Juan Domingo Perón
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
![]() |
|
| Período(s) de goberno: | 4 de xuño de 1946 - 21 de setembro de 1955 (1o. mandato) 12 de outubro de 1973 - 1 de xullo de 1974 |
|---|---|
| Predecesores: | Edelmiro Julián Farrel (1o. mandato, de facto) Raúl Alberto Lastiri (2o. mandato) |
| Sucesores: | Eduardo Lonardi (1o. mandato, de facto) María Estela Martínez de Perón (2o. mandato) |
| Nado en: | 8 de outubro de 1895 |
| Lugar: | Lobos, provincia de Buenos Aires |
| Faleceu en: | 1 de xullo de 1974 |
| Lugar: | Buenos Aires |
| Profesión: | militar |
| Partido Politico | Partido Xusticialista |
Juan Domingo Perón, nado en Lobos o 8 de outubro de 1895 e finado en Bos Aires o 1 de xullo de 1974, foi un militar e político arxentino. Foi presidente do seu país en dúas ocasións, de 1946 a 1955 e de 1973 a 1974.
[editar] Traxectoria
Perón casou con Aurelia Tizón, falecida de cancro en 1938, e en segundas nupcias con Eva Perón, mais coñecida como Evita que tamén faleceu de cáncer de útero. Nos anos 60, casou unha terceira vez, agora con María Estela Martínez, mais coñecida como Isabel Perón, a súa sucesora na presidencia da Arxentina en 1974.
O seu goberno populista era apoiado pola igrexa, polo Exército e polo Movemento sindical, e baseabase nun forte nacionalismo, centralizado no poder do Estado.
Perón aínda contaba co carisma da primeira-dama, Evita Perón, a través de campañas sociais, o que daba ao Estado un caráter paternalista. A pesar diso, o goberno mostrábase con autoritarismo, castigando de forma severa a quen fixese críticas ao goberno.
| Predecesor:: Edelmiro Julián Farrel |
Presidente de Arxentina (primeira vez): 1946-1955 |
Sucesor: Eduardo Lonardi |
| Predecesor:: Raúl Alberto Lastiri |
Presidente de Arxentina (segunda vez): 1973-1974 |
Sucesor: María Estela Martínez de Perón |
