Xosemaría Escrivá de Balaguer
| San Xosemaría Escrivá | |
|---|---|
| Nado | 9 de xaneiro de 1902 en Barbastro, Navarra, |
| Finado | 26 de xuño de 1975 en Roma, |
| Venerado en | Igrexa Católica |
| Beatificación | 17 de maio de 1992, en |
| Canonización | 6 de outubro de 2002, en |
| Santuario principal | Nosa Señora da Paz, Igrexa Prelaticia do Opus Dei, Roma |
| Festividade | 26 de xuño |
Xosemaría Escrivá de Balaguer y Albás[1] de nome secular José María Julián Mariano Escrivá de Balaguer y Albás[2], nado en Barbastro o 9 de xaneiro de 1902 e finado en Roma o 26 de xuño de 1975, foi o fundador do Opus Dei.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros anos [editar]
Xosemaría Escrivá de Balaguer naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente cristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.
En 1915 quebrou o negocio do pai, comerciante de texidos, e a familia houbo de trasladarse a Logroño, onde o pai comezou outro traballo. Nesa cidade, Xosemaría, despois de ver unhas pegadas na neve dos pes descalzos dun religioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario de Zaragoza.
Seguindo o consello de seu pai, na Universidade de Zaragoza estuda tamén a carreira civil de Dereito como alumno libre. D. José Escrivá finou en 1924 e Xosemaría queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o 28 de marzo de 1925 e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo en Zaragoza.[3]
En 1927 trasládase a Madrid con permiso do seu bispo para obter o doctorado en Dereito. En Madrid, o 2 de outubro de 1928 funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa con todas as súas forzas no desenrolo da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.
Guerra Civil [editar]
Cando estoupa a Guerra Civil Española, en 1936, Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución religiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que da saído de Madrid. Despois dunha travesía polos Pirineos ata o sur de Francia, trasládase a Burgos.
Cando remata a Guerra Civil, en 1939, volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe numerosos exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.
Despois da Guerra [editar]
En 1946 fixa a súa residencia en Roma. Obtén o doutoramento en Teoloxía pola Universidade Lateranense. É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticás, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue con atención os preparativos e as sesións do Concilio Vaticano II (1962-1965), e mantén un trato intenso con moitos dos pais conciliares.
Dende Roma viaxa en numerosas ocasións a distintos lugares de Europa para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai longas viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos numerosos de homes e mulleres.
Falece en Roma o 26 de xuño de 1975. Varios milleiros de persoas, entre elas numerosos bispos de distintos países -en conxunto, un tercio do episcopado mundial-, solicitan á Santa Sé a apertura da súa causa de canonización.
O 17 de maio de 1992, Xoán Paulo II beatifica a Xosemaría Escrivá de Balaguer. Proclámao santo dez anos despois, o 6 de octubro de 2002, na praza de San Pedro, en Roma.
No cine [editar]
No ano 2011 estreouse There be Dragons (en galego, Atoparás dragóns), película protagonizada por Charlie Cox, Wes Bentley, Dougray Scott e Olga Kurylenko, na que Charlie Cox dá vida a Xosemaría. A raíz do horror da Guerra Civil Española, un candidato para a canonización é investigado por un xornalista que atopa que o seu propio pai tiña unha conexión profunda, escura e devastadora.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Non houbo |
Secretario Xeral 1928-1975 |
Sucesor: Álvaro del Portillo |