Cartografía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre un mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxeccións para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo.
Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos se ocupa, tamén debe representarse outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere o que é relevante e o que non. Isto, normalmente, depende do que se queira representar no mapa e da escala.
O método da cartografía baséase na fotogrametría: as fotos aéreas (antes realizadas polos servizos militares e agora transferidos aos centros correspondentes da Xunta) son combinadas, axuntadas, interpretadas e convencionalizadas antes de obter un resultado final.
Para unha correcta interpretación da cartografía (feita a escala rexional ou nacional-estatal), debe recorrerse aos fundamentos da xeografía matemática. O tipo de proxección xeodésica utilizada debe considerarse no reprantexamento cartográfico.
Índice |
[editar] Historia
A cartografía ven xa do imperio exipcio e do coñecemento dos gregos, cando Ptolomeo realizou unhas primeiras medidas aproximadas da curvatura terrestre dependendo da lonxitude da sombra de dous esteos situados en ambos os dous lados do Mar Mediterráneo.
Moito máis tarde buscouse unha referencia xeográfica universal: froito disto foron os meridianos de Barcelona, de París e o definitivamente aceptado de Greenwich. A importancia da cartografía foi tal que influíu nos fundamentos do sistema internacional de pesos e medidas, de xeito que a primeira definición do metro foi "a dezmillonésima parte do meridiano que pasa por París".
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Méndez Martínez, Gonzalo (1994), Cartografía antigua de Galicia, Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-88363-17-6. (en castelán)
- Río Barja, Francisco Xavier (1990), Cartografía xurisdiccional de Galicia no século XVIII, Santiago de Compostela. Consello da cultura galega. ISBN 84-87172-55-5.
- Varios (2000), Cartografía de Galicia (ss. XVI ó XIX). Colección Puertas-Mosquera, Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-812-X.
- Varios (2001), Mapa de parroquias de Galicia. Cartografía territorial básica de Galicia, Santiago de Compostela. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2959-6.
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Acceso ó SITGA da Xunta de Galicia (Sistema de Información Territorial de Galicia), en concreto á cartografía 1:5000 de Galicia (en PDF) e cartografía básica e temática de Galicia
- Sixpac Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Galicia)
- Cartografía e fotogrametría da España peninsular e Illas Baleares para o Ministerio de Agricultura
- Infraestrutura de Datos Espaciais de España
- Website con información educativa

