Niue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niuē Fekai
Niue
Niue
Bandeira de Niue Escudo de Niue
Bandeira Escudo
Himno nacional: Ko e Iki he Lagi
 
Niue on the globe (Polynesia centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Alofi
750
Cidade máis poboada Alofi
Linguas oficiais
Niuano e inglés
Forma de goberno Estado Libre Asociado
Isabel II
Anton Ojala
Young Vivian
Independencia
 • Data
Libre asociación con Nova Zelandia
19 de outubro de 1974
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 214º
262 km²
0 %
0 km km
64 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 121º
4.076 (2006)
17 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar neozelandés (NZD)
Xentilicio Niuano, -a
Fuso horario UTC -11
Dominio de Internet .nu
Prefixo telefónico +683
Prefixo radiofónico no tiene
Código ISO 570 / NIU / NU
Membro de: Commonwealth
Tódolos países do mundo

Niue é un estado libre asociado a Nova Zelandia (Oceanía). Está composto pola illa homónima e polo Recife Antiope. Atópase a 930 km² das Illas Cook meridionais (do sur). Na veciñanza de Niue está Tonga ao oeste, a Samoa Americana ao norte, e as Illas Cook ao leste e sur. A súa capital é Alofi.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Niue.

A presenza europea en Niue comezou en 1774 coa visita do capitán James Cook que o chamou "Illa Salvaxe".

O próximo grande arribo foi feito pola Sociedade Misioneira de Londres en 1846. Brevemente como un protectorado, o mandato do Reino Unido foi traspasado en 1901 cando Nova Zelandia anexionou a illa. A independencia como autogoberno foi permitido polo parlamento neozelandés na constitución de 1974.

En xaneiro de 2004, Niue foi azoutado pola tormenta tropical Heta que matou a dúas persoas e causou un dano total á illa.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Niue.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Niue.
Vilas de Niue.

Niue divídese administrativamente en 14 vilas (ou municipalidades) agrupadas en dúas rexións tribais históricas:[1] Motu e Tafiti. A capital, Alofi, divídese en dúas vilas: Alofi Norte e Alofi Sur. Cada vila posúe un consello municipal que escolle o seu presidente. Cada vila está representada por un deputado na Asemblea de Niue.

No. Vila Poboación
(2001)
Área[2]
km²
Densidade de poboación
(hab/km²)
Motu (área tribal histórica no norte)
1 Makefu 87 17,13 5,1
2 Tuapa 129 12,54 10,3
3 Namukulu 14 1,48 9,5
4 Hikutavake 65 10,17 6,4
5 Toi 31 4,77 6,5
6 Mutalau 133 26,31 5,1
7 Lakepa 88 21,58 4,1
8 Liku 73 41,64 1,8
Tafiti (área tribal histórica no sur)
9 Hakupu 227 48,04 4,7
10 Vaiea 62 5,40 11,5
11 Avatele 150 13,99 8,9
12 Tamakautoga 140 11,93 11,7
13 Alofi Sur 358 46,48 13,2
14 Alofi Norte 256
Niue 1.788 261,46 6,8

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Niue.

Niue é unha illa de 262 km² situada no sur do Océano Pacífico, ao leste de Tonga. As súas coordenadas son 19° 03' 48" S 169° 52' 11" O. Niue é unha das illas coralinas máis grandes do mundo. O terreo de Niue consiste nuns cantiis escarpados de pedra calcaria ao longo da costa cunha meseta central que se eleva a preto de 60 m sobre o nivel do mar. Un arrecife de coral rodea a illa, coa única rotura principal no arrecife da costa occidental, preto da capital, Alofi. O clima é tropical, con moita precipitación entre novembro e abril.

A pesar de ser un piso coralino, existe unha elevación de 223 m ó N da illa. Non hai ríos.¨Clima tropical.

Mapa da illa de Niue

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Niue.

A economía de Niue é pesadamente dependente da axuda de Nova Zelandia. Os gastos do goberno con regularidade exceden aos ingresos, e o déficit é arranxado por subvencións de Nova Zelandia que son usadas para pagar salarios a empregados públicos. Niue cortou gastos do goberno reducindo o servizo público por case a metade.

O sector agrícola consiste principalmente na horticultura de subsistencia, aínda que algúns cultivos vendidos e non utilizados como forraxe sexan cultivados para a exportación. A industria consiste principalmente en pequenas fábricas para tratar a froita de paixón, o petróleo, mel, e crema de coco. A venda de selos a coleccionistas estranxeiros é unha fonte importante de ingresos.

A illa en anos recentes sufriu unha perda seria da poboación debido á emigración de Niuanos a Nova Zelandia. Os esforzos para aumentar PBI inclúen a promoción de turismo e unha industria de servizos financeira.

PNB (PPA) Posto Nº 231
Total (2000) $ 7.600.000
PNB per cápita $ 3.600

Exportacións: Mel, coco, froitas variadas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Niue.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Niue.

Relixión: protestantes 67,6%, católicos 10%, protestantes marxinais 2%, anglicanos 2%, bahaístas 0,4%, outros 19%.


Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau