Terremoto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un terremoto ou sismo é un fenómeno de vibración brusca e pasaxeira da codia da Terra, orixinado por movementos subterráneos de placas rochosas, de actividade volcánica, ou por movemento (migración) de gases no interior da Terra, principalmente metano. O movemento asociado é causado pola liberación rápida de grandes cantidades de enerxía na forma de ondas sísmicas.
[editar] Datos
A maior parte dos terremotos ocorren nas fronteiras entre placas tectónicas ou en fallas entre dous bloques rochosos. A lonxitude dunha falla pode variar dalgúns centímetros ata milleiros de quilómetros, como é o caso da falla de Santo André, na California.
Só nos Estados Unidos ocorren de 12.000 a 14.000 terremotos anualmente (ou sexa, aproximadamente 35 por día). En base a rexistros históricos de longo prazo, pódense esperar por ano aproximadamente uns 18 grandes terremotos (de 7,0 a 7,9 na escala de Richter) e un terremoto xigante (8 ou por riba).
Entre os efectos dos terremotos están a vibración do solo, abertura de fallas, deslizamentos de terra, tsunamis, mudanzas na rotación da Terra, alén de efectos destrutivos en construcións feitas polo home, resultando en perda de vidas, feridos e altos prexuízos financeiros e sociais (como o desabrigo de poboacións enteiras, facilitando a proliferación de doenzas, fame, etc).
O maior terremoto rexistrado foi o Gran Terremoto do Chile en 1960 chegando a 9,5 na escala de Richter, seguido polo da Indonesia en 2004, que rexistrou 9,3 na mesma escala.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Epicentro
- Hipocentro
- Tsunami
- Escala de Mercalli - Escala de Richter
- Intensidade sísmica - Magnitude sísmica
- Sismoloxía