Astrónomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galileo

Un astrónomo ou astrofísico é un científico cuxa área de investigación é a astronomía ou a astrofísica.

Considérase o comezo da astronomía na antiga Babilonia polos seus sacerdotes. Estudos recentes dos gravados babilonios mostraron o coñecemento extremadamente preciso que posuían do seu ceo nocturno. Seguindo aos babilonios, os exipcios tamén facían especial fincapé na observación do ceo.

A combinación das interpretacións relixiosas do ceo, como lendas e mitos, conducen a unha dualidade que hoxe nós identificamos como astroloxía. É importante ter en conta que antes de 1750 aproximadamente non se facía distinción entre astronomía e astroloxía.

A diferenza da maioría de científicos, os astrónomos non poden manipular directamente os obxectos que estudan, e deben facer uso de detalladas observacións para os seus descubrimentos. Xeralmente, os astrónomos usan telescopios e outros instrumentos ópticos para as súas observacións.

Astrónomos famosos[editar | editar a fonte]

Astrónomo Contribución
Hiparco e Ptolomeo Determinaron a posición dunhas 1000 estrelas brillantes, intentaron explicar misterios astronómicos sen renunciar ao modelo xeocéntrico do Universo comunmente establecido na súa época, e clasificaron as estrelas pola súa magnitude.
Aristarco de Samos Primeira persoa que propuxo o modelo heliocéntrico do Universo.
Nicolás Copérnico Apoiou o modelo heliocéntrico.
Galileo Galilei Foi o primeiro astrónomo que usou o telescopio para observar o ceo. A Inquisición condenouno a arresto domiciliario polos seus descubrimentos, o cal foi levantado 359 anos despois polo Papa Xoán Paulo II.
Johannes Kepler Suxeriu a órbita elíptica dos planetas, e propuxo leis sobre o seu movemento actualmente coñecidas como Leis de Kepler.
Isaac Newton Publicou Philosophiae naturalis principia mathematica, tamén chamado os Principia, en (1687), contendo As leis de Newton do movemento, as cales son fundamentais para a mecánica celeste e explican as Leis de Kepler. predixo as órbitas dos planetas.
Subrahmanyan Chandrasekhar Traballou nos mecanismos interiores das estrelas. É particularmente coñecido por determinar o efecto da relatividade especial nas estrelas, incluíndo o primeiro cálculo do límite de Chandrasekhar, sen calculadora, durante unha viaxe en barco.
Henrietta Swan Leavitt Catalogou estrelas variables Cefeidas nas Nubes de Magallanes. En 1912 descubriu a relación entre luminosidade e periodicidade das Cefeidas - determinante para o posterior traballo de Hertzprung.
Ejnar Hertzprung Determinou a distancia a varias Cefeidas, cando as estrelas eran detectadas noutras galaxias como Andrómeda, a distancia a esas galaxias quedaba determinada.
Edwin Hubble Descubriu a expansión do universo. O telescopio espacial Hubble leva o seu nome no seu honor.