Rafael Alberti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Alberti
Nacemento16 de decembro de 1902
Lugar de nacementoEl Puerto de Santa María
Falecemento27 de outubro de 1999 e 28 de outubro de 1999
Lugar de falecementoEl Puerto de Santa María e Cádiz
NacionalidadeEspaña
Alma máterInstitución Libre de Enseñanza
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, ilustrador, político, escritor, actor e pintor
CónxuxeMaría Teresa León e María Asunción Mateo
FillosAitana Alberti León
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Premio América de literatura, Creu de Sant Jordi, premio Mariano de Cavia, Premio Lenin da Paz, Orde da Insignia de Honra, fillo predilecto de Andalucía, Premio Nacional de Teatro, fillo predilecto da provincia de Cádiz, honorary doctorate of the National University of San Marcos, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, honorary doctorate of the Bordeaux Montaigne University, Orde de José Martí, honorary doctorate of the University of Granada, Golden Wreath, International Botev Prize e Medalla de Ouro ó Merito no Traballo
Na rede
IMDB: nm0016667 Allocine: 35085
Dialnet: 156002 Spotify: 02xLc6qN6UoJA0fkWtkD8u Musicbrainz: 47b8ee3f-fa1e-46e4-bcb1-f08015c00c75 Discogs: 521665 Find a Grave: 7014621 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rafael Alberti Merello, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 16 de decembro de 1902 e finado o 28 de outubro de 1999, foi un poeta español, parte da xeración do 27. En 1983 recibiu o Premio Cervantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alberti deixou a pintura para se dedicar á poesía despois da publicación do seu primeiro poemario, Marinero en tierra (1925), as súas primeiras obras como La amante (1926) ou El alba del alhelí (1927) insírense dentro da tradición dos cancioneros españois, aínda que tomando elementos vangardistas. A partir de Cal y Canto (1929) a influencia de Luis de Góngora faise evidente, pero foi en Sobre los ángeles (1929) onde acada a madurez poética, o libro é froito dunha grave crise persoal, nel desaparece o clasicismo anterior e caracterízase pola densidade das imaxes, a violencia do verso e a creación dun mundo onírico e infernal.

A Alberti en El Puerto de Santa María.

A partir de Con los zapatos puestos tengo que morir (1930) Alberti integra na súa poesía as preocupacións político-sociais, e tras a proclamación da Segunda República Española, Albertí achégase ás posicións marxistas e ingresa no Partido Comunista de España, entre as obras deste período destacan Consignas (1933), Un fantasma recorre Europa (1933), 13 bandas y 48 estrellas (1936) e El poeta en la calle (1938). En 1934 crea a revista revolucionaria Octubre.

Guerra e exilio[editar | editar a fonte]

Como consecuencia da guerra civil española exiliouse na Arxentina en 1939, onde continuou escribindo e pintando, a súa obra amosa a saudade de España, en especial en Entre el clavel y la espada (1941). La arboleda perdida, unha autobiografía publícaa en 1942. En 1962 deixa a Arxentina para se asentar en París e Roma, antes de regresar a España en 1977, onde foi elixido deputado no Congreso dos Deputados nas listas do PCE.

Alberti publicou tamén obras de teatro como El hombre deshabitado (1930), Fermín Galán (1931), De un momento a otro (1938-39), El trébol florido (1940), El adefesio (1944) ou Noche de guerra en el Museo del Prado (1956)

Obra poética[editar | editar a fonte]

  • Marinero en tierra, M., Biblioteca Nueva, 1925 (Premio Nacional de Literatura).
  • La amante, Málaga, Litoral, 1926.
  • El alba de alhelí, Santander, 1927 (.
  • Cal y canto, M., Revista de Occidente, 1929.
  • Sobre los ángeles, M., CIAP, 1929.
  • Consignas, M., 1933.
  • Un fantasma recorre Europa, M., 1933.
  • Poesía (1924-1930), M., Ediciones del Arbol (Cruz y Raya), 1935.
  • Versos de agitación, México, Edit. Defensa Roja, 1935.
  • Verte y no verte. A Ignacio Sánchez Mejías, México, N. Lira, 1935.
  • 13 bandas y 48 estrellas. Poemas del mar Caribe, M., Manuel Altolaguirre, 1936.
  • Nuestra diaria palabra, M., Héroe, 1936.
  • De un momento a otro (Poesía e historia), M., Europa-América, 1937.
  • El burro explosivo, M., Edic. 5º Regimiento, 1938.
  • Poesías (1924-1937), M., Signo, 1938.
  • Poesías (1924-1938), Bs. As., Losada, 1940.
  • Entre el clavel y la espada (1939-1940), Bs. As., Losada, 1941.
  • Pleamar (1942-1944), Bs. As., Losada, 1944.
  • Poesía (1924-1944), Bs. As., Losada, 1946.
  • A la pintura. Poema del color y la línea (1945-1948), Bs. As., Losada, 1948.
  • Coplas de Juan Panadero. (Libro I), Montevideo, Pueblos Unidos, 1949 (2ª edición ampliada).
  • Buenos Aires en tinta china, Bs. As., Losada, 1952.
  • Retornos de lo vivo lejano, Bs. As., 1952.
  • A la pintura (1945-1952) 2ª edic. aumentada, Bs. As., Losada, 1953.
  • Ora marítima seguido de Baladas y canciones del Paraná (1953), Bs. As., Losada, 1953.
  • Balada y canciones del Paraná, Bs. As., Losada, 1954.
  • Sonríe China, Bs. As., Jacobo Muchnik, 1958 (en colaboración con María Teresa León).
  • Poemas escénicos, Bs. As., Losada, 1962 (2ª edic. ampliada e bilingüe español/italiano).
  • Abierto a todas horas, M., Afrodisio Aguado, 1964.
  • El poeta en la calle, París, Librairie du Globe, 1966.
  • Il mattatore, Roma, Eutro edit, 1966.
  • A la pintura. Poema del color y la línea (1945-1967) 3ª edic. aumentada, M., Aguilar, 1968 (Prólogo de Vicente Aleixandre).
  • Roma, peligro para caminantes, México, Joaquín Mortiz, 1968 (2ª edición aumentada- Málaga- Litoral- 1974).
  • Los 8 nombres de Picasso y no digo más que lo que no digo, B., Kairós, 1970.
  • Canciones del Alto Valle del Aniene, Bs. As., Losada, 1972.
  • Disprezzo e meraviglia (Desprecio y maravilla), Roma, Riuniti, 1972 (Bilingüe italiano-español. Antología con poemas inéditos).
  • Maravillas con variaciones acrósticas en el jardín de Miró, B., Polígrafa, 1975.
  • Coplas de Juan Panadero (1949-1977), M., Mayoría, 1977.
  • Cuaderno de Rute (1925), Málaga, Litoral, 1977.
  • Los 5 destacagados, Sevilla, Calle del Aire, 1978.
  • Fustigada luz, B., Seix Barral, 1980.
  • Versos sueltos de cada día, B., Seix Barral, 1982.
  • Golfo de Sombras, M., Villamonte, 1986.
  • Los hijos del drago y otros poemas, Granada, Deputación, 1986.
  • Accidente. Poemas del Hospital, Málaga, Librería Anticuaria El Guadalhorce, 1987.
  • Cuatro canciones, Málaga, Librería Anticuaria El Guadalhorce, 1987.
  • Canciones para Altair, M., Hiperión, 1989.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]