Batalla de Hastings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Hastings
Bayeux Tapestry WillelmDux.jpg
Data 14 de outubro de 1066
Lugar Hastings, Inglaterra
Conflito Guerra de Sucesión de Inglaterra de 1066
Resultado Vitoria normanda
Combatentes
Anglosaxóns Ducado de Normandía
Comandantes
Haroldo II o Saxón
Varios nobres saxóns
Guillerme de Normandía, Odo de Bayeux
Forzas
2000 soldados e 5500 Fyrdmen (milicianos) 2000 cabaleiros, 1500 arqueiros de varias clases e 4000 infantes
Baixas
Descoñecidas, pero moito máis que as normandas Cerca de 2000, entre mortos e feridos

A batalla de Hastings foi un enfrontamento decisivo para a conquista normanda de Inglaterra entre o último rei saxón de Inglaterra (Haroldo II de Inglaterra) e os invasores normandos que estaban ás ordes de Guillerme o Conquistador, duque de Normandía e futuro Guillerme I de Inglaterra.

A batalla celebrouse o 14 de outubro de 1066 entre forzas similares en número (6.000-7.000 homes), pero moi diferentes en equipamamento e formación. Mentres que o exército do rei Harold era o típico da Alta Idade Media, formado por milicianos armados que puideron acadar e algúns soldados profesionais armados con machados, o exército normando tiña unha formación moderna, con tres batallóns (o normando no centro, os bretóns á esquerda e os franceses e flamengos á dereita). Cada batallón tiña cabalería, infantería, arqueiros e besteiros. O exército normando era por tanto moi superior ao saxón.