Miguel Delibes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Delibes
Datos persoais
Nacemento 17 de outubro de 1920
Lugar Valladolid España España
Falecemento 12 de marzo de 2010 (89 anos)
Lugar Valladolid España España
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Español
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa, ensaio, ficción, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Firma de Miguel Delibes.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}

Miguel Delibes Setién, nado en Valladolid o 17 de outubro de 1920 e finado en Valladolid o 12 de marzo de 2010,[1] foi un escritor de novelas, xornalista español e membro da Real Academia Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace en Valladolid en 1920. Estudou Dereito e Comercio, foi catedrático de Dereito Mercantil e xornalista. Dirixiu o xornal El Norte de Castilla desde 1958 ata 1963. A súa primeira incursión na novela foi A sombra do ciprés é alargada (La sombra del ciprés es alargada) (1947), que obtivo o premio Nadal.

En O Camiño (El camino) (1950) narra o proceso que sofre un neno no descubrimento da vida e da experiencia ante a ameaza de deixar o campo e marchar á cidade.

En 1953 publicou O meu idolatrado fillo Sisí (Mi idolatrado hijo Sisí), novela de tese na que aborda a vida da burguesía provinciana nunha cidade que se parece á súa Valladolid natal, así como a novela curta O Tolo (El loco).

Outras novelas son A folla vermella (La hoja roja) (1959), obra de contido existencialista onde un fotógrafo rememora a súa vida ao bordo da xubilación; As ratas (Las ratas) (1962), construída a partir dunha sucesión de anécdotas autobiográficas nas que se evoca o ambiente rural dun poboo castelán desaparecido e, sobre todo, Cinco horas con Mario (1966), considerada a súa obra mestra, longo monólogo de Carmen, unha burguesa de dereitas e mentalidade moi estreita, ante o cadáver de Mario, profesor de instituto e de ideoloxía esquerdista. Fóra dos seus contidos existenciais, a novela é unha furiosa sátira da mediocridade das clases medias xurdidas ao amparo do desenvolvemento económico da posguerra española baixo o goberno franquista.

Por outra banda, existe un grupo de novelas que trata na súa obra sobre unha das grandes afeccións do autor, a caza, unidas polo personaxe dun bedel de instituto afeccionado ao deporte cinexético, personaxe que despois se transforma nun emigrante en terras de Chile e nun xubilado. Estas novelas forman unha triloxía composta por Diario de un cazador (1955), co que obtivo o Premio Nacional de Literatura, Diario de un emigrante (1958) e Diario de un jubilado (1996), e están escritas na castiza e precisa linguaxe habitual do autor.

En 1969 publica unha novela que se aparta da súa temática habitual: Parábola do náufrago (Parábola del náufrago) inspirada nos feitos da primavera de Praga.

En 1973 foi elixido para formar parte da Real Academia Española da Lingua e ocupar o sillón e minúsculo. En novembro de 1974 morreu a súa esposa Ángeles, deixando ó escritor sumido nunha depresión durante case tres anos, aínda que pouco despois se publicou, en 1975, a súa obra teatral xa terminada As guerras dos nosos antepasados (Las guerras de nuestros antepasados). Nestas circunstancias tomou posesión como académico o 25 de maio de 1975 e o seu discurso de ingreso versou sobre O sentido do progreso desde a miña obra. A súa seguinte publicación foi a novela O disputado voto do señor Cayo (El disputado voto del señor Cayo), (1978) e pouco despois publicouse o seu discurso de entrada na Real Academia Española baixo o título Un mundo que agoniza (1979).

Seguiu publicando Os santos inocentes (Los santos inocentes) (1982), onde noveliza a degradación dunha familia rural explotada por uns burgueses que encarnan a España vencedora e sen principios da posguerra civil. Foi levada ao cine por Mario Camus con grande éxito. Entre as súas últimas producións atópanse Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1983), 377A, Madeira de heroe (377A, Madera de héroe) (1987), Señora de vermello sobre fondo gris (Señora de rojo sobre fondo gris) (1991), onde está clara a evocación da figura da súa esposa e máis recentemente O herexe (El hereje) (1998), unha novela histórica sobre a persecución aos luteranos por parte da Inquisición española en Valladolid durante o século XVI, que constitúe un alegato en favor da liberdade relixiosa e o seu autor dedícaa a a súa cidade, Valladolid. Con esta obra volvería obter o Premio Nacional de Literatura en 1999.

Por outra banda, Miguel Delibes é autor de magníficos relatos breves como os incluídos en Sestas con vento sur (Siestas con viento sur) (1957), que obtivo o Premio Fastenrath ou en Vellas historias de Castilla a Vella (Viejas historias de Castilla la Vieja).

No ano 2000, a Xunta de Castilla e León propuxo a candidatura de Miguel Delibes ao Premio Nobel de Literatura, que obtivo apoio de numerosas entidades culturais e intelectuais españolas e internacionais.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La sombra del ciprés es alargada (1947)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1953)
  • Diario de un cazador (1955)
  • Un novelista descubre América (Chile en el ojo ajeno) (1956)
  • Diario de un emigrante (1958)
  • Las ratas (1962)
  • Europa : parada y fonda (1963)
  • Viejas historias de Castilla la Vieja (1964)
  • Usa y yo (1966)
  • El libro de la caza menor (1966)
  • Aún es de día (1968)
  • La hoja roja (1968)
  • Por esos mundos (1970)
  • Mi mundo y el mundo (1970)
  • La primavera de Praga (1970)
  • Cinco horas con Mario (1971)
  • Castilla en mi obra (1972)
  • Vivir al día (1975)
  • Con la escopeta al hombro (1975)
  • Un año de mi vida (1975)
  • La caza de la perdiz roja (1975)
  • S.O.S (1976)
  • La sombra del ciprés es alargada (1977)
  • El camino (1977)
  • Mi idolatrado hijo Sisí (1977)
  • Alegrias de la Caza (1977)
  • El príncipe destronado (1978)
  • Parábola del náufrago (1978)
  • Las guerras de nuestros antepasados (1978)
  • Aventuras, venturas y desventuras de un cazador a rabo (1978)
  • Un mundo que agoniza (1979)
  • Las perdices del domingo (1981)
  • Los santos inocentes (1982)
  • El otro fútbol (1982)
  • Dos viajes en automóvil (1982)
  • La partida (1984)
  • La censura en los años cuarenta (1984)
  • Kastila zaharreko kontu zaharrak (1985)
  • Tres pájaros de cuenta (1987)
  • La mortaja (1987)
  • Mis amigas las truchas (1987)
  • Madera de héroe (1988)
  • Mi querida bicicleta (1988)
  • Dos días de caza (1988)
  • Castilla, lo castellano y los castellanos (1988)
  • Mi vida al aire libre (1990)
  • Pegar la hebra (1991)
  • El conejo (1991)
  • La vida sobre ruedas (1992)
  • El último coto (1992)
  • El tesoro (1992)
  • Siestas con viento sur (1993)
  • Señora de rojo sobre fondo gris (1993)
  • El disputado voto del señor Cayo (1993)
  • Un deporte de caballeros (1993)
  • La caza en España (1993)
  • 25 años de escopeta y pluma (1995)
  • Los niños (1995)
  • Diario de un jubilado (1996)
  • He dicho (1997)
  • Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso (1997)
  • El hereje (1998)
  • Los estragos del tiempo (1999)
  • Castilla habla (2000)
  • Castilla como problema (2001)
  • El loco (2001)

Notas[editar | editar a fonte]