi colonizada polos neerlandeses e o británicos do século XVII en diante. Como acontecía normalmente no caso de colonias na África, os colonizadores Europeos dominaban os nativos a través de control político e militar e do control da terra e da riqueza.

Despois das guerras bóers entre os independentistas afrikaners e os ingleses, foi criada a Unión Sudafricana en 1910, co estatuto de Dominio do Imperio Británico. Aínda que o sistema colonias fose esencialmente un réxime racista, foi nesta fase cando comezaron a forxar as bases legais para o réxime do apartheid. Por exemplo, na propia constitución da Unión, aínda que fose considerada unha república unitaria, cun único goberno, apenas na Provincia do Cabo os non-brancos que fosen propietarios tiñan dereito ao voto, porque as provincias mantiñan algunha autonomía.

Unha das primeiras leis adoptadas foi o "Regulamento do Traballo Indíxena" ("The Native Labour Regulation Act", en inglés) de 1911, segundo a cal era considerado un crime - só para os "africanos", ou sexa, os "non-brancos", a quebra dun contrato de traballo. Aínda no mesmo ano, foi promulgada a "Lei da Igrexa Reformada Holandesa" ("The Dutch Reformed Church Act"), que prohibía aos negros de se tornaren membros de pleno dereito daquela igrexa.

Máis importante aínda foi a "Lei da Terra" ("Natives Land Act") de 1913, que dividiu a África do Sur en áreas onde só negros ou brancos podían ter a pose da terra: os negros, que constituían dous terzos da poboación, ficaron con dereito a 7,5 % da terra, mentres os brancos, que eran apenas un quinto da poboación, ficaron con dereito a 92,5 % da terra; os mestizos ("coloured") non tiñan dereito á pose da terra. Esta lei determinaba igualmente que os "africanos" só poderían vivir fora das súas terras cando fosen empregados dos brancos. Pasou tamén a ser ilegal a práctica usual de ter rendeiros negros nas plantacións.

Nos anos que se seguiron á vitoria do Partido Nacional nas eleccións xerais de 1948, aprobáronse un gran número de leis, instituíndo aínda máis a dominación da poboación branca sobre outras razas.


As principais leis do apartheid foron as seguintes:

  • A Lei de Prohibición de Casamentos Mistos (1949)
  • Emenda á Lei de Inmoralidade (1950)
  • A Lei de Rexistro da Poboación (1950)
    • Esa lei requiría que todos os cidadáns se rexistrasen como negros, brancos ou mestizos.
  • A Lei de Supresión do Comunismo (1950)
  • A Lei de Áreas de Agrupamento (Group Areas Act de 27 de Abril de 1950)
    • Esa lei eliminou persoas de algunhas razas de varias áreas urbanas
  • Lei da Auto-determinación dos Bantú (Bantu Self-Gobernment Act, de 1951) - Esta lei estabelecía as chamadas “Homelands” (coñecidas para o resto do mundo como “Bantustións”) para dez diferentes tribos “africanas” (de negros), onde eles podían residir e ter propiedades.
  • A Lei de Reserva de Beneficios Sociais Separados (1953)
    • Esa lei prohibiu a persoas de razas diferentes usar as mesmas instalacións públicas.
  • A Lei de Educación Bantú (1953)
    • Esa lei trouxo varias medidas explicitamente criadas para reducir o nivel de educación recibida pola poboación negra.
  • A Lei de Minas e Traballo (1956)
  • A Lei de Promoción do Auto-Goberno Negro (1958)
    • Esa lei criou "patrias" nominalmente independentes para persoas negras. Na práctica, o goberno surafricano tiña unha influencia forte sobre un bantustán.
  • Lei de Cidadanía da Patria Negra (1971)
    • Esa lei mudou o status dos nativos das 'patrias' de forma que eles non fosen considerados cidadáns da África do Sur, non tendo así ningún dereito asociado a esa cidadanía.

En 21 de marzo de 1960, 20.000 persoas negras congregadas en Sharpeville protestaron contra o requirimento aos negros de portaren as identidades (baixo as regras estipuladas na Lei da Licenza). A policía abriu fogo contra eles, matando a 69 e ferindo 180. Todas as vítimas eran negras. A maioría delas disparáronlle polas costas. O Coronel J. Pienaar, o oficial da policía encargado no día, foi visto dicindo que

"Hordas de nativos cercaron a delegación. O meu coche foi alcanzado por unha pedra. Se fan esas cousas, eles deben aprender a lección de modo difícil."

Ese evento ficou coñecido como o Masacre de Sharpeville. Como consecuencia, o goberno prohibiu o Congreso Nacional Africano (ANC) e o Congreso Panafricanista (PAC).

O evento levou a unha gran mudanza nas tácticas do ANC, mudando de medios pacíficos a medios violentos. A pesar de teren as súas unidades detonado bombas nos edificios do goberno nos anos seguintes, o ANC e o PAC non eran amezas ao Estado, que tiña o monopolio do armamento moderno.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 1761 o 6 de novembro de 1962 que condenou as políticas racistas do apartheid sur-africano e pediu que todos os países-membros da ONU cancelases as relacións militares e económicas coa África do Sur.


En 1964, Nelson Mandela, líder do ANC, foi condenado á prisión perpetua.

En 1974 o goberno aprobou o Decreto de Midia Afrikaans que forzaba todas as escolas a usaren a lingua afrikaans cando ensinasen aos negros matemática, ciencias sociais, xeografía e historia na educación secundaria. Punt Janson, o vice-ministro de educación Bantu dixo: "Eu non consultei o pobo africano na cuestión da lingua e non vou consultar. Un africano pode pensar que 'o xefón' só fala afrikaans ou inglés. Sería vantaxoso para el saber as dúas linguas."

Esa política foi profundamente impopular. O 30 de abril de 1976, os nenos Primario Orlando West en Soweto entraron en folga, rexeitando ir a escola. A rebelión espallouse por outras escolas en Soweto. Os estudantes organizaron un protesta en masa o 16 de xuño de 1976, que acabou violenta - a policia respondeu con balas ás pedras tiradas polos nenos. O incidente disparou unha onde de violencia xeneralizada por toda a África do Sur, o que segou centenas de vidas.

Internacionalmente, a África do Sur ficou illada. Innúmeras conferencias aconteceron e aprobáronse as resolucións das Nacións Unidas condenando a África do Sur, incluíndo a Conferencia Mundial Contra o Racismo en 1978 e 1983. Un inmenso movemento de cercenamento de dereitos iniciouse, presionando os investidores a rexeitaren de investir en empresas da África do Sur ou empresas que fixesen negocios coa África do Sur. Os equipos deportivos da África do Sur prohibíuselle de participaren de eventos internacionais, e o turismo e a cultura sur-africanos foron boicoteados.

Eses movementos internacionais, combinados con problemas internos, persuadiron o goberno Sur-Africano que a súa política de liña dura era indefendíbel e en 1984 introducíronse algunhas reformas. Moitas das leis do apartheid foron abolidas, e promulgouse unha nova constitución que daba representación limitada a certos non-brancos, a pesar de non estendelas á maioría negra. A violencia continuou ata os anos 1980.

Os anos máis violentos dos anos 80 foron os de 1985 a 1988, cando o goberno P. W. Botha comezou unha campaña para eliminar os opositores. Por tres anos a policía e os soldados patrullaron as cidades sur-africanas en vehículos armados, destruíndo campos pertencentes a negros e detendo, abusando e matando centenas de negros. Ríxidas leis de censura tentaron esconder os sucesos, prohibindo medios de comunicación.

En 1989, F. W. de Klerk sucedeu a Botha como presidente. O 2 de febreiro de 1990, na apertura do parlamento, declarou que o apartheid fracasara e que as prohibicións aos partidos políticos, incluíndo a ANC, serían retiradas. Nelson Mandela foi soltado da prisión. De Klerk seguiu abolindo todas as leis que apoiaban o apartheid.

O 15 de Abril de 2003, o presidente Thabo Mbeki anunciou que o goberno da África do Sur pagaría 660 millóns de Rand (aproximadamente 85 millóns de dólares norte-americanos) para preto de 22 mil persoas que foran torturadas, detidas ou que perderan familiares a consecuencia do apartheid. A Comisión da Verdade e Reconciliación, formada para investigar os abusos da era do apartheid, recomendara ao goberno pagar 3000 millóns nos cinco anos seguintes.

O apartheid nas leis internacionais[editar | editar a fonte]

Apartheid condenado nas Nacións Unidas.

O apartheid surafricano foi condenado internacionalmente como inxusto e racista. En 1973 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o texto da Convención Internacional da Punición e Supresión ao crime do Apartheid. A intención inmediata da convención era provir a estrutura formal e legal para que os membros puidesen aplicar sancións para presionar os gobernos sur-africanos a mudar as súas políticas.. A convención gañou forza en 1976.

O Artigo II da convención define o apartheid así:

No propósito da presente convención, o termo "crime de apartheid", que debe incluír prácticas de segregación e discriminación racial e políticas similares ás practicadas no sur da África, debe aplicarse aos seguintes actos inhumanos cometidos co propósito de establecer e manter a dominación dun grupo racial de persoas sobre calquera outro grupo racial de persoas e a opresión sistemática destas:

(a) Negación a un membro ou membros dun grupo ou grupos raciais ao dereito á vida e á liberdade individual
(i)Por asasinato ou asasinatos de grupo ou grupos raciais;
(ii) Por uso de agresións mentais ou corporais graves a membros de grupos raciais, polo infrinximento das súas liberdades ou dignidades, ou pola suxeición dos mesmos á tortura ou á punición/tratamento cruel e inhumano;
(iii) Pela prisión arbitraria ou aprisionamento ilegal de membros de grupos raciais;
(b) Imposición deliberada a grupos raciais de condicións de vida calculadas para causar a súa destrución física total ou parcial;
(c) Calquera medida lexislativa e outras medidas calculadas para evitar que un grupo ou grupos raciais participen da vida política, social, económica ou cultural dun país e a creación deliberada de condicións que eviten o desenvolvemento completo dun grupo ou grupos raciais, en particular a través da negación dos dereitos e liberdades humanas, incluíndo o dereito ao traballo, o dereito de formar unións comerciais, o dereito á educación, o dereito de deixar e retornar ao seu país, o dereito á unha nacionalidade, o dereito de ir e vir e da mobilidade da residencia, o dereito á liberdade de opinión e expresión, e o dereito a xuncións e asociacións libres e pacíficas a membros de grupos raciais.
(d) Calquera medida, incluíndo medidas lexislativas, destinadas a dividir racialmente a poboación pola creación de reservas separadas e guetos para membros dun grupo ou grupos raciais, a prohibición de casamentos que mesturen grupos raciais distintos, a expropiación de propiedades territoriais pertencentes a grupos raciais a membros que non son da comunidade;
(e) Explotación da forza laboral de membros dun grupo ou grupos raciais, en particular pola submisión a traballos forzados;
(f) Persecución de organizacións ou persoas, para privalas de dereitos e liberdades fundamentais, polo feitos desas seren opostas ao apartheid.

O crime tamén foi definido na Corte Criminal Internacional:

"O crime de apartheid" refírese a actos inhumanos de carácter similar aos referidos no parágrafo 1, cometidos no contexto dun réxime institucionalizado para a opresión sistemática e dominación dun grupo racial sobre calquera outro grupo ou grupos, cometidos coa intención de manter o réxime [1]

Conclusión[editar | editar a fonte]

O 10 de marzo de 1994, Nelson Mandela xurou como presidente da África do Sur diante dunha eufórica multitude. Entre as súas primeiras accións foi criar a Comisión Verdade e Reconciliación e reescribir unha Constitución. Na elección multi-racial seguinte, o ANC de Mandela gañou con larga marxe, terminando efectivamente coa era do apartheid.

A herdanza do apartheid e as desigualdades socio-económicas que ela promoveu e sustentou poden aínda prexudicar a África do Sur por moitos anos no futuro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Artigos sobre o apartheid na África do Sur[editar | editar a fonte]