Hendaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hendaia Hendaye
Blason d'Hendaye.svg
Información
País Flag of France.svg Francia
Rexión Flag of Aquitaine.svg Aquitania
Departamento Drapeau pyreneesatlantiques.svg Pireneos Atlánticos
Superficie 7,95 km2
Poboación 14.437 hab. (2009)
Densidade 1.815,97 hab./km²
Alcalde Jean-Baptiste Sallaberry (DD)
Hendaye Plage.jpg
Praia de Hendaia, ao fondo os promontorios rochosos coñecidos por les jumeaux.

Hendaia[1] (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia) é unha localidade francesa do departamento de Pireneos Atlánticos. Sitúase no territorio da antiga provincia de Labort, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia. O nome significa Baía Grande. A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Vista de Hendaia.

Situada no medio do Bidasoa, preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, Luís XI tivo un encontro con Henrique IV, rei de Castela; en 1526, Francisco I, prisioneiro dos españois desde a batalla de Pavía, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés Luís XIII, prometida do fillo do monarca español Filipe III, e Ana de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Luís XIII. En 1659, asinouse na illa a Paz dos Pireneos e o acordo nupcial entre Luís XIV e María Teresa, filla do rei español Filipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a Francia como a España, e desde 1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.

En 1923, o novelista francés Pierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da cidade dende o porto.

A cidade está na fronteira co País Vasco e é contigua á cidade vasca de Irún (Guipúscoa). É coñecida historicamente por ser a cidade onde se entrevistaron Franco e Hitler en 1940. Hendaia esta bañada polo Mar Cantábrico ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do río Bidasoa) ao oeste, que a separa de España (Irún e Hondarribia).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hendaiés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hendaia